Alfoz

09/09/2023

O vindeiro luns, 11 de setembro, chega a Alfoz a actividade denominada Enredando. Esta iniciativa da Cruz Vermella ofrecerá información ás persoas interesadas sobre o uso das novas tecnoloxías.

O Concello de Alfoz explica que “entre as 11 e as 14 horas poderás achegarte para coñecer os usos da aplicación da banca electrónica, pedir cita no médico a través do móbil, aprender a usar o navegador, whatsapp ou calquera aplicación de interese”. Será no aparcamento ao lado da Casa do Concello e en caso de mal tempo trasladarase á Casa da Cultura.

Para máis información os interesados poden chamar ao teléfono gratuíto 900.825.030 no Concello de Alfoz.

Etiquetas:
01/09/2023

En Alfoz celebraranse actividades do programa denominado Cultura Pequeniña, dirixido a nen@s de 3 a 12 anos, os sábados 23 e 30 de setembro.

A organización explica que serán dous días “dedicados aos nenos e nenas con obradoiros na Biblioteca e unha proposta cultural de teatro, contacontos, monicreques ou maxia. Para nen@s de 3 a 12 anos, con inscrición previa na biblioteca, onde estarán dispoñibles a solicitudes a partir do 13 de setembro. O tema será o coidado do medio ambiente. O sábado 23 de setembro de 17:00 a 19:00 horas quedamos na Biblioteca para facer arte con materiais reciclados e da natureza no obradoiro ReciclARTE. E ás 19:00 horas no Salón de Actos teremos a representación O galo Quirico e os seus amigos, de Seisdedos, incluída no programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia, para público infantil e familiar”.

... leer más
Etiquetas:
31/08/2023

O 16 de setembro, sábado, terá lugar en Alfoz unha xornada micolóxica con degustación gastronómica. É unha actividade dentro das accións de promoción da Reserva da Biosfera Terras de Miño da que Alfoz forma parte.

O Concello de Alfoz explica: “organízase unha saída ao campo interpretativa e de introdución á identificación de especies na que, ademais, se ensinarán boas prácticas do recolector, divulgando así cal é o uso e disfrute apropiado e sostible deste importante recurso. Ademais de identificar e colleitar, explicarase o valor dos fungos no medio natural e para os seres humanos. Jesús Blanco García, micólogo e presidente da Asociación Amigos das setas Os Bolouros -colectivo que leva en activo desde 1978 difundindo o mundo dos cogomelos a través de numerosas colaboracións con centros educativos e concellos para dar a coñecer a micoloxía...

leer más
Etiquetas:
23/08/2023

O vindeiro sábado, 26 de agosto, estará en Alfoz a Ciencieneta nas piscinas municipais ás 17 horas. Nenos e nenas de todas as idades poderán desfrutar deste proxecto de divulgación científica que conta con obradoiros, música, shows e humor de forma totalmente gratuíta.

A iniciativa está organizada pola Asociación Asíntota xunto ao Concello de Alfoz e conta coa colaboración do Ministerio de Ciencia e Innovación e FECYT.

Para obter máis información as persoas interesadas poden dirixirse á páxina web laciencieneta.com así como as súas redes sociais @cienceando en TikTok e @laciencieneta en Instagram.

Etiquetas:
21/08/2023

O Seminario de Estudos do Valadouro, SEVA, presentará o vindeiro venres, 25 de agosto, ás 20:00 horas no Castelo de Castrodouro un novo caderno, "Ditos e refráns do Valadouro", ilustrados por Xosé Blanco.

Ademais a exposición da súa obra permanecerá na Sala 2 do Castelo ata finais de outubro.  Lionel Rexes, autor da recompilación desta mostra da tradición oral da zona do Val do Ouro será o encargado de abrir o acto no que intervirán tamén Xosé Blanco, pintor e deseñador e membros da directiva do SEVA, entidade que desde 2012 traballa para a dinamización cultural de Alfoz e O Valadouro.   

