Alfoz

Etiquetas:
08/04/2019

Ata finais de abril está aberta no Castelo Castrodouro, de Alfoz, a exposición “Hai Mulleres”, do artista mariñán Alfonso Otero Regal. A mostra foi inaugurada onte. 

A exposición está composta por 52 pezas, nas que se mestura poesía, prosa, plástica e escultura. O proxecto conta coa colaboración de 33 autores que realizaron escritos relacionados co nome dunha muller, acompañados por unha peza de Otero Regal, cadro ou escultura, coas que o autor quere homenaxear a todas as mulleres.

Durante o mes de abril o horario de apertura do Castelo do Castrodouro será sábados e domingos de 11 a 14 e de 16 a 19 horas e horario especial de apertura durante a Semana Santa permanecendo aberto martes 16 e mércores 17 de 11 a 14 horas; e xoves 18, venres 19, sábado 20 e domingo 21 de 11 a 14 e de 16 a 19 horas.

06/04/2019

Este mes de abril celebraranse as VI Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz que se levarán a cabo seguindo as seguintes datas, horarios e lugares de celebración:
- Proba Deportiva: Sábado 6 de abril, 17:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
- Proba Cultural: Sábado 13 de abril, 17:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
- Proba Artística: Sábado 20 de abril, 17:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.
- Xogos Populares: Sábado 27 de abril, 17:00 horas no Pavillón Municipal de Alfoz.

Como cada ano existirán novidades respecto a edicións pasadas, que foron debatidas cos capitáns das distintas parroquias nunha reunión que se celebrou no pasado mes de marzo.  

Este sábado comezarase coa proba deportiva que este ano recupera o tiro con arco, os tiros libre se baloncesto e o brilé.   As...

leer más
Etiquetas:
01/04/2019

Durante os días 19, 20 e 21 de abril terá lugar a quinta edición da ruta das tapas de Alfoz.

Participarán cinco establecementos con dúas propostas cada un nesta nova edición da Ruta das Tapas de Alfoz prevista para o terceiro fin de semana de abril.

As propostas para este ano son: “Malo será” e “Primavera” na cafetería Trébol; “Delicias Pereiras” e “Tapa Salvaxe” en Casa Pereiras; “Mexillóns tigre” e “Guiso de pulpo” en Bar Rodolfo; “Mexillón de primavera” e “Brocheta de pulpo a feira” en Bar San Pedro; e “Crocante de langostino con guacamole” e “Escalope con mostaza e mel” en A Naranxa.

Como en anos anteriores, o sábado 20 haberá autobús para facer o percorrido de tapas e cantos de taberna en tódolos bares participantes e como novidade, parada de degustación no Primeiro Ecomercado de...

leer más
Etiquetas:
17/02/2019

O Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA) organiza un ano máis, e xa van sete, o Festi-Val de Cine de Alfoz e O Valadouro. Este ano será os días 9 e 16 de marzo.

O día 9 os actos serán no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz. Alí poderase ver a reposición do filme "A carta", rodado polo Grupo Teatral Raiolas de Alfoz o ano 2006, unha historia dun amor imposible na Galicia de hai 200 anos entre un crego e unha muller, protagonizado pola agora xornalista Ana Lorenzo e por outros membros de Raiolas.

O día 16 os actos serán na Casa da Cultura "Manuel Lourenzo" do Valadouro. Será o II Certame de Curtas de Alfoz e O Valadouro, onde 8 finalistas competirán por tres premios: Premio á Mellor Película (300 euros), Premio ó Mellor Filme do Val (150 euros) e Premio do Público (150 euros). Como Xurado teremos a tres...

leer más
Etiquetas:
16/02/2019

O desfile de Entroido de Alfoz, tradicionalmente organizado pola Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, estará este ano organizado pola Área de Cultura e Turismo do Concello de Alfoz xunto coa comparsa local Os Fandangueiros. Tal e como indica o tenente alcalde Xabier Pardiñas “Non podíamos deixar de celebrar este evento. Tanto nenos coma maiores agardan o luns de Entroido para vir desfilar a Alfoz desde fai preto de trinta anos”. 

