Cervo

31/03/2021

O Concello de Cervo vén de reforzar a información turística, medioambiental e histórica de Sargadelos coa instalación de diferentes paneis adaptados ao espazo nos que se recolle toda a información precisa para descubrir esta contorna excepcional do municipio.

O rexedor, Alfonso Villares, o edil de Turismo, David Rodríguez, e a concelleira de Medio Ambiente Mali Méndez, achegáronse este mediodía ata a zona para ver o resultado dos traballos que consistiron na instalación de novos carteis deseñados pola propia área de Turismo nos que se identifican cada un dos elementos que compoñen o Conxunto -en tres idiomas galego, castelán e inglés-: o edificio das antigas cabalerizas e a antiga nave de fundición, que hoxe albergan o Centro de Emprendemento e Artesanía; o Paseo dos Namorados, os Antigos Fornos, a senda botánica...; para que as persoas...

leer más
Etiquetas:
30/03/2021

Cervo acollerá o próximo domingo, 4 de abril, o 1º torneo de Kaiak Polo da Liga Galega nas categorías masculina e feminina, con todas as medidas de seguridade e prevención fronte á COVID-19.

A proba, que é a primeira vez que se celebra nunha instalación pechada, foi presentada este mediodía polo edil de Deportes, David Rodríguez, polo responsable da sección de piragüismo do Club Deportivo San Ciprián, Iván González e polo vicepresidente do club Cidade de Lugo e delegado da federación galega de piragüismo, Martín Carballo.

A competición comezará ás 16:00 horas e está previsto que remate sobre as 20:00 horas. Xogaranse 10 partidos, 4 da categoría masculina e 6 da feminina.

Os clubs que participan son o Cidade de Lugo –único representante da provincia que competirá nas categorías masculina e...

leer más
Etiquetas:
17/03/2021

O vindeiro domingo, 21 de marzo, conmemórase o Día Forestal Mundial, o Día da Árbore, unha data tradicionalmente marcada no calendario da delegación de Medio Ambiente coa programación de actividades que redundan na preservación da nosa contorna.
 
O Concello de Cervo, a pesar da situación excepcional que vivimos, quere seguir a carón da comunidade educativa, promovendo accións que redunden no coidado e na protección do Medio Ambiente. Deste xeito promove unha actividade didáctica dirixida ao alumnado de primaria do CEIP de Cervo e do CEIP Península da Paz baixo o título: Unha árbore, un fogar. Trátase dun concurso de debuxo. 
 
Desde o Concello indican que “unha árbore non é só unha planta tamén é o fogar de moitos seres vivos como: paxariños, que fan o niño na súa copa; insectos que viven no seu tronco, fungos que medran nas súas raíces ou...

leer más
Etiquetas:
13/03/2021

O Concello de Cervo e as Escolas Deportivas de Lourenzá veñen de asinar un convenio de colaboración co obxectivo “de promover a práctica do atletismo, que tan arraigada está nesta localidade veciña, tamén entre a nosa veciñanza”.

Así, o rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, David Rodríguez, mantiveron un encontro coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, e co presidente das Escolas, Pablo Maseda, no que perfilaron todos os detalles sobre a cesión das pistas de atletismo do Complexo Deportivo da Veiga durante a tempada deportiva; que poderán ser utilizadas por esta entidade para as competicións, torneos, adestramentos e exhibicións que así o requiran.

Tal e como explicaron, con esta cesión, cunha vixencia inicial ata o 31 de decembro con carácter prorrogable, “logramos que as pistas municipais de atletismo...

leer más
Etiquetas:
07/03/2021

Desde o Concello explican que “hai uns días avanzabamos que un dos actos principais que temos programado para este 8 de marzo, Día da Muller, é un recoñecemento ás Mulleres Solidarias do noso concello. E agora xa desvelamos de quen se trata:  a nosa particular homenaxe vai para Mari, Angelines, Victoria, Adeli, Margarita, Carmen, Mari Luz e Nati, que coas súas propias mans teceron milleiros e milleiros de máscaras durante o confinamento. Grazas”.

Este luns, 8 de marzo, ás 17:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura, terá lugar un recoñecemento a todas elas polas súas puntadas de solidariedade.

Ademais o Concello organiza o concurso virtual que temos programado con motivo deste 8 de Marzo, Día da Muller:
 
Qué muller che inspira? “Explícanos cal é a muller que che inspira dunha forma creativa (foto,...

leer más
Etiquetas:
04/03/2021

As delegacións de Muller e de Educación, que dirixen Pilar Armada e Dolores García Caramés, respectivamente, programan para este mes de marzo unha serie de actividades coa Muller como protagonista.
 
