Concerto

11/05/2018

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anunciou que “o cantautor galego Tino Baz ofrecerá un concerto no salón de actos do Concello de Lourenzá o sábado 19 de maio ás 20 horas. Tino Baz é un coñecido cantautor e músico de A Guarda (Pontevedra) que formou parte de grupos tan recoñecidos como A Roda e Treixadura. Actuou na clausura da primeira edición das Xornadas de Historia Local que se celebrou en xaneiro de 2017 na Fortaleza de Tovar”.

Este acto, que servirá para conmemorar o Día das Letras Galegas, está organizado pola Concellería de Cultura e subvencionado pola Deputación Provincial de Lugo a través do Plan Único.

 

Etiquetas:
09/05/2018

A Delegación de Cultura organiza varias actividades con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. O día 13 de maio terá lugar unha representación do grupo de teatro  O Bordelo, e o día 20 actuarán o Dúo Rosas e a Coral Polifónica de Barreiros. 

O grupo de teatro O Bordelo poñerá en escena Depende, unha obra cómico-costumbrista. A representación terá lugar este domingo, día 13, ás 19:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros.

As actividades da Concellería de Cultura de Barreiros con motivo do Día das Letras Galegas continuarán o 20 de maio con dúas actuacións musicais ás 19:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.

O Dúo Rosas ofrecerá un concerto de bandurria e guitarra. Esta formación está integrada por Julia María Dopico,...

leer más
Etiquetas:
09/05/2018

O Concello de Mondoñedo súmase á celebración do día de Europa a través da música. Con tal motivo terá lugar un concerto este mércores, 9 de maio, ás 12:00 horas, na Praza do Concello de Mondoñedo.

A Escola Municipal de Música de Mondoñedo xunto ao CEIP Álvaro Cunqueiro, o IES San Rosendo e o Centro Asistencial San Pablo e San Lázaro, interpretarán o himno de Europa, o himno da Alegría, un dos catro símbolos oficiais da Unión Europea.

 

Etiquetas:
08/05/2018

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto das Letras Galegas o sábado 19 de maio ás 20:30 horas no Cine Teatro. Nesta actuación debutarán catro músicos.

O director da Banda ribadense, David Ballester, anuncia que “chegadas estas datas de maio a Banda Municipal de Música de Ribadeo vai facer o seu tradicional concerto dedicado ás Letras Galegas. Será o sábado 19 de maio ás oito e media da tarde no Cine Teatro”.

David Ballester subliña que “debido a que é o concerto das Letras Galegas nós imos enfocalo, como non podía ser doutra maneira, con música galega, de temática ou de compositores galegos como poden ser Xoán Montes, Juan Lois Diéguez, David Fiuza ou Reveriano Soutullo, interpretando diferentes tipos de música desde pasodobres a muiñeiras e  habaneras. Creo que vai ser un...

leer más
Etiquetas:
07/05/2018

A Concellería de Cultura presenta na programación para este mes de maio, que xa daba comezo este pasado fin de semana, a actuación o vindeiro venres, día 11, do grupo Mofa e Befa. O sábado a Coral Polifónica de Burela ofrecerá un concerto para conmemorar o seu XXX aniversario e o domingo chegará un novo rastrillo popular solidario e o festival de música e baile de Ledicia. O Concello celebrará o Día das Letras Galegas con varias actividades, entre as que destacan o concerto que ofrecerán Xavier Díaz & Adufeiras de Salitre ás 19:30 horas na Casa da Cultura.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “tendremos este viernes la obra de teatro de Mofa e Befa que se llama Cránios privilexiados ou crítica da razón perralleira. Es una obra humorística. Mucha gente conoce a Mofa e Befa entonces suponemos que tendrá una buena respuesta....

leer más
Etiquetas:
07/05/2018

A aula de percusión da Escola Municipal de Música de Burela ofrecerá un concerto este mércores, día 9, ás 19:00 horas, nas instalacións da propia Escola. A entrada é libre e gratuíta.

O director da Escola, Xan Carballal, salienta que “se tocarán unha serie de pezas clásicas e modernas de distintos niveis, abarcando tanto cancións populares, francesas, inglesas, etc…, como de autores de prestixio, é o caso de Offenbach e Michael Jansen, entre outros”.

As pezas estarán interpretadas polos alumnos Mateo Medina Álvarez, Xabier Diz Expósito, Noel Cayón Meitín, Julia García Ramil, David Pita Pernas, Franklin Olaya Saavedra e Pedro Balseiro Santos.

 

Etiquetas:
26/04/2018

Este sábado, 28 de abril, celébrase en Foz un concerto a cargo do grupo de música infantil A Banda dos Cueiros, que terá lugar na Sala Bahía ás 12:30 horas.

Este grupo fai música para pícaros e pícaras de 0 a 8 anos, e naceu ao abeiro de Espazo Lector en Gondomar.

A actuación está organizada pola ANPA da Escola de Música de Foz, en colaboración coa profesora de Música e Movemento da Escola. Os grupos de nenos e nenas que cursan esta asinatura van participar tamén no concerto, acompañando nun par de cancións á agrupación.

 

Etiquetas:
25/04/2018

Dentro das actividades programadas para este curso e incluídas nos actos conmemorativos do 20º aniversario da fundación da Escola Municipal de Música de Burela, a aula de chelo, formación básica, violas e coro infantil ofrecerán mañá, xoves 26 de abril, ás 19:00 horas na sede do centro un concerto de alumnos destas especialidades.

Anunciouno o director da escola de música, Xan Carballal, quen especificou que neste concerto interpretarán obras de Suzuky, Mozart e Mendelsohn, entre outros compositores.

Neste acto participarán 40 alumnos con idades comprendidas entre os catro e os 16 anos.

15/04/2018

A edil de Cultura, Dolores García Caramés, e o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, presentaron xunto coa artista mariñá Lara o concerto que vai ofrecer a que fora recanteira no Luar o vindeiro sábado, 21 de abril, no Auditorio da Casa da Cultura. 

A cita será ás 20:00 horas e a entrada é libre.

 

Etiquetas:
08/04/2018

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto anunciou que a Deputación desenvolverá unha programación cultural coa que o musicólogo sarriano Abraham Cupeiro realizará 20 accións en 16 Concellos da provincia, para amosar o seu traballo de recuperación de instrumentos ancestrais. “Trátase dunha programación que inclúe actuacións nos Concellos de Viveiro, Chantada, Monforte de Lemos e Vilalba, onde ofrecerá concertos abertos ao público en xeral. Ademais, realizará 16 concertos didácticos en centros educativos da provincia, serán concertos pedagóxicos, no que viaxará cos escolares ao pasado máis remoto a través dos instrumentos de vento”, sinalou a Deputada.

García Porto avanzou que “con esta iniciativa damos a coñecer a nosa gran riqueza musical e as nosas tradicións, empregando unha gran colección de máis de 200 instrumentos de Cupeiro, que van...

leer más