Do 16 ao 18 de decembro terá lugar o campamento de inverno que organiza Chao de Castro Altair, de Burela. A inscrición está aberta ata o día 14.

Do 16 ao 18 de decembro terá lugar o campamento de inverno que organiza Chao de Castro Altair, de Burela. A inscrición está aberta ata o día 14.
 
Chao de Castro Altair, de Burela, organiza como cada ano por estas datas, un campamento de inverno durante os días 16, 17 e 18 de decembro, dirixido a nenos e nenas 7 a 13 anos. Entre as actividades a desenvolver haberá xogos, música, cociña sendeirismo, lecer ao aire libre e con animais, tamén experiencias na natureza. 
 
Os prezos son 27 euros para os socios 45 euros para os non soci@s, inclúe transporte ou lugar de campamento e seguros, e no caso dos non socios a cota do mes de xaneiro para quen queira continuar na asociación.
 
As inscricións poden facerse no número de teléfono 685 325 153, no mail chaodecastro.altair.burela@gmail.com ou mediante mensaxe á páxina de facebook Chao de Castro - Altair Burela. A data límite é o 14 de decembro, e ese mesmo día haberá unha reunión informativa ás 20:30 horas, na Casa da Xuventude de Burela. Tamén poden contactar os interesados en participar como monitor/a voluntario. Colaboran a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Burela.