Está aberto o prazo de inscrición para participar no rastrillo popular que terá lugar o 13 de novembro na praza da Mariña, en Burela.

Está aberto o prazo de inscrición para participar no rastrillo popular que terá lugar o 13 de novembro na praza da Mariña, en Burela.
 
O 13 de novembro, domingo, terá lugar unha nova edición do rastrillo popular, que organiza o Concello burelés. A inscrición para participar está aberta desde hoxe, segundo explicou o concelleiro de Cultura, José Díaz. 
 
O edil socialista contou que “desde hoxe, 2 de novembro, queda aberta a inscrición para participar no novo rastrillo popular na praza da Mariña, como de costume. Se o tempo non acompañase iriámonos á praza de abastos para estar a cuberto”.
 
José Díaz dixo que “isto é parte dese proxecto que temos entre a xente que está a participar sempre nesta cita, como vendedores, nestes rastrillos benéficos e o Concello. Entre todos decidimos darlle continuidade e desde o equipo de goberno apostamos por facer unha edición mensual, que se celebra o segundo domingo de cada mes durante as mañás, de 10 a 15:00 horas”.
 
O concelleiro de Cultura agarda que “se rexistre unha boa participación, tanto da xente que se achegue ao rastrillo como comprador, como observador ou como curioso, e os propios postos… agardo que manteñamos esa media de 15 ou 20 postos cada domingo, que poidamos consolidalo e que sexa unha cita coñecida para todos non só aquí en Burela, senón en todos os concellos limítrofes, que saiban que os segundos domingos de mes teñen este evento en forma de rastrillo benéfico aquí en Burela”.