Do 18 ao 31 de xullo disputarase o II Torneo de Tenis Concello de Burela Memorial José Luis Yebra.

Do 18 ao 31 de xullo disputarase o II Torneo de Tenis Concello de Burela Memorial José Luis Yebra.
 
O salón de plenos acolleu a presentación do II Torneo de Tenis Concello de Burela Memorial José Luis Yebra, que se disputará do 18 ao 31 de xullo. Está organizado polo Club de Tenis-Pádel A Marosa e conta coa colaboración do Concello. 
 
As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o día 14 nos seguintes teléfonos 630 744 347 ou 687 433 380 ou tamén no correo electrónico clubdetenispadelamarosa@outlook.com
 
O torneo disputarase nas seguintes categorías: individual masculino, individual feminino e dobres masculinos. Os prezos de inscrición para socios e non socios oscilan entre os 3 e os 10 euros. 
 
No acto de presentación participou o concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, que sinalou que “o Concello colabora coas entidades deportivas da vila. Un dos clubs que rexistra máis movemento durante o verán é o Club de Tenis-Pádel A Marosa. É un pracer colaborar con eles e renderlle homenaxe a José Luis Yebra, un amante do tenis e unha das persoas que lle deu un pulo importante a este club de tenis”.