Libro

Etiquetas:
17/08/2017

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, o Alcalde de Burela, Alfredo Llano García, e o Concelleiro de Cultura, José Díaz, presentaron nos xardíns do Pazo de San Marcos a programación de actividades que Goberno de Deputación e Concello levan a Burela dende o 25 ao 27 de agosto no marco da III edición da Feira do Libro burelense.

O Executivo Provincial colabora co municipal na celebración desta iniciativa a través dun investimento de 8.000 euros, que permitirán a organización de novas actividades ao longo deste ano. Con cargo a este orzamento, a feira do libro de Burela contará con 10 stands doutras tantas librerías, 14 actividades para persoas de todas as idades, como presentacións e sinaturas de libros, entre outras; así como contacontos para os cativos, ademais dos concertosde Luar na Lubre e do cuarteto de jazz municipal. 

... leer más
Etiquetas:
16/08/2017

Este mediodía presentouse a Feira do Libro de Foz, que se inaugurará mañá, xoves. Hoxe dá comezo unha nova edición de Foz Market, feira que se prolongará ata o domingo 20. Ademais esta fin de semana en Foz terá lugar o festival de música electrónica Tentacle Summer, e o sábado e o domingo celebraranse o Festival do Emigrante, en Vilaronte, e a Feira de Gando en Cangas.

O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, anunciou que “hoxe é un día de presentación dun fin de semana totalmente cargado de actividades de todo tipo: lúdicas, festivas e tamén culturais, como é o caso da Feira do Libro, que presentamos este mediodía. Hai que agradecer á federación de libreiros a súa organización e o Concello colabora no financiamento desta feira, que é moi importante para nós pois cobre un espazo dentro da cultura e do verán e encaixa perfectamente dentro...

leer más
Etiquetas:
14/08/2017

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, acompañadas doutras autoridades, inaugurarona XXI Feira do Libro de Viveiro, situadas nos Xardíns de Noriega Varela. Esta edición estará aberta ata o 16 de agosto.

O Goberno da Deputación realiza unha achega de 3.000 euros para a celebración da Feira do Libro de Viveiro, así como das que se celebran na provincia, en colaboración coa Federación de Libreiros de Galicia, co obxectivo de apoiar e impulsar o sector editorial na provincia de Lugo.

García Porto remarcou que “con esta Feira, achegamos a literatura á cidadanía, contribuímos ao impulso do noso idioma, como principal elemento da identidade galega, e fomentamos o hábito lector entre pequenos e maiores. Ademais avanzou que a Deputación tamén instalará un stand con...

leer más
Etiquetas:
05/08/2017

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, presentaron a XXI Feira do Libro de Viveiro, que terá lugarnos Xardíns de Noriega Varela, do sábado 12 de agosto ao mércores 16, en xornada de mañá e tarde. Fixérono acompañadas pola Coordinadora Xeral da Federación de Libreiros de Galicia, Nani Regueira, e a representante dos Libreiros de Viveiro, María del Carmen Lage.

O Goberno da Deputación realiza unha achega de 3.000 euros para a celebración da Feira do Libro de Viveiro, así como das que se celebran na provincia, en colaboración coa Federación de Libreiros de Galicia, co obxectivo de apoiar e impulsar o sector editorial na provincia de Lugo.

García Porto subliñou que “unha vez máis, colaboramos con este tipo de iniciativas que 
que achegan á cidadanía unha parte...

leer más
Etiquetas:
02/08/2017

A libraría Bahía, de Foz, acollerá este sábado, 5 de agosto, a partir das 11:00 horas, a presentación de “Un máis”, o novo álbum ilustrado de Olalla González e Marc Taeger, publicado por KALANDRAKA e dirixido a primeiros lectores.

Trátase dunha historia protagonizada por unha familia de coellos que vai medrar coa chegada dun bebé. O relato céntrase na curiosidade do personaxe principal, un pequeno coello, polo tempo que tardará en nacer o seu irmán ou irmá; unha dúbida que lle traslada de xeito insistente non só á súa nai, senón tamén a outros habitantes do bosque. Mentres, o coelliño imaxina os xogos que poderán compartir xuntos.

