Do 8 ao 11 de decembro terá lugar na praza dos Fornos, na Pontenova, a X Feira de Artesanía e Antigüidades, que reunirá a profesionais nacionais e internacionais.

Do 8 ao 11 de decembro terá lugar na praza dos Fornos, na Pontenova, a X Feira de Artesanía e Antigüidades, que reunirá a profesionais nacionais e internacionais.
 
O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde,e o Tenente de Alcalde da Pontenova, Francisco MartínezBermúdez, presentaron este venres, no Obradoiro do Moble do Centro de Artesanía da Deputación, a X Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova. Tratáse dunha cita punteira en Galicia neste ámbito, que xa acadou unha grande repercusión internacional, pois nela participan profesionais de distintos puntos de Europa. Terá lugar os días 8, 9, 10 e 11 de decembro. Esta organizada polo Concello e conta cunha achega do organismo provincial de 4.000 euros. 
 
Reunirá a máis de 60 artesáns e anticuarios. Terán lugar demostracións de oficios tradicionais en vivo. Como unha das grandes novidades, celebrarase unha novidosa xornada, na que reputados expertos no país amosarán innovadoras técnicas sobre a transformación do moble, coas que se conseguen pezas únicas. Haberá menús con prezos vantaxosos nos establecementos da vila. Celebrarase a primeira ruta da moto antiga. A TIC da Deputación levará o proxecto Banco de Memoria Dixital para que os propios veciños conten o que significou o sector das antigüidades para esta Comarca. O municipio pontenovés garda unha fonda tradición de anticuarios, pois a esta vila acudían anticuarios de toda Europa na procura de pezas rústicas e tradicionais.
 
Campos Conde destacou que “este evento xa se converteu nunha feira de referencia en Galicia e, incluso, no ámbitointernacional,poisacodenprofesionais de distintos puntos de Europa, como Francia ou Portugal.Consegue un gran éxito de convocatoria debido, entre outras cuestións, ás pezas únicas que se expoñen. En pasadas edicións, contou coa participación de máis de 8.000 persoas. Conleva un grande revulsivo económico, non só para A Pontenova, senón para toda a Mariña Oriental”. 
 
MartínezBermúdez remarcou que “esta décima edición esta diversificada en artesáns e anticuarios. Actualmente, é unha das poucas feiras que une estes dous oficios nun mesmo evento”. O Tenente de Alcalde agradeceu a colaboración da Deputación, do Concello de Pol, pois presta a carpa para a feira, así como, e de xeito moi especial, a dos comerciantes e hostaleiros da Pontenova, que se implican, significativamente, na celebración desta cita, ofrecendo menús especiais e participando na elaboración dunha publicación sobre esta feira. 
 
Profesionais e obradoiros en vivo
Na praza dos Fornos situarase unha carpa, que prestou o Concello de Pol, na que se ubicarán todos os profesionais participantes. Son 30 artesáns e 30 anticuarios, chegados de toda a xeografía nacional e internacional como, por exemplo, Francia, Portugal, así como de moitos puntos de España como Huesca, Lérida ou Madrid. Tamén se contará dun bo número de representantes da zona norte da provincia. 
 
Na Casa da Cultura haberá demostracións de oficios tradicionais en vivo en quenda de mañá e de tarde. Para elo, está confirmada a participación de 6 artesáns:
 
- Cecilia Carballo Castrillón fará unha demostración de tear. 
- José Mª Rodil Arruñada de escultura en madeira e de forxa. 
- Aurora Rodilde encaixe de bolillos e pintura en tea. 
- Michelle Pío Dasilva de labores en tea e ganchillo
- JesúsIglesiasde torno
- LuisaMartínez Vázquez de cestería en mimbre.
 
1ª Ruta en moto antiga
Outras das novidades é a celebración da primeira ruta en moto antiga pola vila, que terá lugar o sábado 10 de decembro. Participarán uns 10 pilotos, que manterán expostas as súas motos na praza da vila. 
 
Xornada de Tendencias; repensar, reciclar, renovar
Tamén o sábado 10, dende as 10:30 horas e ata 16:30 horas, a Casa da Cultura será o escenario da primeira “Xornada de Tendencias: repensar, reciclar, renovar”. Trátase dunha cita na que reputados profesionais darán conta de innovadoras técnicas que se poden aplican aos oficios tradicionais, conxugando innovación e tradición, co obxectivo de reinventar e potenciar este sector. Inclúe a presentación de innovadores proxectos. A xornada está aberta a todo público e é de entrada gratuíta. A programación é a seguinte: 
 
11:00 horas. Reci-creando: por un mundo máis sustentable. BlancaArregui presentará o portal de venda online de mobiliario reciclado: ARTILUJOS. 
12:00 horas. Tendencias no mundo da reciclaxe creativa. Estará a cargo de Susana Aparicio, promotora e directora do Salón Internacional de Reciclaxe e Sustentabilidade.   
13:00 horas. Revivindo: unha alma nova para vellos obxectos. Participarán Marcos Ladra,  artesán da talla en madeira e restaurador; Ráquel López, artista plástica e tatuadora en Camaleón Tattoo; e JavierSánchez-Montaña, arquitecto consultor SuppArtAssitant. Amosarán, entre outras moitas cuestións, como levar a arte do tatuaxe ao sector do moble. Exporán unha orixinal peza tatuada en talleres da Pontenova. 
16:00 horas.  Presentación de pósters. Espazo reservado para a presentación de novos talentos e proxectos de emprendedores.  
16:30 horas. Descubrindo o sabor do Antiguo con Chus Cano. É a presentadora do canal Decasa, que fará, ademais, un percorrido polos expositores da feira. 
 
Banco de Memoria Dixital
O venres, 9 de decembro, a TIC da Deputación levará á oficina de Turismo da Pontenva, dende as 16:00 e ata as 20:00 horas, o Banco de Memorias Dixital. Trátase dun proxecto que inclúe vídeos, audios, fotografías antigas e diversos documentos para coñecer a historia da provincia a través dos seus protagonistas: os veciños. 
 
Menús especiais nos restaurantes a 15 euros
Restaurantes da vila súmanse a esta iniciativa, ofrecendo menús especiais a 15 euros. Trátanse dos establecementos San Briz, O Lar de Balbina, A Mina e a PulperíaEsther de Monterroso.
Horario
 
A entrada a X Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova é gratuíta. A apertura será na Praza dos Fornos,o xoves 8 de decembro, ás 16:00 horas. O venres, sábado e o domingo, o horario será de 11:00 a 14:00 horas, e de 16:00 a 21:00 horas, agás o domingo que o peche do evento será ás 20:00 horas.