Concerto

11/08/2020

O grupo Arcos Iris ofrecerá un concerto este domingo, día 16, na Praza do Conde Santo, en Lourenzá.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explica que “esta actuación está enmarcada dentro do programa do VII Festival Bal y Gay, que se celebra en varios concellos da Mariña. Será un concerto didáctico para toda a familia que nos levará a coñecer as distintas músicas do mundo. O punto de partida será Andalucía, pasando por Bos Aires, Brasil, América do Norte, Oceanía, Oriente Medio, Rusia e rematando en Europa. A actuación terá lugar ás 20 horas na Praza do Conde Santo”.

Etiquetas:
05/08/2020

O Concello de Foz programa 16 actuacións de Cultura na rúa desde este venres ata o luns, día de San Lourenzo, que é festivo local.

Este venres, día 7, na avenida da Mariña ás 12:00 e ás 18:00 horas actuará o DJ Poppy García. Ás 21:00 horas na praza Conde de Fontao haberá un concerto do coro Tempus Fugit, de Viveiro. E ás 22:30 horas proxectarase a película Superlópez na parroquia de Cangas, concretamente na pista da festa.

O sábado 8 o grupo Muddy Doll actuará na praia da Rapadoira ás 13:00 horas e na praza Conde de Fontao ás 21:30 horas. E o DJ Poppy García estará na avenida da Mariña ás 12:00 e ás 18:00 horas.

O domingo, día 9, haberá dous concertos do grupo Música de sofá: ás 13:00 horas na praia da Rapadoira e ás 21:30 na praza Conde de Fontao. E ás 20:00 horas actuará a Banda de...

leer más
Etiquetas:
07/04/2020

A Concellería de Cultura de Burela confirma a cancelación do concerto que Los Secretos ía ofrecer na localidade o vindeiro 25 de abril. O Concello estuda buscar outra data cara finais de ano. Desde ataquilla.com procederán a devolución automática do importe das entradas adquiridas. O concelleiro José Díaz fai referencia tamén ás dificultades para poder celebrar as festas patronais de Burela, previstas para finais de maio e principios de xuño.

O edil de Cultura declarou: “queremos informar desde la Delegación de Cultura de la cancelación del concierto que teníamos aquí previsto de Los Secretos para el día 25. Dado que el estado de alarma se prolonga hasta el día 26 evidentemente lo hace todavía más claro”.

José Díaz subliñou que “vamos a intentar reprogramarlo para el mes de noviembre porque, como todo el mundo...

leer más
Etiquetas:
27/02/2020

O grupo A Banda da Loba presenta este venres, 28 de febreiro, o seu disco Fábrica de Luz. A actuación terá lugar no Teatro Pastor Díaz ás 20:30 horas. O prezo da entrada é 7 euros na billeteira o propio día do concerto, a partires das 19:00 horas.

A formación está integrada por cinco mulleres e destaca a creación dun repertorio propio baseado tanto en letras da súa autoría como en musicalizacións de poetas célebres ou outros textos tomados dos poemarios de escritoras contemporáneas. Todo isto baixo un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do pop, do rock ou do folk. Fábrica de Luz é un traballo de creación, reflexión e homenaxe en torno á idea de nai entendida nun sentido amplo. A lingua e a terra son as primeiras nais, fábricas de luz, como as nosas nais.

Tamén o Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá este...

leer más
Etiquetas:
06/02/2020

A Delegación de Cultura de Cervo programa para este venres, 7 de febreiro, un concerto que ofrecerá a Orquesta de Corda do Conservatorio de Viveiro.

A actuación terá lugar no auditorio da Casa da Cultura, ás 19:30 horas. A entrada será libre.

A formación, integrada por xóvenes músicos, está dirixida por Juan Cabalar.

Etiquetas:
20/01/2020

A Orquestra de Corda do Conservatorio Profesional de Viveiro, dirixida por Juan Cabalar, ofrecerá o concerto proviaxe Italia Danta di Cadore-Venecia-Florencia. A cita terá lugar este venres, día 24 de xaneiro, ás 20:00 horas, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro. O prezo da entrada é a vontade.

A actuación será a estrea en Viveiro da nova obra de David Catá, Presentimiento. Estará presentada por Roque Barreiro Fanego.

 

Etiquetas:
16/01/2020

A Banda da Escola Municipal de Música de Burela ofrecerá un concerto este sábado, 18 de xaneiro, no auditorio da Casa de Cultura ás 20:00 horas. A entrada é gratuíta.

A Banda interpretará un programa moi variado con obras do repertorio clásico ata modernas e populares:

Getawaymarch- Arr.: Luís IglesiasVázquez/Bruno Álvarez Gómez
Yo quesé!- Andrés Fernández Cortés
Divertimend forbad - Arranxo: Luís Iglesias Vázquez
Excalibur- Arranxo: Luís Iglesias Vázquez
Starwars- Arranxo: Luís Iglesias Vázquez
Bella ciao - Arranxo: Bruno Álvarez  Gómez
Thegood thebad and theungly- Arranxo: Luís Iglesias Vázquez
Sway- Arranxo: Luís Iglesias Vázquez 

A formación está dirixida polo profesor da Escola Bruno Álvarez Gómez coa colaboración de Luís Iglesias Vázquez e...

leer más
Etiquetas:
10/01/2020

O vindeiro domingo, 12 de xaneiro, o grupo Son’s Varadero realizará un concerto especial na residencia de maiores de Foz.
 
Será a partir das 18:00 horas e está dedicado aos maiores e ás súas familias, aínda que será aberto a todo o público.
 
Neste emotivo evento colabora o Concello de Foz.

Etiquetas:
06/01/2020

A Banda da Loba actuará no Teatro Pastor Díaz de Viveiro o 28 de febreiro, dentro da súa xira Xaneiro-Febreiro 2020.

O grupo presentará o seu segundo álbum, Fábrica de Luz, no que, segundo explica a estradense Andrea Porto, baixista da formación, se sitúa na liña do primeiro, Bailando as rúas, cunha aposta musical ecléctica na que teñen cabida o folk, o pop, o rock e os ritmos latinos. As letras son, case que todas, propias e asinadas polas irmás Andrea, Marcela e Lara Porto, que xa teñen acadado diversos premios literarios pola súa traxectoria poética. Ademais varias das letras están inspiradas por outras autoras galegas que para o grupo son referente como Xela Arias, Celia Parra, Andrea Nunes e María Victoria Moreno.

O título do disco explican que “pretende ser unha reflexión e unha homenaxe á idea de nai...

leer más
Etiquetas:
28/12/2019

A Coral Polifónica de Barreiros organiza o Concerto de Nadal que se celebrará este domingo, 29 de decembro. Terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, ás 18:00 horas.

Actuarán a Coral Eo de Vegadeo, a Coral Lunch de Lugo e a Coral Polifónica de Barreiros.

O Concello de Barreiros colabora coa organización deste concerto.