Alfoz

Etiquetas:
13/07/2018

O vindeiro domingo, 15 de xullo, as 12 horas no Castelo do Castrodouro, terá lugar un concerto de saxofón a cargo do director artístico e musical Juan Clemente Novo, profesor de saxofón do Conservatorio Profesional de Música Rodolfo Halffter de Móstoles (Madrid) e Profesor de saxofón do Conservatorio Superior de Música de Castilla y León. 

O concerto consistirá en obras de saxofón e piano, cuarteto de saxofóns e sexteto de saxofóns  interpretadas por alumnos de Ensinanzas Profesionais e Ensinanzas Superiores, un profesor de piano acompañante e a colaboración dunha actriz-narradora que acompañará con pequenos relatos pedagóxicos, sobre a orixe, historia e repertorio do saxofón as obras.

Con este concerto preténdese achegar ao público a través da palabra, a imaxe, a emoción e, sobre todo, a música, ás distintas...

leer más
Etiquetas:
12/07/2018

Os días 20 e 21 de xullo celebrarase a XX edición do Mercado Medieval de Alfoz, que terá lugar no Castelo do Castro de Ouro.

O mercado abrirá as súas portas o venres, en horario de 21:00 a 02:00 horas, e o sábado de 9:00 a 02:00 h.

Nestas xornadas haberá, entre outras actividades, ruta de sendeirismo, exposicións no interior da Torre, misa en latín, representacións teatrais, espectáculos de rúa, malabares, contacontos, vodas medievais, exhibición de aves rapaces, xogos medievais ecuestres, tiro con arco e degustación de produtos. Para rematar o programa haberá, nunha zona habilitada preto da torre, unha cea medieval con queimada e música folk.

O mercado ambientarase en 1483, ano no que foi apresado o Mariscal Pardo de Cela nas inmediacións da Torre do Homenaxe do Castelo do Castro, e...

leer más
Etiquetas:
09/07/2018

O 29 de xullo celebrarase en Alfoz a I Baixada de Carrilanas Castelo de Castro de Ouro.

É unha proba puntuable para o Campionato Galego e dará comezo ás 15:00 horas coas verificacións administrativas.

Ás 16:00 terá lugar o inicio da proba desenvolvéndose os adestramentos, a primeira manga cronometrada, a segunda manga cronometrada e exhibición.

Ás 20:00 horas será a entrega de premios. Pode obterse máis información en www.fedei.com. 

Organiza a Asociación Cultural Xuvenil O Castelo coa colaboración do Concello de Alfoz. 

Etiquetas:
03/07/2018

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, e o Alcalde de Alfoz, Jorge Val Díaz, acompañados de ducias de veciños, inauguraron un novo aparcadoiro de autocaravanas, que financiou a Deputación con 36.000 euros en terreos de titularidade municipal. Ten capacidade para 40 vehículos e atópase na parroquia de San Pedro de Mor. Trátase da única instalación desta natureza na Mariña interior lucense.  

Santos Ramos destacou a importancia desta nova área “para o impulso turístico na zona, e para a difusión do patrimonio histórico, paisaxístico e cultural da comarca”.Nestes senso apuntou que “este tipo de proxectos contribúen a incrementar o número de visitantes de Alfoz, promovendo o turismo, e a xeración de riqueza, nun entorno natural e único como é o deste Concello mariñán”. 

Val Díaz agradeceu a...

leer más
02/07/2018

A exposición de acrílicos ‘Xurucido e Marquesado: Os zoqueiros de Valadouro’de Xosé Blanco, poderá visitarse na primeira planta do Castelo do Castrodouro durante todo o mes de xullo.

A mostra, composta por 15 obras, amosa unha recreación e interpretación do proceso e das ferramentas empregadas para a elaboración das zocas polos zoqueiros Eliseo Expósito “Marquesado”, natural de Recaré e o seu compadre e amigo Xosé Blanco Ares “Xurucido”, de San Tomé, avó do autor.

