Concerto

Etiquetas:
20/03/2019

O colexio ribadense Sagrado Corazón de Jesús organiza un concerto de primavera este venres, día 22, ás oito da tarde no Teatro ribadense. Esta actividade está incluída nos actos conmemorativos do 50º aniversario das actuais instalacións do centro e servirá para recadar fondos para as viaxes fin de etapa que realizarán o alumnado de sexto de Educación Primaria, que irá a Cantabria, e o de cuarto da ESO, que será a Italia.

No concerto actuarán o Coro Infantil e Xuvenil Sagrado Corazón, haberá un recital poético e tamén unha mostra de danza a cargo de alumnas da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo. O prezo da entrada é de 3 euros.

 

Etiquetas:
19/02/2019

A gaiteira Susana Seivane presentará o seu último traballo FA en Ribadeo este sábado, 23 de febreiro. Deste xeito o Concello celebrará o Día de Rosalía de Castro. Esta tarde compareceron en rolda de prensa no Salón de Plenos Susana Seivane e o concelleiro de Cultura, Farruco Graña. 

O edil ribadense dixo que “para o Concello de Ribadeo é un pracer e unha honra ter connosco a Susana Seivane, hoxe neste Salón de Plenos, e este sábado, 23 de febreiro, ás nove da noite no auditorio municipal Hernán Naval, coa súa música, co seu saber facer, coa súa arte e con toda a súa traxectoria e a súa experiencia que merecen toda a nosa consideración e admiración”.

Graña animou “a todas as persoas que poidan a asistir a este concerto, porque é unha ocasión única e para nós unha ocasión moi especial de celebrar o Día de Rosalía....

leer más
Etiquetas:
15/02/2019

O Concello de Cervo, conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro) ofrecendo á veciñanza e aos visitantes a oportunidade de gozar dun gran concerto, con entrada libre.

Nesta ocasión, a coñecida artista galega que fora vocalista do grupo Luar na Lubre, Rosa Cedrón, será a encargada de facerlle unha especial homenaxe á escritora, “unha das miñas grandes paixóns que sempre está moi presente nos meus concertos”, tal e como ela mesma confesa.

A actuación, con entrada libre e programada pola delegación de Cultura, será o venres 22 de febreiro, ás 20:30 horas, no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián.

Rosa Cedrón, acompañada por un pianista, poñerá voz a coñecidos poemas da escritora como “Negro Caravel” –tema recentemente interpretado pola galega Sabela en Operación...

leer más
11/02/2019

Dende a Asociación As San Lucas de Mondoñedo, organizadora das Feiras e Festas das Quendas, informan que as entradas para asistir ao concerto de BlasCantó, poderanse adquirir dende esta tarde.

En concreto, o presidente da Asociación organizadora, Miguel Souto, explica que as entradas estarán dispoñibles, a partir das 16:00 horas,na plataforma Woutick: https://www.woutick.es/evento/418/entradas-blas-canto-en-mondo%C3%B1edo?...
O custo das entradas é de 22 euros máis gastos de xestión.

O coñecido artista murciano ofrecerá un concerto en acústico no auditorio Pascual Veiga da cidade mindoniense dentro da programación das Feiras e Festas das Quendas, que organizadas...

leer más
30/01/2019

Blas Cantó traerá a súa xira acústica 2019 a Galicia no mes de abril, concretamente, o coñecido artista murciano ofrecerá un concerto acústico dentro da programación das Feiras e Festas das Quendas, que celebra anualmente a cidade de Mondoñedo. A actuación do que foi integrante vocalista do afamado grupo Auryn, terá lugar no auditorio Pascual Veiga, o vindeiro 30 de abril , ás 22:00 horas. 

O presidente da Asociación As San Lucas, organizadora tamén das Feiras e Festas das Quendas en colaboración co Concello, Miguel Souto, deu a coñecer esta mañá a actuación do artista, quesuma numerosos éxitos. Primeiro, dende o ano 2011, co grupo Auryn, co que acadou todos os récords de vendas en España e co que logrou números un, os máis prestixiosos premios nacionais e internacionais, discos de platino e un gran éxito en latinoamérica. Cada concerto e...

leer más
Etiquetas:
30/01/2019

A Concellaría de Cultura do Concello de Ribadeo anuncia que xa se poden mercar as entradas para o concerto que ofrecerá Susana Seivane o 23 de febreiro, con motivo da celebración do Día de Rosalía de Castro. A actuación terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo, ás 21:00 horas.

O prezo das entradas é 10 euros máis gastos en anticipada e 12€ na billeteira. As entradas están á venda en www.eventbrite.es e o día do concerto, a partires das 20:00 horas, na billeteira.

 

Etiquetas:
03/01/2019

Ribadeo acollerá un concerto solidario de rock na rúa San Francisco este sábado, 5 de xaneiro, ás 13:00 horas. Será para apoiar a Darius, un neno ribadense, de 8 anos de idade, que padece atrofia muscular espiñal e polo tanto necesita axuda constante, moitos medicamentos e fisioterapia.

Esta iniciativa está organizada por 5 músicos ribadenses, que son os que ofrecerán este concerto no que se recollerán fondos para apoiar a Darius.

 

28/12/2018

A Coral Polifónica Alborada de Viveiro organiza este sábado, 29 de decembro, un concerto de panxoliñas que terá lugar na igrexa das Concepcionistas, ás 20:30 horas. 

Actuarán a Coral Eo Musical e a Coral Polifónica Alborada.

Colaboran na organización: a Delegación de Cultura do Concello de Viveiro e Relixiosas Concepcionistas.

Etiquetas:
26/12/2018

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto Aquí como en Viena, este sábado, día 29, ás 21:00 horas no Teatro ribadense. A Banda interpretará polcas, valses e outras pezas típicas destas datas, ademais doutros temas, e haberá sorpresas. A entrada é de balde, pero o aforo a este concerto será limitado por seguridade e comodidade dos asistentes.

O director da Banda Municipal de Música de Ribadeo, David Ballester, explicou que este concerto “sempre acaba desembocando en temas vieneses como polcas e valses e este ano a primeira parte vai ser un conto que se desenvolve en Viena e tocaremos cinco obras, das cales catro serán interpretadas por primeira vez pola Banda Municipal de Música de Ribadeo. Creo que é algo a resaltar, tendo en conta que hai escasamente un mes a Banda xa tivo un concerto no que a gran maioría...

leer más
Etiquetas:
26/12/2018

O grupo ribadense de rock Remakers actuará este venres, día 28, na discoteca Rosa Lar, de Ribadeo, para presentar o seu segundo disco, titulado Sueños y otras pesadillas. Este traballo acaba de saír á venda en varias plataformas dixitais e tamén poderá mercarse en formato CD no concerto deste venres e nos seguintes establecementos ribadenses: Casa das Letras, Amodiño tenda bar, O Recuncho, Vírgula, Cienfuegos bar, Pícaros Mundi e O Cortello.

A actuación de Remarkers este venres está programada para as 23:30 horas, pero as portas de Rosa Lar abriranse media hora antes. Ademais do concerto haberá música a cargo de +Xampol, con Remember Minibar. 

O prezo das entradas é de 5 euros.