Tiendas

Etiquetas:
14/07/2020

ACISA presentou hoxe o seu novo selo Ribadeo Seguro, un certificado gratuíto que concederá aos negocios e locais asociados que cumpran coas normas de seguridade e hixiene fronte ao Covid-19, co fin de mostrar ante a veciñanza e os turistas que Ribadeo é un lugar seguro para mercar e consumir. 

Dende a patronal aseguran que esta é unha forma sinxela e práctica de axudar a reactivar canto antes a economía local, dando as máximas garantías e reforzando a confianza da cidadanía. 

O presidente de ACISA Ribadeo, Francisco Iriarte, indicou que “esta iniciativa xurde da necesidade de dicirlles aos nosos clientes, sexan veciños ou visitantes, que Ribadeo é un lugar seguro para mercar e consumir, que poden confiar en nos e nos nosos negocios, que Ribadeo é un lugar onde se cumpren todas as normas e onde podemos facer unha...

leer más
Etiquetas:
09/07/2020

A gañadora do concurso Polos nosos negocios, convocado por Acisa, recolleu hoxe o seu premio. Carla García López, de 9 anos e natural de Ribadeo, levou 300 euros en vales de compra para gastar nos locais asociados. Fíxolle a entrega do seu agasallo o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Francisco Iriarte Quintana. 

Acisa convocou o concurso Polos nosos negocios en pleno estado de alarma pola pandemia do Covid-19 co obxectivo de amosar o apoio dos ribadenses ao comercio e á hostalería locais. 

Desde a directiva de Acisa lembraron que “do que se trataba era de deseñar un cartel e un slogan que animasen á xente a facer as súas compras no comercio da vila e a consumir na hostalería local, despois de varios meses de peche obrigado ocasionado pola chegada da pandemia do...

leer más
Etiquetas:
09/07/2020

Acia Foz inicia unha campaña de promoción das compras no comercio local a través da súa plataforma de venta online. Entre as persoas que empreguen este modelo ata o vindeiro 31 de agosto o CCA sorteará un Ipad de 7ª xeración. 

A Asociación de Comerciantes focense convida a participar mercando en www.compraenFoz.com ata o vindeiro 31 de agosto. Ademais de visitar a web, Acia Foz anima a seguir as súas redes sociais e a compartir as publicacións para ter máis posibilidades de gañar este premio. Entre os participantes sortearase un iPad 10.2” 128GB de 7ª xeración.

Os 25 establecementos que se poden atopar na plataforma de venta online de Acia Foz son Saint Tropez, Cenor Belianorte, Xoiería Iria Rodríguez, Sensación Surf, Kukadas, Doz Zapato Moda, Zapatería Carmen León,...

leer más
Etiquetas:
08/07/2020

Dende a Asociación de Comerciantes de Burela subliñan que “o comercio de Burela está traballando con normalidade e estremando as medidas de seguridade para darlle ós nosos clientes o servizo de sempre, coidando da saúde de todos os veciños/as da nosa vila”. 

E engaden que “os negocios de hostalaría que pecharon neste días o fixeron como medida de prevención e seguridade, para traballadores e clientes. Pero moitos locais hostaleiros están traballando con normalidade, e cumprindo coa normativa vixente”. 

Dende o CCA burelés din: “mandamos esta aclaración porque hai circulando noticias sobre o peche do comercio de Burela e dándolle pávulo a declaracións de xente que non está vinculada co sector empresarial. Son tempos complicados para todos, pero con comunicación, responsabilidade e sentidiño, poderemos seguir...

leer más
Etiquetas:
25/06/2020

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) de Ribadeo pide responsabilidade fronte ao coronavirus aos veciños e veciñas e tamén ás persoas que nos visitan para evitar contaxios que poderían ocasionar un novo confinamento.

O presidente de ACISA Ribadeo, Francisco Iriarte, considera que “é imprescindible que todos os veciños e veciñas do municipio así como as persoas que nos visitan actúen con moita responsabilidade fronte ao Covid-19 para evitar contaxios que poderían ocasionar un novo confinamento, o que causaría importantes danos”.

