Concerto

Etiquetas:
10/07/2019

O teatro Pastor Díaz de Viveiro será mañá o escenario dun novo concerto do ciclo “Sons do tempo”. Esta actuación que corre a cargo do grupo LucusEnsemble, e forma parte dun proxecto para promover o estudo e a difusión da música medieval que promove a Deputación de Lugo.A cita será ás 20:30 horas, e a entrada é gratuíta ata completar aforo.

A mostra O Son do Tempo enmárcase nun proxecto máis ambicioso do Goberno da Deputación para a recuperación o noso patrimonio cultural. O obxectivo desta iniciativa é o estudio, a divulgación, o préstamo de pezas, así como a promoción da música medieval para o público en xeral nos 67 Concellos da provincia.

Esta cita contribúe a poñer en valor as nosas tradicións e a nosa cultura, como neste caso, os sons medievais tan arraigados na nosa historia. Paralelamente a estes concertos...

leer más
Etiquetas:
13/06/2019

O grupo de pop-rock da Escola Municipal de Música de Burela dará un concerto este venres, día 14, que terá lugar na Praza da Mariña e dará comezo ás 20:00 horas.

O edil de Cultura, José Díaz, convida a tod@s a asistir a esta cita na que se poderá apreciar o traballo dunha das formacións da Escola de Música.

 

Etiquetas:
08/05/2019

Este sábado, 11 de maio, ás oito da tarde terá lugar un concerto da banda de gaitas Sons da Chaira. Será na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo e enmárcase nos actos  do XXV aniversario da EMMeD. 

Esta xove banda de gaitas fundada no ano 2014, está dirixida por Brais Monxardín e Miguel Anxo López "Chino",  e fórmana uns 35 compoñentes pertencentes ás Escolas de Música de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei.

Pese á súa curta vida, participou nos anos 2016 e 2017 no Festival de Ortigueira así como en actuacións en numerosas cidades do país. No ano 2018 foi seleccionada para representar a Galicia no prestixioso Festival Intercéltico de Lorient (Francia), onde acadou unhas inmellorables críticas pola súa calidade musical.

O repertorio de Sons da Chaira baséase na interpretación,...

leer más
07/05/2019

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu concerto das Letras Galegas o sábado 18 de maio no Teatro ás 20:30 horas. Das oito pezas que interpretará tres delas son estreas e algunhas contarán con narración a cargo de Toni Deaño.

O director da formación, David Ballester, anuncia que “a Banda Municipal de Música de Ribadeo segue coa súa programación anual e desta volta, coa proximidade das Letras Galegas, o sábado 18 de maio ás oito e media no Teatro terá lugar o tradicional concerto para conmemorar ese día”.

David Ballester explica que “neste concerto, como non podía ser menos, nós faremos esa homenaxe ás Letras Galegas, ás nosas letras musicais, e interpretaremos diferentes tipos de música galega, tanto muiñeiras como xotas e pasodobres. Tamén haberá tres das obras que imos interpretar que irán con...

leer más
Etiquetas:
24/04/2019

Este sábado, 27 de abril, ás 12 da mañá, na Sala Bahía de Foz o músico Fran Amil, acompañado de Ricardo Casas ao saxofón, estará en concerto cos Monstros Acústicos..

Este concerto ten de especial, que xunto aos músicos participarán nalgúns números, as alumnas e alumnos da asignatura Música e Movemento da Escola de Música de Foz. 

Este grupo coa súa profesora África leva preparando durante o curso o acompañamento e a coreografía dalgunhas das cancións que escoitaremos no concerto, e ese día terán ocasión de ser tamén protagonistas. 

O concerto está organizado pola asociación de nais, pais e alumnado adulto da Escola de Música de Foz en colaboración coa dirección da Escola e trátase dun formato novedoso, moi interesante a nivel pedagóxico para os alumnos que participan, e un reto tamén para...

leer más
09/04/2019

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto de Semana Santa o mércores 17 de abril ás 21:00 horas na igrexa parroquial de Santa María do Campo. Nesta actuación estrearán seis obras e debutará un novo trompetista.
O director da Banda ribadense, David Ballester, anunciou: “chegada a Semana Santa a Banda Municipal de Música de Ribadeo non podía faltar a esta data. Como o ano anterior, faremos o concerto de Semana Santa na igrexa parroquial, ás nove da noite o mércores 17 de abril”.

David Ballester engade que “aproveitando este motivo, queremos convidar a toda a xente que estea en Ribadeo ese mércores, a achegarse ata a igrexa parroquial para disfrutar do concerto de Semana Santa”.

O director da Banda explica que “este ano serán sete obras, das cales seis serán interpretadas por...

leer más
Etiquetas:
02/04/2019

Alumnado, profesorado e outros traballadores do IES de Foz interpretarán cantigas de Alfonso X na basílica de San Martiño este xoves, día 4, a partir das 20:00 horas. Este acto, organizado por iniciativa dos departamentos de Lingua Galega e Música do centro educativo focense, é aberto ao público con entrada gratuíta.

Actuará un grupo instrumental, formado por alumn@s de 4º da ESO e de 3º de PMAR, e unha agrupación vocal formada por alumn@s de 1º de Dirección de Cociña, profesores e outros traballadores do centro.

Para esta actividade o IES de Foz conta coa colaboración do Concello focense e da Parroquia de San Martiño. 

 

Etiquetas:
01/04/2019

Mañá martes, 2 de abril, ás 19.30 horas, celebrarase na sala de usos múltiples da Escola Municipal de Música de Burela un concerto, con entrada libre e gratuíta, a cargo dos alumnos das especialidades de frauta, clarinete e piano.

Segundo explica o director do centro, Xan Carballal, "o concerto incluirá pezas sacadas do repertorio popular  e contará con obras de autores clásicos e modernos".

Este concerto inclúese no plan de actividades que a Escola Municipal de Música de Burela ten programado para este ano 2019.

Etiquetas:
26/03/2019

O grupo Cantar delas actuará o vindeiro sábado, 30 de marzo, no centro sociocultural de San Cosme de Barreiros, ás 19:00 horas.

Neste concerto, enmarcado nos actos de conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, Cantar Delas fará un percorrido pola música dende o século XIII ata o XX. Cada letra irá precedida dunha presentación de personaxes femininas que forman parte do imaxinario colectivo e están presentes nas nosas vidas, sen saber en moitos casos quen foron e as razóns polas que pasaron á historia.

Cantar Delas quere dar a coñecer a esas mulleres, o seu papel no cuestionamento da orde social, na loita contra as inxustizas, os motivos polos que foron perseguidas nuns casos, vilipendiadas ou incomprendidas noutros. Deste xeito reivindica ás mulleres que abriron camiño ao longo dos séculos e que...

leer más
Etiquetas:
25/03/2019

O vindeiro mércores, 27 de marzo, ás 19.30 horas celebrarase na sala de usos múltiples da Escola Municipal de Música un concerto, con entrada libre e gratuíta, a cargo dos alumnos de percusión.

Segundo explica o director do centro Xan Carballal “o repertorio incluirá pezas sacadas do repertorio popular mesturada con obras de autores clásicos e modernos”. 

Este concerto inclúese no plan de actividades que a Escola Municipal de Música de Burela ten programado para este ano 2019.