As festas de San Bartolo, en Xove, terán lugar do 26 ao 30 de agosto. Juan Antonio Fernández é o gañador do Concurso de Carteis, convocado polo Concello.

As festas de San Bartolo, en Xove, terán lugar do 26 ao 30 de agosto. Juan Antonio Fernández é o gañador do Concurso de Carteis, convocado polo Concello.
 
O Concello de Xove convocou (na Xunta de Goberno celebrada o pasado 3 de xuño) por vez primeira, coa finalidade de apoiar e promocionar as Festas Patronais, un Concurso de confección dun cartel para as festas patronais de Xove, que servira tamén como imaxe e referencia deste importante evento festivo.
Reunido o Xurado, decidiu proclamar vencedor do Concurso ao xovense Juan Antonio Fernández Vázquez, quen se fixo merecedor do premio de 100 euros, vendo tamén publicado o seu traballo en forma de cartel promocionador das Festas.
Coincidindo coa presentación das Festas Patronais deste ano, o Concello, como organizador do Concurso, decidiu realizar a presentación pública do citado cartel, nun acto no que participou o alcalde, Demetrio Salgueiro, acompañado da concelleira de Cultura, Dolores Meitín, e membros da Comisión de Festas do San Bartolo, así como do vencedor do Concurso.