O Concello de Alfoz, a través da Delegación de Cultura, colabora nesta proposta cultural, agradecendo a implicación do Seminario de Estudos do Valadouro na súa labor de por en valor e dar a coñecer a gran riqueza cultural,...

leer más
Etiquetas:
08/08/2023

O venres, 18 de agosto, terá lugar en Alfoz “O noso teatro”, un encontro teatral de Xesús Pisón e Manuel Lourenzo na Casa de Cultura ás 20.30 horas. O evento componse de diferentes partes que contan coa participación doutras figuras da cultura galega.

Primeiramente, a presentación do acontecemento teatral vai da man de Lionel Rexes. Seguidamente, terán lugar as lecturas dramatizadas dos protagonistas. Por unha banda, “Nai vella”, de Xesús Pisón, estará interpretada por Inma Orol e pola outra “Belicosario”, de Manuel Lourenzo, será exposta polo propio autor xunto a Pepa Lorenzo.

A terceira parte do evento incluirá un relato dos autores no que recorrerán co público os seus comezos no teatro. Finalmente, rematará co participación dos asistentes cun coloquio no que todos poden participar como broche de ouro.

Etiquetas:
07/08/2023

A Área de Xuventude do Concello de Alfoz organiza unha nova edición das Noites de Campamento durante os días 22, 23 e 24 de agosto. Os rapaces de 13 a 17 anos (nados entre 2005 e 2010) poderán desfrutar de tres xornadas de acampada e actividades de forma gratuíta.

O prazo de inscrición está aberto ata o 14 de agosto e poderase facer tanto na Sede Electrónica como na propia Casa do Concello. As prazas son limitadas por motivos de organización.

Desde o Concello explican: “levaranse a cabo todo tipo de actividades como xogos nocturnos, busca do tesouro, tiro con arco ou piscina”. Os organizadores animan a toda a rapazada a participar nesta aventura.

 

Etiquetas:
04/08/2023

A Asociación Sociocultural Mariña Patrimonio organiza un obradoiro de bateo de ouro na Finca Galea (Alfoz) para o próximo martes 8 de agosto. O obradoiro, dirixido polo recoñecido divulgador da xeoloxía galega Francisco Canosa, organizarase en tres quendas, dende as 16.00 ás 19.00, que se artellarán da seguinte maneira:

  • 1ª quenda: de 16 a 17 horas
  • 2ª quenda: de 17 a 18 horas
  • 3ª quenda: de 18 a 19 horas

O prezo da actividade é de 5€ para os socios da Asociación e 10€ para os non socios, que aboarán a cantidade mencionada no mesmo lugar onde se desenvolverá o obradoiro.

As inscricións están abertas e as persoas interesadas deben enviar un correo electrónico a mr....

leer más
Etiquetas:
06/07/2023

Durante a noite do venres 14 e toda a xornada do sábado 15 de xullo celebrarase unha nova entrega do Mercado Medieval de Alfoz. Un ano mais este concello transporta aos seus visitantes e á veciñanza séculos atrás. Todos eles poderán gozar de variadas actividades lúdicas para a ocasión baixo o lema “Entorno e Lenda”.  

Instalaranse distintos postos da época entorno á artesanía, alimentación así como obradoiros, espectáculos, actividades teatrais e xogos na rúa. E deixaranse ver persoas caracterizadas  como guerreiros, membros eclesiásticos ou das familias máis memorables.

As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse aos teléfonos 982-558-581 e 600-377-152, ao correo electrónico turismoalfoz@gmail.com ou á páxina de Facebook Mercado Medieval de Alfoz...

leer más
Etiquetas:
25/06/2023

Desde o pasado 22 de xuño e ata o vindeiro 1 de setembro a Biblioteca Municipal de Alfoz abrirá en horario de mañá, de luns a venres, de 10:00 a 15:00 horas. 

Desde o Concello sinala: “lembra que se queres devolver un libro fóra deste horario podes usar o buzón de devolucións do exterior da Casa da Cultura. Comeza o verán...a disfrutar e ler moitos libros!!”.