O evento iniciarase ás 20:00 horas do luns de Entroido coa apertura de inscricións para todos os participantes. Os desfiles terán lugar ás 21:30 no caso da categoría infantil e ás 23:00 no caso da categoría de adultos e as comparsas e charangas. Durante a velada, que se celebrará no Pavillón Municipal de Alfoz,  actuará a orquestra Chastton. O local estará calefactado e haberá servizo de barra con bocadillos...

leer más
Etiquetas:
22/01/2019

O 9 de febreiro, na Finca Galea de Alfoz, celebrarase unha nova gala benéfica a favor da Asociación Española Contra o Cancro (Aecc) baixo o lema “Alfoz Solidario”. O evento é promovido por un grupo de oito persoas interesadas en colaborar coa xunta provincial da Aecc en Lugo, as cales veñen organizando as galas dos últimos dous anos. O grupo está formado por Conchita Pardiñas, Marisa Rubal, María José Seco, Dora Trobo, Nati Andón, Carmen Geada, Ana Carballo e Xabier Pardiñas.

Desde a organización apuntan que “o cancro é unha enfermidade á que todos estamos expostos, e todos temos un motivo para colaborar, simplemente por solidariedade, por ter algún familiar que sufra ou sufrira esta enfermidade ou por tela sufrido nas nosas propias carnes.

Para colaborar con “Alfoz Solidario” poderase participar na propia gala,...

leer más
Etiquetas:
14/01/2019

O Festi-Val de Cine de Alfoz e O Valadouro chega á súa sétima edición. Celebrarase os días 9 e 16 de marzo de 2019. Na primeira xornada, en Alfoz, proxectaremos a película "A carta", rodada polo Grupo Teatral Raiolas aló polo ano 2006. Na segunda xornada (día 16 de marzo), no Valadouro, celebraremos o II Certame de Curtas (na foto que vos presentamos podemos ver o cartel da película gañadora do ano pasado: "REM", de Xoán Bregua). Neste Certame de Curtas pode participar calquera persoa ou colectivo con temática variada, pero, iso si, como INNOVACIÓN IMPORTANTE respecto á edición pasada, os filmes presentados teñen que presentar algún tipo de vinculación co noso Val (Alfoz e Valadouro): pode ser por temática, por lugar de rodaxe, por participación no filme de xente do Val, etc. Para máis información, aquí tedes as bases do Certame. SORTE A TODOS!!

... leer más
Etiquetas:
02/01/2019

A ANPA do CEIP Castro do Ouro de Alfoz organiza a Cabalgata de Reis que terá lugar o sábad,  5 de xaneiro, e que sairá da Casa da Cultura ás 15:45 horas.

A comitiva real visitará a vivenda comunitaria ás 15:50 horas, e posteriormente parará na igrexa das Oiras, na igrexa do Pereiro, na capela do Santiago e na escola da Pinguela. Ás 16:45 horas visitará o campo de fútbol, e despois deterase en Reirado ás 17:10 horas, en Vilaude ás 17:20 h., na igrexa de Bacoi ás 17:35 horas, no Trece ás 17:45 h., na igrexa de Carballido ás 17:55 h. e na igrexa de Adelán ás 18:10 h. A cabalgata dos Reis Magos de Oriente visitará ademais o Castelo ás 18:25 horas, parará na Seara ás 18:45 h. e ten prevista a chegada ao pavillón ás 18:55 horas. A organización informa que os horarios previstos son aproximados.

No pavillón municipal, a...

leer más
Etiquetas:
19/12/2018

O Concello de Alfoz convoca o II Concurso “A túa decoración de Nadal” que consiste en fotografar decoracións de Nadal propias e compartilas na páxina de FacebookCultura Turismo ALFOZ. Cada participante poderá presentar un máximo de dúas fotografías e o traballo debe  levar título e o nome do autor. 

 O prazo para participar e votar as fotografías será dende o xoves 20 de decembro ata o venres 4 de xaneiro ás 00:00 horas. A medida que cada participante comparta a súa fotografía, a páxina Cultura Turismo ALFOZ irá engadindo ao álbum II Concurso de Nadal: “A túa Decoración de Nadal” todas as fotos e soamente dende aí se poderán votar. Contabilizaranse os “me gustas” recibidos en cada foto do álbum.

 Poderán participar todas as persoas maiores de 18 anos que lle teñan dado a “me gusta” á páxina Cultura Turismo ALFOZ e...

leer más
Etiquetas:
13/12/2018

O Concello de Alfoz finaliza o programa `Rutas de Outono`, que se celebrou nos meses de outubro, novembro e decembro, este domingo 16 coa ‘Ruta dos Castelos’.

A ruta guiada sairá ás 9:30 horas do Castelo do Castrodouro. A dificultade é alta (haberá servizo de bus), ten unha distancia de 8´9 quilómetros e a duración aproximada é de tres horas.

As persoas interesadas poden obter máis información e realizar as reservas no número de teléfono 657 849 200 e na dirección de correo electrónico ofreixodoslobos@gmail.com