Así ofreceranse sesións virtuais de iniciación ao ioga cada martes e xoves, ás 16:30 horas, a cargo da profesora titulada, Nuria Torrado.
 
Desde o luns, 8 de marzo, e durante todo o mes, permanecerán iluminados de morado os diferentes edificios e infraestruturas publicas (Casa do Concello, Casa da Cultura, Fonte do parque Reina Sofía, ruínas das fábricas de salazón, Escolas Vellas de Cervo...)
 
O día 8 de marzo, día da muller
O auditorio da Casa da Cultura acollerá un acto de recoñecemento a diferentes mulleres cervenses que amosaron a súa solidariedade nestes últimos meses.
 
Prográmase ademais o concurso virtual...

leer más
Etiquetas:
26/02/2021

O Concello de Cervo está xa no nivel 3 de restricións. Por este motivo anuncia que desde este mesmo venres, 26 de febreiro:

A reapertura da piscina municipal en horario de 9:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas (de luns a venres) e de 9:00 a 13:30 horas e de 17:30 a 20:30 horas (os sábados). Cita previa obrigatoria no 982 59 45 12. Uso obrigatorio da máscara salvo no momento do baño. Aforo limitado

A reapertura do ximnasio municipal en horario de 9:00 a 15:00 horas e de 16:00 a 22:00 horas (de luns a venres) e de 9:00 a 13:30 horas e de 17:30 a 20:30 horas (os sábados). Cita previa obrigatoria no 982 59 45 12. Uso obrigatorio da máscara. Aforo limitado

A reapertura das pistas de pádel do complexo deportivo da Veiga. Reserva previa no Concello de Cervo en horario de 8:00 a 15:00 horas (de luns a venres). Uso obrigatorio da máscara

A volta presencial...

leer más
Etiquetas:
23/02/2021

Mañá mércores, 24 de febreiro, ten lugar unha efeméride moi importante no calendario galego: o Día de Rosalía de Castro, a escritora máis representativa das nosas letras.

Para conmemorar ese día, a delegación de Cultura do Concello de Cervo, convia a participar no concurso “Versos de Rosalía”. 

Desde o Concello explican: “envíanos os dous versos que máis che gusten da escritora no formato que desexes (fotografía, debuxo, vídeo, audio, texto...) Valorarase a orixinalidade. Establécense dúas categorías: senior e xuvenil, con tres premios en cada unha delas. Fainos chegar as túas creacións antes das 17:00 horas deste mércores 24 de febreiro ao correo dinamizacion@concellodecervo.com ou por whatsapp ao 691 656 600. Recorda incluír o teu nome e apelidos, idade,...

leer más
Etiquetas:
11/02/2021

Desde o Concello de Cervo sinalan que “todos sabemos que este Entroido que está ás portas vai ter que ser, pola actual situación sanitaria, ben diferente. Pero iso non quere dicir que o espírito de Don Carnal non vaia estar presente!!”.

O sábado, 13 de febreiro, haberá un concurso de larpeiradas de Entroido. O domingo 14, día de San Valentín, desenvolverase o concurso ¿qué é o amor para ti?. O 15 de febreiro haberá un concurso de máscaras e o 16 (Martes de Carnaval) terá lugar un concurso para elixir ao mellor disfrace. 

Desde o Concello cervense animan a participar nestas citas: “fainos chegar as túas creacións antes das 17:00 horas do día en que está programada cada unha das actividades a dinamizacion@concellodecervo.com”. 

06/02/2021

O Concello de Cervo ofrece actividades por vía telemática para o alumnado das escolas deportivas municipais, tanto as infantís como as de adultos.

O concelleiro de Deportes, David Rodríguez, anuncia que ante as novas medidas de prevención fronte ao COVID-19, que tan só permiten a realización de deporte individual ao aire libre e sempre usando máscara, permanecen pechados/as: a piscina municipal (salvo no caso excepcional do alumnado do Ciclo de Grao Superior en Ensinanza e Animación Sociodeportiva, cuxa formación práctica require do uso desta instalación), o ximnasio municipal e o Complexo Deportivo da Veiga.

Nas escolas deportivas infantís quedan suspendidas as clases presenciais, pero ofertaranse actividades dirixidas por vía telemática para que os pequenos poidan seguir facendo exercicio desde a casa. E no caso...

leer más