Concerto

Etiquetas:
28/01/2022

A Casa da Cultura de Burela acollerá un concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre o 19 de marzo ás 20:00 horas.

Nesta actuación presentarase o terceiro álbum do grupo, titulado As catedrais silenciadas, que é quizais a obra que mellor reflicte a esencia do encontro de Xabier Díaz coas Adufeiras e probablemente a que explora os límites deste formato con máis profundidade. 

As catedrais silenciadas son os vellos soutos milenarios, o idioma, os alalás, os nomes dos cons, as vacas ou as vellas ribeiráns. Un disco que está a cultivar os mellores datos históricos para o proxecto Tres meses consecutivos no Top Ten do World Music Charts Europe e a entrada na sección Top of the World da prestixiosa revista Songlines (númerode agosto-setembro de 2021) na que os editores escollen os dez mellores discos de cada mes...

leer más
Etiquetas:
31/12/2021

O grupo de voces Sons de Celeiro actuará este domingo, 2 de xaneiro, ás 17:00 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.

A entrada a este concerto é gratuíta, pero a reserva é imprescindible para asignar o número de butaca. Pedirase certificado covid na entrada.

A reserva de entradas pódese facer no teléfono 982 560 162 ou no e-mail rbg.cultura@viveiro.es.

Organiza o Concello de Viveiro. 

Etiquetas:
27/12/2021

Debido á evolución da pandemia de Covid a asociación Amadores da Música e a dirección da Banda Municipal de Música de Ribadeo decidiron cancelar o concerto Aquí como en Viena, que estaba programado para mañá, martes, no auditorio Hernán Naval.

O director da Banda ribadense, David Ballester, anunciou: “moi ao noso pesar, a asociación Amadores da Música e a dirección da Banda Municipal de Música de Ribadeo decidimos cancelar o concerto Aquí como en Viena previsto para mañá, debido á situación actual que está atravesando o noso concello. Consideramos que é o máis prudente e o máis lóxico nestes momentos porque o primeiro de todo é a seguridade dos músicos e do público, co cal tomamos esa decisión”.

David Ballester engadiu que “isto non quere dicir que non poidamos celebrar o concerto máis adiante, esperando que esta...

leer más
Etiquetas:
25/12/2021

A organización anuncia o adiamento do concerto de La Porteña Tango.

A actuación ía ter lugar este domingo, 26 de decembro, e adíase por causas alleas ao Concello de Ribadeo. Segundo comunica a organización a cancelación do espectáculo débese a problemas derivados da situación sanitaria da pandemia de Covid e lamenta ter que aprazar o espectáculo.

O concerto de La Porteña Tango queda aprazado ao 2 de abril de 2022 e terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 20:00 horas.

As persoas que tiveran adquirido entradas para este vindeiro domingo teñen a opción de mantelas para a nova data ou solicitar a devolución do importe das mesmas, para o cal desde a organización se poñerán en contacto con elas.

Etiquetas:
21/12/2021

A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto de Nadal, titulado Aquí como en Viena, o vindeiro martes, día 28 de decembro, ás 20:30 horas no auditorio Hernán Naval. A entrada é de balde ata completar o aforo, pero para asistir é obrigatorio presentar o certificado de vacinación contra o coronavirus.

O director da Banda ribadense, David Ballester, anunciou que “chegadas as datas do Nadal temos, como non podía ser menos, o concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo Aquí como en Viena, que celebraremos o martes 28 de decembro ás oito e media da tarde no auditorio Hernán Naval. Vai ser un concerto con dúas partes: a primeira un pouco máis lúdica e amena, con obras que seguramente coñeza bastante o público asistente; e unha segunda parte dedicada a Viena, con polcas e valses típicos, que se soen interpretar...

leer más
Etiquetas:
20/12/2021

O Concello de Cervo programa un concerto de Nadal que se celebrará este martes, 21 de decembro.

Este concerto correrá a cargo da Orquestra de Corda do Conservatorio de Viveiro e terá lugar no auditorio da Casa da Cultura, a partir das 20:30 horas.

A actuación inclúese no ciclo A Caixa de Música, organizado pola delegación de Cultura do Concello de Cervo, que se iniciaba o pasado mes de outubro e que ofrece diversos concertos de música clásica e de bandas en diferentes puntos do municipio.

 

Etiquetas:
16/12/2021

O Concello de Cervo programa un concerto de Carlos Mariano que se celebrará este sábado, día 18 de decembro, ás 20:30 horas na praza do Souto.

O cantante presentará Las canciones de tu vida, un repaso aos éxitos nacionais das últimas décadas.

Esta actuación inclúese no ciclo O Son do Nordeste, organizado pola área de Cultura do Concello de Cervo. Haberá un sistema de calefacción baixo a carpa do Souto.

 

Etiquetas:
25/11/2021

O Concello de Cervo programa para este domingo, 28 de novembro, o concerto que ofrecerá a Orquestra de Corda do Conservatorio de Viveiro. A actuación terá lugar na Praza dos Campos de San Ciprián ás 13:30 horas.

Este concerto inclúese no ciclo A Caixa de Música que o Concello de Cervo inauguraba o pasado mes de outubro e que se desenvolverá, en diferentes puntos do concello, con varias actuacións de música clásica e de bandas ao longo dos vindeiros meses. Este ciclo pretende ser un programa dirixido a toda a familia polo que os concertos celebraranse en fins de semana e festivos á hora do mediodía.

 

22/11/2021

A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o mércores, 24 de novembro, ás 20:00 horas no Auditorio Hernán Naval o seu tradicional concerto na honra de Santa Cecilia, patroa dos músicos. Esta será a primeira actividade que realiza neste curso escolar.

Polo escenario pasarán alumnas e alumnos da Escola que interpretarán obras que van desde Piazzolla ata música popular galega. Agrupacións de vento, tecla, danza, entre outros, dan forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto.

Esta actuación é a previa do gran festival de Nadal que a Escola celebrará o vindeiro 18 de decembro no Auditorio Municipal Hernán Naval e no que participará a maioría do alumnado do centro.

 

Etiquetas:
19/11/2021

O Concello de Cervo organiza o concerto de Los Alcántara que se celebrará este sábado, 20 de novembro. A actuación terá lugar na praza do Souto, ás 21:00 horas.

Este concerto forma parte do ciclo O Son do Nordeste que levará, ata o vindeiro mes de decembro, varias actuacións de grupos con diferentes estilos de música en distintos emprazamentos do concello.

Los Alcántara ofrecen versións de cancións españolas das décadas dos 60 e os 70.