Cervo

Etiquetas:
28/01/2019

A A.C.R. Fervenza de Sargadelos e a AC Airiños do Xunto anuncian que, un ano máis, organizan a V edición da Foliada de Cervo e a XIII Festa de Degustación da Carne de Porco, que se celebrarán na praza do Souto, en Cervo, o 11 de maio.

Ademais comunican que todo aquel grupo que desexe participar debe inscribirse en: https://goo.gl/forms/X4QCbp3ZgG8ia9F93.

A A.C.R. Fervenza de Sargadelos informará de todas as novidades do evento a través da súa páxina www.facebook.com/romeriadesargadelos ou da foliada.

Aquelas persoas que queiran poñer un posto de gastronomía, artesanía, cosmética, ecoloxía… no mercadiño poden contactar coa organización. 

 

Etiquetas:
22/01/2019

O Concello de Cervo conmemora o Día Mundial da Educación Ambiental coa difusión de microvídeos nas redes sociais municipais co obxectivo de contribuír a fomentar as boas prácticas entre a veciñanza.

O alcalde, Alfonso Villares, e a edil de Medioambiente, Mali Méndez, presentaron a iniciativa esta mañá, coa Fervenza de Sargadelos como escenario de fondo.

As publicacións comezaranse a difundir mañá martes no twitter e no facebook do Concello, de tal xeito que se publicará un vídeo cada día, ata o sábado 26 de xaneiro, data na que se celebra a efeméride.

Os espazos estarán protagonizados por diferentes temáticas relacionadas co respecto ambiental como a compostaxe doméstica (a día de hoxe 200 familias do municipio dispoñen dun recipiente no seu fogar que distribúe o Concello de balde a...

leer más
Etiquetas:
19/01/2019

O Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e Igualdade que dirixe Pilar Armada, organiza un ano máis o campionato de tute e parchís con motivo do Día Internacional da Muller.

Tal e como apuntou Armada, o prazo para anotarse xa está aberto; e “aquelas mulleres interesadas en participar poden inscribirse ata o vindeiro 31 de xaneiro, na Casa da Cultura de San Ciprián ou chamando ao número de teléfono 982.59.51.57”.

As competicións comezarán o 5 de febreiro na cafetería da Casa do Mar e prolongararse durante todo ese mes.

Os trofeos, que serán de cerámica de Sargadelos, entregaranse na cea do Día da Muller, o 10 de marzo.

As diferentes Asociacións de Mulleres de San Ciprián reuniranse en datas próximas para definir o programa completo para conmemorar ese...

leer más
Etiquetas:
04/01/2019

En San Ciprián a saída da Cabalgata será ás 17:30 horas do Pavillón da Veiga. Percorrerá as rúas da vila ata chegar ao auditorio da Casa da Cultura. Alí os Reis recibirán a todos/as os/as nenos/as.

E en Cervo a saída da Cabalgata está prevista para as 19:30 horas. Percorrerá as rúas da vila ata chegar ao salón de actos do Concello. Alí recibirán a todos/as os/as nenos/as. A continuación, o grupo de teatro O Bordelo estreará a súa obra "Toluras de proveito".

 

Etiquetas:
14/12/2018

A asociación cultural Fervenza de Sargadelos organiza, un ano máis, a Noiteboa Infantil no Ecomuseo Terras de Azul Cobalto de Cervo, que se celebrará o próximo 24 de decembro.

As actividades comezarán ás 16:30 horas con xogos de madeira, educativos e orixinais, para toda a familia, que corren a cargo da xoguetería burelá Xogando nas Nubes.

Ás 18:30 horas, presentarase o espectáculo O Crebanoces, unha combinación de teatro actoral e monicreques, que irá da man da actriz Larraitz Urruzola. Ao remate da función haberá chocolatada para todas as persoas asistentes. 

