Cervo

Etiquetas:
09/04/2022

O Concello de Cervo organiza o vindeiro sábado 16 de abril a Festa do Mexillón. 

No día de onte o rexedor, Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés,e a concelleira de Medio Ambiente, Mali Méndez, presentaron a que será a edición número XXVIII desta festa, xunto con persoal dos locais de hostalaría participantes.

Ao longo deste día os locais ofrecerán unha ampla degustación de tapas que terán no mexillón o seu denominador común. Participarán O Noso Lar, Las Titas, A Bodega, O Faro, Aquelarre, Maruxaina, O Pulgas, CIT e O Encontro.

A partir das 22:00H haberá verbena a cargo da orquestra FaniaBlancoShow e a continuación será a quenda de Disco Móvil Chocolate.

Villares quixo salientar que “este tipo de festas gastronómicas contribúen a darlle vida...

leer más
Etiquetas:
08/04/2022

Mañá sábado ás 12:30 horas na Praza do Souto, de Cervo, haberá un taller infantil de Ovos de Pascua. Vai enfocado a nenos de 5 a 12 anos e as inscricións farase antes de comezar o obradoiro na propia praza.

Tamén mañá sábado ás 21:30 horas na Praza dos Campos, dentro do ciclo de concertos O son do Nordeste, actuará o grupo de versións de rock THE NUNZIA'S ROCK COVER BAND. 

E o domingo ás 13:30 horas na Praza do Souto, dentro do ciclo de concertos A Caixa de Música, actuará o grupo Axóuxere de Roupar.

Para todas actividades están habilitadas dúas carpas, tanto na Praza do Souto como na Praza dos Campos.

 

Etiquetas:
07/04/2022

O Concello de Cervo, a través das delegacións de Educación e Xuventude, programa para a semana que vén, os días 11, 12 e 13 de abril, unhas novas edicións de Enredos e Xuventude.

O xa tradicional programa de Enredos vai dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos. Estarán divididos en dúas franxas horarias e de idade. As crianzas pertencentes ao segundo ciclo de infantil gozarán das actividades programadas o luns, martes e mércores de 11H a 12:30H, mentres que os de primaria terán a súa quenda de 12:30H a 14H.

As actividades enmarcadas no programa terán lugar no Pavillón Municipal da Veiga e as inscricións xa están dispoñibles, tanto na Casa da Cultura de San Ciprián como no Concello de Cervo.

No referente á Xuventude, o Concello de Cervo organiza para o luns e o martes un torneo de Fútbol 7...

leer más
Etiquetas:
31/03/2022

Este domingo, 3 de abril, segue en Cervo o ciclo a Caixa de Música.

Abya Yala Ensemble é un grupo de música jazz & fusión latinoamericana, que ten como obxectivo achegar á comunidade o material sonoro de América Latina.

O concerto terá lugar o próximo domingo, 3 de abril, na Praza do Souto, de Cervo, ás 13:30 horas.

Etiquetas:
28/03/2022

O Concello de Cervo organiza esta semana un obradoiro sobre a importancia da muller na historia familiar para os dous colexios de primaria do municipio.

“As mulleres que nos constrúen”, de Tarabela Creativa, é o título deste taller, que busca indagar nas historias das orixes e como as mulleres que forman parte das nosas familias aportan e lles dan valor aos nosos relatos de identidade.

Tirando dos fíos familiares entenderán a importancia de todas e cada unha das mulleres da súa familia, como seres individuais e como parte da comunidade.

O obradoiro comezou a impartirse hoxe, e estarán ata mañá martes, no CEIP de Cervo. O mércores e o xoves será a quenda para o alumnado do CEIP Península da Paz.

As actividades incluídas no taller están dirixidas a todos os cursos...

leer más
Etiquetas:
24/03/2022

O Concello de Cervo organiza un Curso gratuíto de Socorrismo en espazos acuáticos naturais con certificado de profesionalidade.

A data de inicio para este curso está programada para o 16 de maio, e terá unha duración de 4 meses, rematando o 13 de setembro. As clases impartiranse en horario de 16H a 21H de luns a venres.

A inscrición estase a tramitar na Oficina de Emprego de Burela e hai un total de 15 prazas. O curso está orientado a persoas en situación de desemprego pero poderase cubrir ata un máximo de 30% de persoas en activo.

Para resolver calquera dúbida ou obter máis información sobre o curso, pódese acudir ao Concello de Cervo ou ben chamar ao 982 55 77 77.

Etiquetas:
23/03/2022

Segue en Cerco o ciclo de concertos denominado “A Caixa de Música”. O encargado de amenizar o mediodía do vindeiro domingo será o grupo de música tradicional Fol do Raxal. A actuación será ás 13:30 horas na Praza dos Campos.

Etiquetas:
22/03/2022

A Escola de Buceo Costa Lugo organiza para este sábado, 26 de marzo, un bautismo de mergullo na piscina Municipal de Lieiro.

Será en horario de mañá, de 9 a 13 horas. Os interesados en apuntarse poden chamar ao teléfono 609 423 210 ou a través do correo electrónico info@buceocostalugo.es

A idade mínima para participar é de 16 anos.

Etiquetas:
18/03/2022

O Concello de Cervo, a través da Delegación de Cultura, retoma o ciclo de concertos “A Caixa de Música” este domingo na Praza do Souto. Será o primeiro concerto do ciclo neste ano 2022.

A actuación, que correrá a cargo do grupo “No Cómbaro” de As Pontes, terá lugar este domingo, 20 de marzo, ás 13:30H na Praza do Souto de Cervo.

O ciclo de concertos “A Caixa de Música” pretende diversificar as actuacións musicais no municipio, ofrecendo un programa con estilos clásicos de bandas musicais da nosa contorna. 

A Caixa de Música vai dirixida a toda a familia, posto que os concertos están calendarizados en fin de semana ou festivos, á hora do mediodía, en diferentes emprazamentos da vila.

No mes de maio, en conmemoriación do Día das Letras Galegas, haberá, ademais,...

leer más
Etiquetas:
17/03/2022

O dia 21 de marzo ás 12 da mañá terá lugar o acto de presentación da 7ª Edición da Semana das Artes. Será na Sala de exposicións do Complexo de Sargadelos en  Cervo. Están invitadas a compartir dito acto, tódalas entidades colaboradoras : Xunta de Galicia (Cultura e Política Lingüística), Área de Cultura da Deputación de Lugo, Mancomunidade da Mariña e os Concellos de Cervo e Foz. 

Ao acto asistirá a familia de Quique Guerra, artista veciño de Cervo a quen se lle rende a homenaxe desta 7ª edición. Farase a presentación do cartel e os pormenores do desenvolvemento das actividades iniciadas no mes de xaneiro e que abarcarán ata o 17 de xuño inclusive.