Francisco Iriarte engade: “facemos un chamamento á responsabilidade de todos e solicitamos a colaboración dos responsables dos diferentes establecementos, tanto comerciais coma hostaleiros, para que eviten aglomeracións de xente. E aos clientes pedímoslles...

leer más
Etiquetas:
21/06/2020

El Hotel Thalasso Cantábrico, el Restaurante Panorámico y el centro Wellness Thalasso entran de lleno en la “Nueva Normalidad” ofreciendo todos sus servicios a pleno funcionamiento.

Desde este fin de semana la llamada “Nueva Normalidad” entra de lleno en el Resort Las Sirenas de Viveiro (Lugo), que abre sus puertas al verano ofreciendo de nuevo todos sus servicios en pleno funcionamiento.

Todos los servicios del complejo turístico vivariense están ya disponibles para sus clientes bajo cita previa y siempre cumpliendo estrictamente las normas de prevención e higiene marcadas por las autoridades sanitarias.

En el Hotel Thalasso Cantábrico de cuatro estrellas ya se encuentran plenamente operativos todos sus departamentos, como el propio hotel, la cafetería y el Restaurante Panorámico que...

leer más
Etiquetas:
18/06/2020

Vintecinco tendas forman parte inicialmente da plataforma web de venta online do CCA de Foz, que foi presentada esta tarde na Casa da Cultura. 

As persoas interesadas en facer as súas compras a través deste formato poden visitar este centro comercial virtual en www.compraenfoz.com, onde atoparán os escaparates individuais dos negocios participantes con fotos dos produtos, con textos, etc. As tendas dispoñen de carriño da compra e realización de pedido online, entre outras posibilidades. As condicións de venta serán definidas por cada tenda: os prazos de entrega; os custes de envío; as devolucións; as formas de pago a través de Paypal,  tpv virtual, transferencia, contra reembolso…; o seguimento online dos pedidos, etc. 

Os negocios adheridos á plataforma web de venta online...

leer más
Etiquetas:
16/06/2020

A Casa da Cultura, de Foz, acollerá o vindeiro xoves, 18 de xuño, ás 20:30 horas a presentación da plataforma web de venta online do Centro Comercial Aberto. 

Trátase dunha iniciativa na que a asociación leva traballando varias semanas. A aplicación web contará cunha presentación do Centro Comercial Aberto focense e con diferentes seccións. Haberá un escaparate individual para cada negocio participante con xestor de contidos para o mantemento e actualización de produtos, fotografías, textos, etc… Na tenda online os artigos estarán clasificados en diferentes niveis, contará con buscador por nomes ou categorías, disporá de carriño da compra e realización de pedido online, entre outras posibilidades. As condicións de venta terán que ser definidas por cada tenda: os prazos de entrega; os custes de envío; as devolucións; as formas de pago a...

leer más
Etiquetas:
15/06/2020

Acisa Ribadeo pon dende hoxe en marcha unha nova campaña de promoción de Ribadeo, como o mellor destino de compras e de ocio.  Ademais a asociación estrea unha nova imaxe corporativa.

Pensando en ti é o lema da nova campaña de promoción que Acisa Ribadeo inicia nesta xornada de luns para potenciar a imaxe de Ribadeo coma un destino excepcional de vacacións, ocio e compras.  

O presidente da patronal ribadense, Francisco Iriarte, indicou que “co comezo da nova normalidade en Galicia e coa previsible apertura da fronteira con Asturias o luns que ven, pensamos que xa era o momento de reactivar a nosa labor potenciando a imaxe de Ribadeo, para recordarlle os nosos veciños e veciñas que seguimos estando aquí, pensando neles e esperándoos, cos mellores produtos e servizos, o mellor prezo e cumprindo con todas as medidas...

leer más
Etiquetas:
03/06/2020

La Galería Terra Branca, de Ribadeo, continúa apostando por las nuevas tecnologías y sigue trabajando en la modernización de los medios de exposición y venta de sus piezas de arte y complementos. Por ello ha optimizado su web para que sea más fácil su utilización con tablets y móviles.

Su gerente y propietario, José Ramón Leal, recuerda que “nuestra web ya ha cumplido siete años, queríamos modernizarla, hacerla accesible y sobre todo más cómoda para poder realizar compras por internet. Llevamos muchos días trabajando en mejorar nuestra página y esta semana hemos empezado a notar algo más de movimiento en las ventas online. Eso, además de ayudarnos, nos hace mucha ilusión y nos motiva a seguir en esta línea”.

Leal añade que “también es cierto que clientes que nos conocen o han visitado alguna vez nuestro...

leer más