Concerto

Etiquetas:
22/12/2018

O Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Educación, programa para este domingo, 23 de decembro, un concerto conxunto da Banda Pascual Veiga de Mondoñedo e da Banda de Música de Foz. O recital dará comezo as 20:30 horas no Auditorio Pascual Veiga.

O edil de Educación, Alberto García, explica que o concerto ofrecido pola Banda Pascual Veiga en conxunto coa formación de Foz “pretende ser unha homenaxe aos tres directores xa falecidos que tivo a formación mindoniense, Eduardo Rodríguez, ArcadioMon e EnriqueTeijeiro. Arcadio tamén foi director durante moitos anos da Banda de Música de Foz”.

Alberto García invita a desfrutar deste concerto, “preparado con moito empeño por grandes artistas e profesionais, durante o que queremos ter presente aos tres directores da agrupación Pascual Veiga e a todos os que...

leer más
Etiquetas:
18/12/2018

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto Aquí como en Viena, o 29 de decembro, ás 21:00 horas no Teatro ribadense. A Banda interpretará polcas, valses e outras pezas típicas destas datas, ademais doutros temas e haberá sorpresas. O aforo a este concerto será limitado por seguridade e comodidade dos asistentes.

O director da Banda Municipal de Música de Ribadeo, David Ballester, anuncia que “chegadas estas datas do Nadal, a Banda Municipal de Música de Ribadeo retoma ese concerto anual que é o Aquí como en Viena, que sempre acaba desembocando en temas vieneses como polcas e valses”.

David Ballester sinala que “este ano a primeira parte vai ser un conto que se desenvolve todo el en Viena e tocaremos cinco obras, das cales catro serán interpretadas por primeira vez pola Banda...

leer más
Etiquetas:
18/12/2018

Dentro da programación de actividades que organiza a Escola de Música, inclúese  o xa tradicional concerto de Nadal denominado Concerto en familia.

Segundo conta o director da Escola “participarán neste recital alumnos e alumnas de todas as idades, dende os mais pequenos, agrupados nos colectivos de Música e Movemento e Formación Básica, que levarán adiante coreografías e cancións propias destas datas e ideadas polo seus mestres. Tamén contaremos con todas as agrupacións da Escola, como son o grupo de jazz, agrupacións de corda, coro, cantantes e rematando coa Banda de Música dirixida por Bruno Álvarez”.

Este é un concerto público e gratuíto, “onde os alumnos amosarán o seu bo facer por medio do traballo que realizaron durante este primeiro trimestre do curso”, engade Xan Carballal.

O...

leer más
Etiquetas:
16/12/2018

O vindeiro luns, 17 de Decembro, ás 10:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura de Burela, alumn@s e  profesores da Escola Municipal de Música ofrecerán un concerto para os centros de primaria e secundaria da localidade. O motivo desta iniciativa é achegar a música e os instrumentos aos alumnos destes centros.

O director da Escola Municipal de Música de Burela, Xan Carballal, explica que “as agrupacións participantes son as que están a desenvolver un traballo continuo dentro da Escola e ao longo do curso e por medio delas coñeceremos os instrumentos que forman parte dunha orquestra de corda como son: violíns, violas, violonchelos e contrabaixos. Os instrumentos dunha banda: toda a familia de vento madeira, vento metal e instrumentos de percusión”.

E engadiu que “as obras que se interpretarán serán, sobre todo,...

leer más
Etiquetas:
10/12/2018

O Concello de Barreiros, a través da Oficina de Información Xuvenil e da Delegación de Cultura, organiza un concerto da AC Brigantia, que se celebrará o vindeiro domingo, 16 de decembro.

Nesta actuación terá lugar a presentación do novo CD da Asociación Cultural Brigantia que leva por título Clásicos da Música (Tango). Neste traballo Julia Mª Dopico e Daniel Azdamian presentan unha selección de música clásica de tango desde Gardel ata Piazzola, con arranxos propios en versión única para bandurria e guitarra.

O  concerto será no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de San Cosme de Barreiros, o domingo ás 18:00 horas. A entrada é gratuíta, ata completar aforo.

 

05/12/2018

A Delegación de Cultura do Concello de Cervo programa para este sábado, 8 de decembro, a actuación do grupo Sons de Celeiro. Será no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián, ás 20:00 horas. Este evento é aberto ao público.

O grupo Sons de Celeiro presentaba este outono o seu traballo "Cantar ben ou non cantar". No seu repertorio inclúe un tema dedicado á lenda da Maruxaina.

 

Etiquetas:
01/12/2018

A banda madrileña Cosmosoul ofrecerá un concerto en Ribadeo o vindeiro sábado, 8 de decembro, dentro da súa xira por Galicia e Asturias. A actuación terá lugar no auditorio municipal Hernán Naval, ás 20:30 horas.

A formación está composta por cinco músicos con técnicas, formación e perfís moi diversos, o que dá como resultado unha mestura de estilos e culturas que queda plasmada nos tres discos cos que xa contan. A súa música está fortemente arraigada ao neo-soul e ao R&B, pero conta cunha riqueza de matices da worl music, o jazz e o pop.

O terceiro álbum que agora presentan leva por título Walk, e o seu traballo vai dirixido a achegar ao público os seus coidados directos.

 

Etiquetas:
22/11/2018

A programación cultural de Foz inclúe para este fin de semana dúas representacións teatrais e un concerto.

Mañá, venres, ás 21:00 horas no centro social de Santa Cilla o grupo de teatro O Centiño representará a obra Zume de amorodios.

O sábado 24 ás 20:00 horas na Sala Bahía haberá un concerto da Banda de Música de Foz. E o mesmo día á mesma hora na Antiga Báscula de Marzán o grupo teatral Pico do Castro representará a obra Matías está tolo.

 

Etiquetas:
20/11/2018

O trompetista da Banda Municipal de Música de Ribadeo Álvaro García, que estuda Deseño en Bilbao, elaborou o cartel do concerto de Santa Cilla que se celebrará no Cine Teatro este sábado, día 24, ás 20:30 horas.

Sobre esa actuación o director da Banda de Ribadeo, David Ballester, anunciou que “teremos a Carlos Villar tocando unha peza de xilófono, como solista, e tamén haberá un dúo de frautas, a cargo de Paula Pérez e Eva Iglesias, cunha obra de aires celtas que está bastante ben”.

O director da Banda ribadense comentou tamén que “ultimamente neste concerto de Santa Cilla dedicamos a algún compositor unha serie de pezas en concreto. Este ano ímolo facer dedicado ao compositor e director belga Bert Appermont, que é un dos meus compositores preferidos para música de banda e tiven a sorte de coñecelo nunha...

leer más
19/11/2018

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra este mércores, 21 de novembro, ás 20:00 horas no Auditorio Hernán Naval o seu tradicional concerto na honra de Santa Cecilia, patroa dos músicos. Esta será a primeira actividade que realiza dentro dos actos do 25 aniversario do centro.

Polo escenario pasarán alumnas e alumnos da Escola que interpretarán obras que van desde Bach ata Billy Joel. Agrupacións de vento, tecla, percusión, entre outros, dan forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto.

Esta actuación é a previa do gran festival de Nadal que a Escola celebrará o vindeiro 22 de decembro no Auditorio Municipal Hernán Naval e no que participarán preto de 400 alumnas e alumnos.