 

Etiquetas:
21/07/2017

O Goberno local agradeceu hoxe que o calendario de Feiras do Libro de Galicia incorpore este ano á cidade de Mondoñedo, que acollerá a celebración da súa Feira do Libro a vindeira semana, en concreto, os días 24, 25 e 26 de xullo, durante os que se desenvolverá un programa de actividades a través do que se acerca a lectura á cidadanía, ao tempo que se presentarán novidades editoriais dentro dun contexto de ocio con actividades para os maiores e os máis pequenos.

A voceira do Goberno local, Ángeles Rodríguez, participou esta mañá no acto de presentación deste encontro feiral que chega a Mondoñedo o luns, martes e mércores e que, segundo explicou, “os autores, creadores, libreiros e amantes da lectura terán como punto de encontro un dos enclaves máis prezados da nosa localidade, a rúa da Fonte, onde se localiza a nosa Fonte Vella, da que...

leer más
Etiquetas:
26/06/2017

Entre os días 30 de xuño e o 2 de xullo terá lugar en Ribadeo a cuarta edición da Feira do Libro, que foi presentada hoxe no Concello. Nesta cita terán un papel moi importante os autores e autoras locais e da comarca como Eva Mejuto, Daniel Cortezón, Suso Peña, Miguel Sande ou Santiago Jaureguízar, entre outros. Haberá ademais actuacións da Escola Municipal de Música e Danza, de Ribadeo, e do grupo de teatro Ollomao, de Barreiros. A feira contará con 11 casetas das que 2 son institucionais e 6 de libreir@s de Ribadeo.

O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, salientou que “un ano máis a festa dos libros, a festa da lectura, convócanos en Ribadeo, imos xa pola cuarta edición da Feira do Libro de Ribadeo neste ano 2017. Como sempre ten lugar no Parque de San Francisco e nesta ocasión será os días 30 de xuño, venres, e máis o sábado 1 e...

leer más
Etiquetas:
22/06/2017

A III Feira do Libro de Burela, que se celebrará dos días 25 ao 27 de agosto, terá como pregoeira á escritora Marica Campo. Esta ano a feira presenta como novidade a celebración dun concerto inaugural, que ofrecerá o grupo Luar na Lubre. 

O concelleiro de Cultura, José Díaz, contou que “la próxima Feria del Libro será ya la tercera. Era un evento que llevábamos en nuestro programa porque nos parecía casi lamentable que la única población importante de A Mariña que no tenía feria del libro fuera Burela. En 2015 hicimos la primera un poco contrarreloj, ya que acabábamos de llegar al equipo de gobierno, la segunda con más tiempo y más rodada, y la tercera ya queremos consolidarla”.

O edil socialista dixo que “mantenemos como fecha el último fin de semana de agosto que está libre de ferias del libro en A Mariña, será...

leer más
Etiquetas:
06/06/2017

O Centro Cívico de Xove acolle o sábado, 10 de xuño, a presentación da última novela de Rita Morrigan, seudónimo da escritora xovense Lucía Sánchez Meitín, La luna en tus manos.

Lucía Sánchez Meitín é a recente gañadora do VII Premio Vergara de Novela- El rincón de la novela romántica. A presentación, que dará comezo ás 19:30 horas, está aberta aos amantes da boa literatura e a todo o público en xeral.

 

Etiquetas:
05/06/2017

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza para este venres, 9 de xuño, a presentación do libro titulado O monte galego e mariñán. Caos ou aproveitamento multifuncional?. O acto ten lugar na Librería Bahía de Foz a partires das 20:30 horas.

O obxectivo desta actividade é promover un debate sobre a situación do sector forestal na Mariña e en Galiza. No acto participarán Alberte Blanco Casal, coordinador do libro e Director Xeral de Montes entre 2005 e 2009, Bernardo Valdés, autor dun dos capítulos e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, e Ramón Reimunde Noreña, presidente de Produtores de Madeira de Galiza (PROMAGAL).

A Pomba do Arco quere convidar ao público a participar neste acto no convencemento da importancia que o sector forestal ten para as veciñas de Foz e da Mariña, e da necesidade de...

leer más