Ás 20:00 horas Papá Noel recibirá aos nenos e nenas, e realizarase o sorteo dunha cea para dúas persoas, unha cesta de cinco quilos de centolos nos locais O Caseto de Copa e O Almacén

Esta actividade conta...

leer más
Etiquetas:
13/12/2018

O Concello de Cervo programou para estas festas de Nadal unha completa axenda de eventos e actividades dirixidas a todo tipo de público; que foi presentada este mediodía polo rexedor, Alfonso Villares, pola edil de Turismo, Mali Méndez, e polos representantes das diferentes asociacións que promoven e colaboran coa organización de varias das citas previstas -Airiños do Xunco, Fervenza de Sargadelos, Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, Escola de Artes Marciais de Cervo e Amigos da Troula-.

O deporte, da man do XI Campionato de Nadal de Nihon TaiJitsu, será o encargado de dar o pistoletazo de saída ao promama de Nadal. A cita será o sábado 22 de decembro ás 17:00 horas no Pavillón da Veiga, en San Ciprián.

O domingo, 23 de decembro, será un día importante dentro do calendario de actividades que comezará ás 12:...

leer más
Etiquetas:
07/12/2018

A Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, de Cervo, organiza diversas actividades navideñas que deron comezo este xoves, 6 de decembro, cun obradoiro para adornar o local social de cara ao Nadal.

O domingo 16 haberá unha recollida de alimentos para colaborar con Cáritas de Cervo.

O domingo 23 terá lugar a visita de Papá Nöel ao local da asociación a partires das 16:30 horas.

O luns 31 celebrarase unha xuntanza no local social para despedir o ano e brindar polo 2019. Será entre as 19:00 e as 20:30 horas.

 

04/12/2018

A asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras organiza unha representación teatral que terá lugar este xoves, 6 de decembro.

A función correrá a cargo do grupo de teatro Axóuxeres, de Vilaronte, que porá en escena a obra Non casei con todos. Terá lugar no pavillón de San Román de Vilaestrofe ás 19:00 horas.

Colaboran a Comunidade de Montes de San Román e o Concello de Cervo.

Etiquetas:
30/11/2018

A primeira, o belén de plastilina, terá lugar esta mesma fin de semana; mañá ás 12:00 horas na Casa da Cultura, en San Ciprián; e o domingo, na biblioteca de Cervo, á mesma hora.

Ademais, co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral e familiar nestas datas de lecer, a delegación de Educación, que dirixe Dolores García Caramés, programou unha nova edición dos Enredos de Nadal que terá lugar o 24, 26, 27 e 31 de decembro, e 2, 3 e 4 de xaneiro; en Cervo e en San Ciprián. En horario de 11:00 a 12:30 horas para o alumnado de infantil e de 12:30 a 14:00 horas para o de primaria.

A este programa súmase o de Cervo Concilia no Nadal -en horario de 9:00 a 14:30 horas-; o 24, 26, 27 , 28 e 31 de decembro; e o 2, 3 e 4 de xaneiro.

Inscricións na Casa da Cultura ou no Concello de Cervo,...

leer más
Etiquetas:
14/11/2018

Con motivo do Día Internacional do Patrimonio Mundial, que se celebra o 16 de novembro, as asociacións culturais Fervenza de Sargadelos e Mariña Patrimonio súmanse á iniciativa da Rede do Patrimonio Cultural para conmemorar esta efeméride.

Os organizadores sinalan que “a nosa achega consistirá nunha exposición de útiles do paleolítico, achados nos últimos anos de forma casual en distintos lugares da Mariña. Estes útiles serán depositados, rematada a exposición, no Museo Arqueolóxico de Vilalba, seguindo as indicacións de Patrimonio”.

A exposición poderase visitar do 16 ao 30 de novembro na Casa do Concello, de Cervo, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 horas. Por outra banda, o 23 de novembro está previsto realizar pola mañá unha actividade con alumnado do IES Marqués de Sargadelos que, ademais de visitar...

leer más