Concerto

Etiquetas:
06/01/2024

Este domingo, 7 de xaneiro, o Concello de Cervo despide o Nadal “pechando un programa cheo de actividades para todos os públicos”.

As voces do coro Vox Stellae ofrecerán un concerto baixo o título"Celebrando o Nadal". Será ás sete da tarde no auditorio da Casa da Cultura en San Ciprián.

03/01/2024

O Multiusos Ponte de Cuñas, de Vilanova de Lourenzá, acollerá un evento cultural este domingo, 7 de xaneiro, ás 18:30 horas para conmemorar o 111 aniversario do nacemento de Francisco Fernández del Riego.

O cartel deste acto, titulado “Soa don Paco”, inclúe actuacións da Banda de Música de Foz, Pepe Peinó, Felipe Sánchez e a Asociación Cultural Osorio Gutiérrez.

A organización do evento explica que “o 7 de xaneiro de 1913, cando xa ían de retirada os Reis Magos, nacía en Vilanova de Lourenzá o naipelo Francisco Fernández del Riego. Este vindeiro domingo celebraremos os 111 anos desta ditosa nova e farémolo para por un broche de ouro a un ano máxico para Lourenzá: o ano no que se lle dedicaron as Letras Galegas ao noso veciño máis universal, don Paco del Riego, e o ano no que Lourenzá se converteu no epicentro...

leer más
Etiquetas:
03/01/2024

A Orquetra Folk de Galicia Son de Seu e a Coral Polifónica de Ribadeo ofrecerán mañá, 4 de xaneiro, o tradicional concerto de reis na igrexa parroquial a partires das 20:45 horas. 

O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos coas actividades de Nadal, apostamos polos musicais, polos concertos e neste caso falamos dun clásico, o concerto de reis, que xa desde oposición coa Xunta de Galicia apostábamos por eles e tamén o facemos desde o goberno”.

O rexedor explicou que “o concerto de reis este ano traerá a Ribadeo a Son de Seu, que tiñamos moitas ganas de que viñeran aquí. E actuará conxuntamente coa Coral Polifónica de Ribadeo mañá, 4 de xaneiro, ás nove menos cuarto na igrexa parroquial. Este concerto de reis é xa tradicional en Ribadeo, empezamos con Amancio Prada, con Rosa Cedrón, Emilio Rúa e tamén o ano pasado...

leer más
29/12/2023

O salón de Actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo, do Concello do Valadouro, acollerá este sábado, 30 de setembro, ás 19:00 horas un concerto de ano vello a cargo da Banda de Música de Lourenzá.

É unha actividade organizada pola Delegación de Cultura do Concello do Valadouro.

21/12/2023

A catedral de Mondoñedo acollerá un concerto de Nadal, titulado Panxoliñas no Camiño, a cargo da Escola Municipal de Música O Pallarego o 26 de decembro, martes, ás 20:30 horas.

É unha actividade organizada pola asociación Sendeiriña, que conta coa colaboración da Diocese Mondoñedo-Ferrol e da Área de Cultura da Deputación de Lugo.

 

Etiquetas:
19/12/2023

O proxecto musical e literario Na Casa Deles presentarase en Mondoñedo cun concerto do cuarteto vocal Son de Corda este venres, 22 de decembro, coincidindo co 112 aniversario do nacemento de Álvaro Cunqueiro. Será ás 20:00 horas no auditorio municipal Pascual Veiga, con entrada libre.

Son De Corda (Esperanza Iglesias, soprano; Carmen Prendes, contralto; Fernando G. Jácome, tenor; e Antón Castro, baixo) interpretarán poemas de Darío Xohán Cabana, Álvaro Cunqueiro, Manuel María, Uxío Novoneyra, Luís Pimentel e Lorenzo Varela, e unha peza de literatura de tradición oral. Estarán acompañados por Raúl Rodríguez ao piano e Aldara Palmeiro co violín.

Etiquetas:
14/12/2023

A Escola Municipal de Música O Pallarego, de Mondoñedo, ofrecerá un Concerto de Nadal o día 21 de decembro, xoves. Será ás 20:30 horas no auditorio Pascual Veiga.

Etiquetas:
14/12/2023

O auditorio da Casa da Cultura da Pontenova acollerá o Concerto de Nadal da Escola Municipal de Música pontenovesa este domingo, 17 de decembro, ás 19:00 horas.

Etiquetas:
13/12/2023

A Banda de Música O Landro de Viveiro ofrecerá un concerto de Nadal o sábado 23 de decembro ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz, de Viveiro.

Esta actuación leva por título “Polo Nadal, solistas!” e a entrada é de balde.

Está organizado pola Banda de Música O Landro de Viveiro coa colaboración da Concellería de Educación do Concello de Viveiro.

Etiquetas:
12/12/2023

O XXXII Concerto de Panxoliñas organizado pola Coral Polifónica de Burela celebrarase este domingo, 17 de decembro, ás 20:00 horas no auditorio da Casa da Cultura burelesa.

Ademais da organizadora actuarán a Coral Polifónica de Ribadeo e a Coral Polifónica Alborada, de Viveiro.