Concerto

Etiquetas:
30/05/2017

O concerto "No bico un cantar. Nenas e nenos cantan aos poetas mindonienses", terá lugar este venres, 2 de xuño, ás 17:30 horas na Praza da Catedral, en Mondoñedo. 

Organizado polo Consello da Cultura Galega e a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Mondoñedo, esta será a quinta edición dunha actividade que ten como obxectivo trasladar a paixón pola música culta e a poesía galega a escolares de toda Galicia. 

Dirixidos por Maximino Zumalave e co acompañamento musical do grupo de metais Hércules Brass, no concerto participarán nenas e nenos dos CMUS Profesionais da Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo e Viveiro, o Coro Ángeles de Compostela da Escolanía da Catedral de Santiago de Compostela, o Coro de nenos...

leer más
Etiquetas:
19/05/2017

O colectivo viveirés Pensamento e Sementeira programa un concerto didáctico co grupo vocal Son de Nós. Esta actividade desenvolverase no salón de actos do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro o 27 de maio e dará comezo ás 20 horas. A entrada a este concerto será libre até completar o aforo do local. 

Segundo Son de Nós o concerto que leva por título Identidade (Lingua e Música) “quere facer a súa propia homenaxe a aquel pequeno grupo de intelectuais que respondendo ao chamamento do viveirés Antón Villar Ponte (1881-1936) e concienciados da alarmante situación de desprestixio da lingua galega en prol do castelán, fundaron na Coruña, no mes dos maios do ano 1916, a primeira Irmandade da Fala”. 

“En Identidade -dín os de Son de Nós— cantamos a Rosalía, a Curros, a Xoán Manuel Casado, a Manuel María e a...

leer más
16/05/2017

A Delegación de Cultura do Concello de Burela organiza un concerto de arpa celta con motivo do Día das Letras Galegas. A actuación correrá a cargo do grupo Lulavai e terá lugar no auditorio, o venres 19 de maio ás 21:00 horas.

As entradas para acudir a este concerto están á venta na Biblioteca Municipal ao prezo de 3 euros en anticipada e 5 euros en taquilla o mesmo día da actuación.

Lulavai é un grupo composto por catro mulleres, Lorena, Paula, Josefa e Elena, quen coas súas arpas e as súas voces teñen un estilo propio. Neste concerto presentan o seu segundo traballo discográfico titulado Lémbrame un soño composto por temas orixinais sen perder o referente da música tradicional e incluso clásica e jazz.

Estas intérpretes coñécense no ano 2005 cando formaban parte do grupo Sondeseu, baixo...

leer más
16/05/2017

O Concello barreirense celebrará o Día das Letras Galegas cun concerto, que se celebrará mañá, 17 de maio, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

Dará comezo ás 19:30 horas e contará coa actuación da Coral de Cangas, a Coral de Riotorto e a Coral de Barreiros.

A actividade está organizada pola Concellería de Cultura. 

 

16/05/2017

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto das Letras Galegas o día 27 de maio, sábado, ás 20:30 horas no Cine Teatro. O director da formación, David Ballester, salienta que este ano, coincidindo co 25 aniversario da creación da banda, homenaxearán ao seu primeiro director, Hernán Naval.

David Ballester anunciou que “o 27 de maio terá lugar o tradicional concerto das Letras Galegas da Banda Municipal de Música de Ribadeo. Este ano coincide varios días máis tarde do 17 de maio debido a que a algúns dos músicos témolos agora de excursión de final de curso e outros están ocupados cos exames finais. Entón para poder ofrecer un mellor concerto decidimos aprazalo estes dez días”.

O director da Banda Municipal de Música de Ribadeo explicou tamén que “o programa, como todos os anos neste...

leer más
13/05/2017

O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, celebrará o Día das Letras Galegas, o 17 de maio, cun gran concerto a cargo de Guadi Galego, ex vocalista do grupo Berrogüeto e hoxe xa en solitario, un dos referentes do panorama musical galego.
A cita será ese día, mércores 17 de maio, ás 20:00 horas, no Auditorio da Casa da Cultura, e a entrada será, como é habitual na programación cultural do Concello, de balde.

