Escolas
As Escolas Deportivas de Barreiros fixeron a súa presentación da nova temporada no día de onte, 28 de setembro, no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro e na que estiveron presentes o alcalde, Alfonso Fuente Parga, o concelleiro de Deportes, Adrián Blanco e os monitores deportivos.
As modalidades deportivas (7) que se ofertan para esta temporada 2017-2018 son as seguintes:
Xogos Predeportivos: Martes de 14:30 – 15:30 horas no Ceip de San Miguel
Multideporte: Martes de 16:45 – 18:00 horas
Patinaxe: Martes de 16:30 – 19:30 horas
Natación: Xoves de 17:15 – 18:00 horas
Fútbol Sala Biberón: Luns e Mércores de 16:45 – 17:45 horas
Fútbol Sala Prebenx.: Mércores de 17:45 – 18:45 e Venres de 16:45 – 17:45 horas
Fútbol Sala Benxamin: Martes de 18:30 – 20:00 e Venres de 17:45 – 18:45...
As Escolas Deportivas do Concello de Cervo, arrincarán o novo curso o vindeiro luns 2 de outubro; con quince modalidades deportivas diferentes.
A nova tempada foi presentada na Casa da Cultura, polo edil de Deportes, José Ramón Soto, a de Xuventude, Dolores García Caramés, e a representante de IG10 Carolina Villalba; nun acto aberto ao público pensado para resolver dúbidas, establecer horarios, e poñer en común aquelas consideracións que os usuarios estimasen oportunas.
De feito, tal e como sinalou Soto; “decidimos ampliar o prazo de inscrición porque tal e como nos comentaron algunhas familias, hai nenos interesados en configurar novos equipos en disciplinas como o voleibol, polo que daremos esa marxe para tentar formar grupo e programar así novas clases”.
En concreto, hai varios nenos e...
leer másO novo curso das escolas deportivas municipais de Foz será presentado mañá, martes, cun acto que se desenvolverá na Casa da Cultura ás seis da tarde. As actividades comezarán o día 2 de outubro, luns, e rematarán o 31 de maio.
Nas escolas deportivas municipais focenses poderán participar todos os alumnos nados entre os anos 2012-2002 (ambos inclusive). Deberán entregar unha fotocopia da tarxeta da seguridade social, adxunta coa ficha.
As cotas de inscrición para as actividades son as seguintes: 15 euros ao mes para os nenos/as que vaian a unha actividade; 17 euros ao mes para os nenos/as que vaian a dúas ou máis actividades. As familias numerosas terán un desconto do 50 por cento.
As fichas de inscrición entregaranse na Casa da Xuventude.
Do 18 ao 29 de setembro estará aberto o prazo de matrícula nas 14 escolas deportivas municipais de inverno, que organiza o Concello. Como novidade incorpórase xadrez “co club recentemente creado en Ribadeo”, segundo subliña o edil de Deportes, David Rivas.
As modalidades que se impartirán desde setembro e ata maio e xuño do 2018 serán fútbol, fútbol sala, karate, patinaxe, natación, rugby, atletismo, tenis, baloncesto, ximnasia rítmica, tenis de mesa, pádel, hoquei liña e xadrez.
O pagamento da matrícula, 60 euros por escola, poderase efectuar ata o 16 de outubro na conta corrente que o Concello ten aberta en Caixa Rural, poñendo no concepto Matrícula escola deportiva e o nome d@ matriculad@. O resgardo debidamente cumprimentado será entregado na Casa da Xuventude. A falla do ingreso suporá a baixa na/s escola/s...
leer másA Concellería de Deportes presentou hoxe as escolas deportivas municipais de inverno que darán comezo o 2 de outubro. Haberá tenis, tenis de mesa, bádminton, patinaxe lúdico, patinaxe artístico e como novidade zumba kids. O prezo de cada actividade é de 6 euros ao mes. As fichas de inscrición deberán entregarse entre os días 25 e 28 deste de setembro.
O concelleiro Ramiro Fernández Rey anunciou que “procedemos á presentación das escolas deportivas municipais de Burela para este inverno 2017-2018. Dentro das actividades que propoñemos temos tenis, tenis de mesa, bádminton, patinaxe lúdico, patinaxe artístico e zumba kids”.
O edil de Deportes explicou que “algunha destas actividades vai dalas o noso propio técnico municipal, Iván Cao, e van ser as de tenis, tenis de mesa, bádminton e patinaxe lúdico. Despois vai...
leer másO Concello de Cervo vén de abrir o prazo de inscrición para as actividades da nova tempada das Escolas Deportivas Municipais que arrincará o vindeiro 2 de outubro.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, achegáronse ata o CEIP Cervo Nº1 para facerlles entrega aos pequenos dos manuais que conteñen toda a información relativa ás actividades e o impreso para formalizar a inscrición que debe ser entregada na Casa da Cultura,na Casa do Concello ou na Casa do Mar.
Villares e Soto animaron aos nenos a que formen parte un ano máis das Escolas Deportivas que cada ano gañan adeptos “tendo en conta os máis de 200 usuarios, nenos e maiores, que participaron na pasada edición”.
Soto destacou que a oferta das Escolas Deportivas Municipais do Concello de Cervo, que...
leer másA ACD Xove abre o prazo de inscrición das Escolas Deportivas e Culturais para a tempada 2017-2018.
A asociación lembra que se pode descargar a folla na páxina de facebook, www.facebook.com/ACD XOVE/, e mandala por correo electrónico, entregala no buzón da ACD. Xove no pavillón ou na piscina municipal de Xove, ou ben facer a inscrición vía online a través da nova páxina web que estará operativa a partir do día 11 de setembro. A asociación comunica que aqueles que non se poidan inscribir por ningún deste medios teñen a opción de recoller a folla na piscina municipal e facer a súa entrega alí mesmo. A data tope de inscrición é o día 20 de setembro.
A ACD Xove oferta dez escolas deportivas nas modalidades de fútbol sala, baloncesto, patinaxe artística, karate, atletismo, tenis...
leer másXa están a disposición dos interesados os tíckets para acudir á XXI Clausura Oficial Edición Das Escolas Deportivas,que será o vindeiro 27 de maio ás 22:00 horas cunha gran cea na Feira Nova.
Os nen@s estarán invitados (os tíckets distribuiranse nos adestramentos) e para as familias están á venda en Morrigan e Neli. Os tíckets de adulto terán un prezo simbólico de 10 euros e os nenos pequenos que non formen parte das Escolas 5 euros. O prazo para a retirada dos mesmos será o 25 de maio.
Mañá, martes, ábrese o prazo de inscrición nas escolas deportivas de verán 2017 do Concello de Ribadeo, que nesta edición ofertan como novidade rugby praia. Están destinadas a rapaces/as nad@s entre 2002 e 2009. O concelleiro de Deportes, David Rivas, subliña que “o prezo de cada escola segue sen subir e mantense nos 40 euros”.
Nenas e nenos ribadenses poderán gozar este verán de actividades como pesca deportiva, piragüismo, remo, surf, vela e rugby praia. Rivas explica que “o prazo de matrícula estará aberto desde mañá ata o inicio da escola ou fin de prazas. Pode facer na Casa da Xuventude de luns a venres de 9 a 14 horas e os xoves de 16 a 19 horas”. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao seguinte teléfono 982 129 889, ao correo deportes@ribadeo.org ou ao perfil de...
leer más- « primero
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- siguiente ›
- última »