Chao de Castro Altair, de Burela, organiza un acampamento de outono para nenos e nenas de 7 a 13 anos. Será do 7 ao 9 de outubro en Mondoñedo.

Chao de Castro Altair, de Burela, organiza un acampamento de outono para nenos e nenas de 7 a 13 anos. Será do 7 ao 9 de outubro en Mondoñedo.
 
Chao de Castro Altair, de Burela, organiza un acampamento de outono para nenos e nenas de 7 a 13 anos no centro sociocultural de Masma en Mondoñedo, os días 7, 8 e 9 de outubro.
 
Terá lugar unha reunión informativa o domingo 2 de outubro ás 19:00 horas na Casa da Xuventude de Burela e a data límite para inscribirse é o 5 de outubro.
 
As cotas que inclúen transporte ao lugar do acampamento e seguros son 27 euros para soci@s e 45 euros para non soci@s, isto inclúe a cota do mes de outubro para quen queira continuar na asociación.
 
Máis información no número de teléfono 685 32 51 53 ou en chaodecastro.altair.burela@gmail.com.
 
Entre as actividades que se fan neste acampamento hai participación en tarefas cotiás, construcións, cociña saudable, camiñadas, xogos de acampamento, música, danza, actividades en grupo, natureza, creatividade e compañeirismo entre outras.