A edil de Cultura, Dolores García Caramés, presentou esta tarde o evento, en compañía dos membros do Grupo Municipal de Teatro Infantil PimPim, que exercerán de “teloneiros” da artista, realizando unha homenaxe ao protagonista deste ano das Letras Galegas, Carlos Casares, sobre o que, tal e como apuntou Caramés “estamos a traballar intensamente estes días, con moitísimas ganas e ilusión por parte dos máis pequenos,...

leer más
06/05/2017

O colectivo Pensamento e Sementeira organiza un concerto para o domingo, 14 de maio, a cargo do grupo Lucus Ensemble.

Esta actuación terá lugar no Conservatorio Profesional de Música de Viveiro a partir das 12:30 horas. A entrada é libre ata completar o aforo do local e a actividade inclúese no programa Musiqueando da Deputación Provincial.

Lucus Ensemble é unha agrupación musical mixta de vento e corda formada por músicos vinculados á cidade de Lugo. Nacía hai tres anos e a súa vocación inicial era preparar un repertorio fundamentalmente clásico aínda que se mostran abertos a traballar con outros sons dende a música popular á vangardista.

Con este concerto Pensamento e Sementeira quere celebrar o Día das Letras Galegas.

 

Etiquetas:
24/04/2017

O vindeiro 29 de abril ás 20:30 horas Khitara estará no Teatro Pastor Díaz de Viveiro coa súa peculiar visión do rock.

Tras a xira “Khitara: unha viaxe íntima pola historia do rock”, a formación volve ao directo presentando o seu novo Ep homónimo, no que a fusión entre a música clásica e o rock  adéntranos nun universo sonoro sen precedentes. Khitara é unha agrupación formada por dúas guitarras clásicas, dúas eléctricas, un caixón flamenco e unha voz solista.

No directo, ademais dos temas do EP compostos por Jose Carballido, a banda revisa grandes clásicos dalgunhas das máis importantes bandas de rock da historia (Deep Purple, Led Zeppelin, Queen, Scorpions, Boston…) adaptándoos á súa curiosa formación. O resultado é unha sonoridade única e moi interesante que combina a dozura das guitarras clásicas coa forza das...

leer más
Etiquetas:
04/04/2017

O Concello de Cervo, a través da Delegación de Cultura que dirixe Dolores García Caramés, programou para o vindeiro sábado, 8 de abril, a actuación do recoñecido músico e arpista Rodrigo Romaní. A cita será ás 20:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura.

Romaní formou parte do grupo Milladoiro durante 22 anos, e a partir do ano 2000 comezou a publicar discos en solitario.

A día de hoxe ten no mercado tres traballos en solitario: Albeida (2000), Cantos Caucanos (2003) e As arpas de Breogán (2012), e nestes intres está a preparar un novo disco que avanzará en primicia neste concerto.

Romaní é un multi-instrumentalista, ademais da arpa, toca a guitarra, o bouzouki e a ocarina, e tamén é vocalista. Realizou arranxos instrumentais, ademais dalgunhas letras do dúo Sete Saias.

... leer más
Etiquetas:
24/03/2017

Os grupos Café Quijano e La Década Prodigiosa actuarán en Burela o 2 de xuño. O concerto, que será gratuíto, enmárcase no amplo programa de actividades das festas patronais deste ano.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, que tamén é membro da comisión organizadora,  explicou que “decidimos que íbamos a recuperar la actuación estelar los viernes de las fiestas, que hace ya bastantes años que no se hace, sobre todo por el tema de la crisis es más complicado recaudar el dinero necesario para esto. Es difícil traer a un grupo o a cantantes importantes porque los cachés son bastante altos y al no cobrar entrada no se recupera nada de la inversión. Pero es algo que era muy tradicional en Burela y pensamos que se puede recuperar con el esfuerzo de la comisión de fiestas, que hace un trabajo impagable recaudando fondos por todo el comercio de...

leer más