Feiras

Etiquetas:
17/09/2018

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Presidente da Comisión das Feiras e Festas das San Lucas, Miguel Souto Cabana deron conta, este luns, no Pazo de San Marcos, do convenio de colaboración entre as dúas entidades para promocionar as Feiras das San Lucas de Mondoñedo. Celébranse dende o ano 1.156 e están consideradas as máis antigas de Galicia e unha das mais antigas de Europa. Comezan o día 17 e rematan o 21 de outubro. Esta colaboración supón un investimento de 20.000 euros por parte do organismo provincial, convertendo así á Deputación no principal patrocinador desta cita.

Campos Conde remarcou que “dende o Executivo Provincial é un autentico privilexio promocionar unha feira con tanta tradición, xa que conta con 862 anos de historia, e esta considerada unha das mais antigas de Europa. E facémolo co obxectivo depromover,...

leer más
Etiquetas:
23/08/2018

A Asociación As San Lucas, organizadora das Feiras e Festas máis antigas de Galicia, xunto á alcaldesa da localidade, Elena Candia, avanzan algunha das actividades que inclúe o programa de As Lucas 2018, entre as que se atopa a celebración dun dos principais espectáculos de doma nocturna, o primeiro que se alberga en Galicia.

O presidente da Asociación, Miguel Souto, destaca que este espectáculo desenvolverase “na feira máis antiga de Galicia e no marco incomparable da Praza da Catedral, en fronte do monumento declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco”. Souto defíneo como “un espectáculo único”, que chega da man do domador JavierSimon, encargado da parte relativa aos  leds, equifire e á alta escola de fantasía e na que participarán oito cabalos. Ademais, esta maxestosa actuación contará coa exhibición de doma en liberdade de...

leer más
Etiquetas:
21/01/2018

Regal Cerámica participa estes días nas Feiras Expohogar Primavera, en Barcelona; en Maison & Objet, de París; en Intergift, en Madrid; e en Formex, en Estocolmo.

Desde Regal Cerámica indican que “expoñemos novidades feitas en Regal Cerámica, co catalogo modificado de forma considerable, reducindo algúns modelos da súa produción, así como a presentación dunhas 100 deseños novos, modificando tamén os acabados finais incluíndo color en todas as pezas (en alta temperatura) azul, azul turquesa, verde, laranxa… Tamén empregando a colección de cerámica utilitaria, novas vaixelas, xogos de te, xogos de café, complementos de mesa, etc”. 

E explican: “cabe destacar que na feira de Paris, na que levamos participando 13 anos consecutivos, e onde facemos os contratos de exportacións, en pequenas cantidades dado que a nosa...

leer más
Etiquetas:
05/10/2017

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Presidente da Comisión das Feiras e Festas das San Lucas, Miguel Souto Cabana, asinaron no Pazo de San Marcos, o convenio de colaboración entre as dúas entidades para promocionar as Feiras das San Lucas de Mondoñedo. Celébranse dende o ano 1.156 e están consideradas as máis antigas de Galicia e unha das mais antigas de Europa. Comezan o día 17 e rematan o 22 de outubro. Esta colaboración supón un investimento de 20.000 euros por parte do organismo provincial, convertendo así á Deputación no principal patrocinador desta cita.

Campos Conde remarcou que “dende o Executivo Provincial colaboramos con esta cita co obxectivo depromover, recuperar e revalorizar as tradicións locais como sinais de identidade e atractivo da provincia. Facémolo no marco do 1º Plan Estratéxico de Turismo de Lugo, que...

leer más
Etiquetas:
24/09/2017

O escritor e xornalista Miguel-Anxo Murado será o pregoeiro das Feiras e Festas da San Lucas 2017, segundo anunciou hoxe o presidente da asociación organizadora, Miguel Souto, quen puxo de manifesto “o orgullo que supón para nós que Miguel-Anxo Murado, unha persoa ligada dende a súa infancia a nosa cidade, aceptase o noso convite para pronunciar este ano o pregón das feiras máis antigas de Galicia”.

Miguel-Anxo Murado (Lugo, 1965) é autor dunha obra que inclúe novelas, libros de relatos, poesía, teatro e ensaio. Entre os seus libros de ficción destacan Ruído ou O Soño da Febre, e entre os seus ensaios o volume Outra Idea de Galicia, unha reflexión sobre o país. Antigo correspondente do diario El Mundo en Oriente Medio, na actualidade é columnista e comentarista de política internacional en La Voz de Galicia e na prensa británica e...

leer más