Ata o 29 de abril permañece aberta a campaña do día da nai de Acisa Ribadeo, a "Fashion nai", no facebook. A asociación repartirá 500 flores polas rúas da vila o 1 de maio.

Ata o 29 de abril permañece aberta a campaña do día da nai de Acisa Ribadeo, a "Fashion nai", no facebook. A asociación repartirá 500 flores polas rúas da vila o 1 de maio.
 
Ata o vindeiro 29 de abril está aberta a campaña do día da nai de Acisa denominada Fashion nai. Desde a directiva lembran que “as mamás que o desexen poden facerse un selfie nas tendas asociadas e a súa compra pode saírlles gratis. Para coñecer máis polo miúdo a campaña, que puxemos en marcha hai uns días, o único que teñen que facer é entrar na app Fashion nai no facebook e participar”.
 
Acisa engade que “entre todas as fotos recibidas a que reúna máis votos, máis me gustas en facebook, poderá conseguir gratis a súa compra ou unha por igual valor. A compra pode ser dende roupa ou calzado, ata un libro, un electrodoméstico, unha xoia… A campaña desenvólvese en todos os establecementos asociados. A cantidade que abonaremos, como máximo, será de 300 euros”. 
 
Ademais o vindeiro 1 de maio, día da nai, Acisa repartirá 500 flores polas rúas de Ribadeo, “entregaremos flores a aquelas nais que se atopen  con nós pola rúa, tal e como xa fixemos noutras ocasións”.