Concerto

Etiquetas:
17/07/2022

O Concello de Viveiro organiza o próximo 9 de agosto, dentro da programación das festas patronais, un concerto da Banda de Música Municipal O Landro con Serafín Zubiri.

O concello continúa adiantando a programación das festas con este concerto tan especial, que servirá para rendir un tributo a Nino Bravo, con versións das súas mellores cancións.

O evento será ademais un concerto inclusivo, coa posibilidade de que as persoas xordas empreguen mochilas vibratorias para gozar da cita musical. 

“Será unha cita moi especial, na que unha vez máis buscamos que a cultura tamén sexa accesible para as persoas con diversidade funcional”, explica a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.

 

Etiquetas:
22/06/2022

A mexicana Lila Downs ofrecerá un concerto na vila o vindeiro 10 de xullo. Enmárcase dentro da programación do Ribadeo Indiano 2022. Lila Downs é unha das voces máis poderosas e singulares que existen no panorama musical mundial hoxe en día, gañou un Grammy en 2013 e conta con 6 Grammys Latinos. Ten compartido escenario e gravado discos con Chavela Vargas, Carlos Santana, The Chieftains ou Natalia Lafourcade, entre outros. O concerto foi presentado polo Concello e por Acisa. 

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, dixo que “nesta VII edición, que ten como protagonista á muller na emigración, a organización do evento considera necesario contar coa presenza dunha artista internacional, que siga posicionando o Ribadeo Indiano como un referente turístico-cultural de primeira orde en todo o país. Así, Concello de Ribadeo e Acisa decidiron...

leer más
Etiquetas:
14/06/2022

O trío galego Tanxugueiras abrirá o próximo domingo en Cervo os Concertos do Xacobeo na provincia de Lugo, que ao longo dos vindeiros meses achegarán a distintos concellos artistas de primeiro nivel con diferentes estilos musicais.

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou hoxe na presentación do programa, que arrinca ás 21.00 horas na praza dos Campos de San Cibrao co espectáculo que ofrecerán as cantareiras Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro dentro da súa xira Midas. 

Antes subirá ao escenario o dúo galego integrado por Laura LaMontagne & Pico Amperio, que na súa proposta artística mesturan música medieval galaico-portuguesa, ambiente hip-hop e poesía.

O acceso será libre e gratuíto. Arias apuntou que se escolleu un espazo aberto con facilidades de acceso “...

leer más
Etiquetas:
10/06/2022

O sábado, 11 de xuño, a asociación músico cultural SON`S VARADERO de Foz ofrecerá un concerto en Trabada. A partir das 21:00 horas na Casa da Cultura os asistentes gozarán deste espectáculo musical no que haberá habaneras, pasodobres, boleros...

Desde o Concello sinalan: “esperámosvos a todas e todos para vivir unha noite de música e baile”. 

Etiquetas:
26/05/2022

O Concello de Viveiro traballa no programa das festas de San Roque, tras dous anos limitadas pola pandemia. E comeza a anunciar o programa das Patronais, que se celebran a mediados do mes de agosto con motivo do San Roque. 

O concerto principal das festas deste ano será o ofrecido por Mikel Erentxun, un dos artistas máis consolidados no panorama da música en España. O seu concerto será na Praza Maior de Viveiro o 15 de agosto. 

“O noso propósito é recuperar este ano as festas de San Roque ao máximo, tras dous anos de limitacións por mor da pandemia. Agardamos que a cidadanía e os visitantes gocen programación na que traballamos e que pronto anunciaremos ao completo”, sinala María Loureiro, alcaldesa de Viveiro. 

Ademais, co obxectivo de apostar pola música feita en Galicia o 13 de agosto...

leer más
22/05/2022

O conxunto músico vocal Escolma de Meus ofrecerá un concerto o 28 de maio ás nove da noite do auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo. Os asistentes poderán gozar de habaneras, boleros e música cubana, entre outras pezas. 

A actuación está organizada polo Concello de Mondoñedo. 

 

Etiquetas:
20/05/2022

Este domingo, 22 de maio, terá lugar unha nova actuación en Cervo dentro do ciclo cultural A Caixa da Música, que promove a Delegación de Cultura que dirixe Dolores García Caramés.

Verónica Cambón actuará a partir das 13:30 horas na Praza do Souto. 

Etiquetas:
19/05/2022

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle este sábado, 21 de maio, o espectáculo Apiazzolados a cargo de Malajunta Tango Dúo. O concerto dará comezo ás 20:30 horas e a entrada será de balde.

O grupo está composto por Martín Bucki e José Luis Álvarez ao piano&saxofón e acordeón.

Etiquetas:
10/05/2022

Os Acordeonistas da Mariña actuarán este domingo, 15 de maio, ás 13:30 horas, na Praza dos Campos, en San Ciprián, dentro do programa " A Caixa da Música", que promove todas as semanas o Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, que dirixe Dolores García Caramés. 

 

09/05/2022

O Concello de Cervo, en colaboración coas asociacións Airiños do Xunco e AA.MM.RR. As Espalladoras, programa unha completa axenda lúdica-cultural para todos os públicos con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o 17 de maio.

O prato forte, tal e como sinalou o rexedor Alfonso Villares, será o concerto do músico, compositor e cantante, Roi Casal, que este mesmo mediodía se desprazou ata Cervo para presentar a actuación na Praza do Souto, en compañía do rexedor, da edil de Cultura, Dolores García Caramés e dunha representación da asociación Airiños do Xunco, que participa na organización dos diferentes actos.

A cita que forma parte da xira “descubrindo a Habana galega” será o mesmo 17 de maio, ás 19:00 horas, na fábrica de cerámica de Sargadelos; a entrada é libre.

O espectáculo...

leer más