Sobre a obra
O autor, veciño da parroquia de Adelán de Alfoz, é fillo e neto de zoqueiros e explica o sentido da súa exposición nas seguintes liñas: 

En verbas do etnógrafo e escritor ourensán Xaquín Lourenzo “Xocas” o oficio de zoqueiro é un “Oficio moi sinxelo, que non precisa ferramenta, case todos os campesiños foron...

leer más
Etiquetas:
02/06/2018

O Pico da Frouxeira acollerá unha recreación histórica o día 8 deste mes, venres. O acto, que é para todos os públicos con entrada gratuíta, comezará ás 21 horas, pero o público debe estar no lugar con media hora de antelación como mínimo porque o acceso ao escenario da representación pecharase 30 minutos antes do inicio do evento. Titúlase A historia cobra vida na Frouxeira e está organizado polos concellos de Alfoz e Foz.

Ese mesmo día, pero ás 11 e media da mañá, na Frouxeira haberá outra recreación histórica, pero neste caso dirixida aos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria dos colexios de Alfoz e Foz.

Os organizadores explican que se trata dun acto dos concellos de Foz e Alfoz para a promoción da Frouxeira, iniciativa que se suma á sinalización dunha ruta e dun miradoiro nese lugar, actuación que conta...

leer más
Etiquetas:
24/05/2018

O grupo Batuko Tabanka, integrado por mulleres de orixe caboverdiana afincadas na Mariña lucense, actúa en Alfoz no marco da xira por concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para promover a interculturalidade e a inclusión. Será no Castelo de Castrodouro o sábado 26 de maio, ás 19 horas, na xornada seguinte ao Día de África. O concerto complementa a mostra fotográfica ‘Galicia-Cabo Verde: unha irmandade’ e unha exposición da ONG Mans Unidas sobre a muller e a niñez en África que inauguraranse o mesmo día as 18.45 horas e poderán visitarse durante o mes de xuño no mesmo espazo.

A emigración, a identidade ou a situación da muller son algunhas das cuestións que centran os temas de Batuko Tabanka, que tamén ofrecerá unha charla introdutoria na súa actuación. A agrupación reivindica a música tradicional de Cabo Verde ao...

leer más
Etiquetas:
10/05/2018

A actividade terá lugar no Centro Sociocultural de Alfoz en horario de 16:00 a 20:00 horas.

Os destinatarios son familiares e coidadores de persoas dependentes e cidadanía en xeral.

O obradoiro será impartido por María Olga Roca Bergantiños, enfermeira supervisora da EOXI de Lugo.

As persoas interesadas poden facer a súa inscrición no departamento de Servizos Sociais do Concello de Alfoz ou chamando ao número de teléfono 982 55 80 01.

Os asistentes a este obradoiro recibirán un certificado que acredite a súa participación. 

 

Etiquetas:
29/04/2018

A Asociación Galega de Apicultura organiza un curso básico de apicultura en Alfoz.

A actividade, que terá lugar os días 26 e 27 de maio, desenvolverase na Casa da Cultura de Alfoz.

As persoas interesadas poden obter máis información no teléfono 981 508 142, ou na web www.apiculturagalega.es e info@apiculturagalega.es.

Este curso é de balde para socios/as de AGA, e para o resto o prezo é de 50 euros. Colabora o Concello de Alfoz.

13/04/2018

Dende este sábado, 14 de abril, a segunda parte da Exposición Itinerante ‘Percorridos pola colección Numismática do Museo Provincial de Lugo’ poderá visitarse gratuitamente na sala de exposicións do Castelo Castrodouro de Alfoz, ata o 21 de maio de 2018.

Nesta segunda parte o visitante poderá coñecer o estudo das moedas modernas e contemporáneas que establecen un marco cronolóxico dende o s. XVI ata a actualidade.

O monetario do Museo Provincial de Lugo supera as 8.000 pezas e dado que na exposición permanente só se amosa unha pequena parte, coas exposicións itinerantes a base de textos explicativos, gráficos, debuxos e fotografías  preténdese achegar esta colección ao público, así como contribuír ao coñecemento da ciencia numismática.