Concerto

Etiquetas:
10/05/2023

A lenda da música cubana Eliades Ochoa será a estrela musical do Ribadeo Indiano 2023. O concerto será o 9 de xullo ás 20:30 horas no barrio indiano de San Roque. O concerto foi presentado polos concelleiros de Desenvolvemento Local e Cultura, Pablo Vizoso e Pilar Otero, e pola presidenta e o xerente de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.  

Pablo Vizoso contou que “nesta oitava edición, a organización considerou necesario contar coa presenza dunha artista de talla internacional e que siga posicionando o Ribadeo Indiano como un referente turístico e cultural de primeira orde en todo o país. E deste xeito Concello de Ribadeo e Acisa decidimos convidar a Eliades Ochoa. É considerado un dos soneros cubanos máis importantes de todos os tempos, é un notable defensor da música tradicional cubana e  o mellor guitarrista da súa xeración...

leer más
10/05/2023

A Banda Municipal de Música de Ribadeo dedicará tres pezas do seu concerto das Letras Galegas ao compositor galego Rogelio Groba, recentemente falecido. Esta actuación será no Teatro ribadense este sábado, día 13, ás 20:30 horas.

O director da Banda de Ribadeo, David Ballester, explica: “seguindo coa programación da Banda de Música de Ribadeo, dadas as datas ás que nos achegamos, este sábado, día 13 de maio, ás oito e media da tarde no Teatro terá lugar o concerto das Letras Galegas. Nesta actuación a gran maioría das pezas van ser de temática galega ou de compositores galegos e dado que hai pouco, o pasado 31 de decembro, deixounos o mestre Groba queríamos ter un pequeno recoñecemento ao labor que fixo coa música galega, coa música de banda en especial; entón tres das obras que imos tocar son do compositor Groba e dúas delas van ser...

leer más
10/05/2023

O concelleiro de Cultura, José Díaz, convida a asistir ao concerto que Milladoiro ofrecerá este sábado, 13 de maio, en Burela. As entradas seguen á venda. 

O edil burelés contou que “este sábado, día 13 de mayo, vamos a poder disfrutar de un nuevo evento importante en nuestro auditorio: en este caso es la presencia de Milladoiro, que en estos ocho años que yo llevo al frente de Cultura no habían podido estar, aunque lo intenté en algunas ocasiones y no había podido ser. Pero esta vez sí que podremos disfrutar de ellos con un concierto que creo que va a ser un auténtico espectáculo porque es un grupo que lleva más de 40 años tocando, haciendo música y componiendo, con un estilo propio y que además fue fuente para otros muchos grupos que surgieron detrás de ellos. Así que es un concierto muy recomendable”.

José Díaz...

leer más
08/05/2023

Concerto do Grupo Tundal este venres, 12 de maio, ás 20:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura. 

Desde o Concello explican que “celebramos as Letras Galegas coa música tradicional do Grupo Tundal. Este nome sonoro serve para denominar un grupo de músicos que baixo o tundal do idioma e da música tradicional, alí onde sexa chamado fará música de rúa, tanto instrumental como cantada e que levará sempre no seu repertorio cantares de cego, romances, cantigas e pezas para seren bailadas”.

Etiquetas:
27/04/2023

Seguirá a música na Casa da Cultura do Vicedo o 5 de maio ás 20 horas coa actuación da Orquestra de Corda do Conservatorio Profesional de Viveiro, que será acompañada polo Coro de Nenos e Nenas do CEIP do Vicedo. 

A cita está organizada polo Concello do Vicedo, que conta coa colaboración das entidades participantes. 

 

23/04/2023

Volve a música á Casa da Cultura do Vicedo. Esta vez cunha actuación do grupo de Acordeonistas da Mariña que presentarán cancións moi coñecidas polo público e acompañadas pola correspondente percusión. 

Será o sábado 29 de abril ás 20:30 horas na Casa da Cultura. Desde o Concello convidan a asistir: "Animádevos a disfrutar da música en directo”. 

 

Etiquetas:
18/04/2023

Este próximo sábado, 22 de abril, Roi Casal, estreará a súa nova xira #AmbosMundos no municipio de Cervo.

Será cun concerto gratuíto na Praza dos Campos, de San Ciprián, que dará comezo  ás 22:30 horas.

 

Etiquetas:
17/04/2023

O Concello de Viveiro acolleu a presentación do concerto de Amigos do Folk e Brétema, unha iniciativa que se levará a cabo o domingo día 23 coa intención de achegar a música ás parroquias.

O Centro Social de Vieiro será o escenario, a partir das 18:00 horas, desta actividade organizada por Jesús Chao Da Silva, coa colaboración do Concello de Viveiro, a Asociación do alumnado Adulto do Conservatorio e o propio Conservatorio Profesional de Música de Viveiro. 

“Dende o Concello consideramos que a promoción da cultura en xeral, e da música en particular, é una prioridade dentro dos servizos que debemos ofrecer á nosa veciñanza”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro. 

“O Conservatorio de Música realiza un traballo exemplar dende hai moitos anos, por iso quixemos colaborar una vez...

leer más
29/03/2023

A Banda Municipal de Música de Ribadeo estreará tres marchas procesionais no concerto de Semana Santa que ofrecerá o 5 de abril, mércores, na igrexa parroquial de Santa María do Campo.

O director da Banda ribadense, David Ballester, anuncia que “chega o concerto de Semana Santa da Banda Municipal de Música de Ribadeo, que terá lugar o mércores 5 de abril ás 20:45 horas na igrexa parroquial de Santa María do Campo. Vai ser un repertorio todo de marchas procesionais, algunhas delas que xa interpretamos hai anos, pero tres das pezas que imos tocar están por primeira vez enriba dos atrís da Banda Municipal de Música de Ribadeo”.

David Ballester engade: “tanto desde a asociación Amadores da Música como desde a propia Banda queremos agradecer a colaboración da Confraría da Semana Santa de Ribadeo e dos párrocos da...

leer más
Etiquetas:
26/03/2023

O grupo musical Son´s Varadero, de Foz, ofrecerá unha actuación o día 31 de marzo, venres, no salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz.

Este concerto, organizado polo Concello de Alfoz, será a partir das 20:30 horas e con entrada de balde.

Son´s Varadero é unha agrupación musical que foi creada en Foz en 2017, está formada por seis compoñentes e no seu repertorio destacan os boleros, os pasodobres, a música folk e cancións populares.