Lourenzá

Etiquetas:
19/01/2024

A Casa dos Veciños da parroquia de Santo Adrao, no concello de Lourenzá, acollerá unha actividade sobre os entroidos de antes titulada “Tempo de faruleiros”. Será este domingo, 21 de xaneiro, ás 17:30 horas. Está organizada pola Asociación Patrimonio Laurentino e pola Asociación de Veciños San Adriano.

Os organizadores anuncian: “agora que remataron as festas de Nadal e o Entroido peta xa á porta, imos ter esta actividade tan bonitiña en colaboración coa Asociación de Veciños da parroquia de Santo Adrao. Lembraremos coa xente máis maior como eran os entroidos de antes e contaremos tamén con Xosé Manuel Seixas, un dos maiores especialistas en máscaras e entroidos tradicionais de Galicia. Comeza o tempo dos faruleiros e das faruleiras. Animádevos”.

 

Etiquetas:
12/01/2024

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta polo Camiño Natural do Cantábrico, desde o porto de Burela ata San Cibrao (Cervo), para o 21 de xaneiro, domingo. A distancia a percorrer son 12,5 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán no restaurante O Noso Lar, de San Cibrao.

A saída será ás 09:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20:00 horas do 17 de xaneiro, chamando aos teléfonos 619.82.87.84 ou 619.37.80.29. O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son. 

O colectivo organizador explica: “imos inaugurar o noso calendario de camiñadas de 2024. Como vén sendo habitual nos últimos anos, xaneiro é o mes escollido para ir completando tramos do Camiño...

leer más
Etiquetas:
08/01/2024

O Concello e a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL) anuncian que “o tradicional desfile de Domingo de Piñata de Lourenzá trasládase para o 25 de febreiro, con carácter excepcional. Este cambio na data ven motivado pola celebración das eleccións autonómicas que terán lugar o 18 de febreiro, coa finalidade de garantir un bo funcionamento de ambas xornadas. Esta modificación só afectará a este ano e nos vindeiros seguirá celebrándose na súa data habitual, igual que sempre”.

03/01/2024

O Multiusos Ponte de Cuñas, de Vilanova de Lourenzá, acollerá un evento cultural este domingo, 7 de xaneiro, ás 18:30 horas para conmemorar o 111 aniversario do nacemento de Francisco Fernández del Riego.

O cartel deste acto, titulado “Soa don Paco”, inclúe actuacións da Banda de Música de Foz, Pepe Peinó, Felipe Sánchez e a Asociación Cultural Osorio Gutiérrez.

A organización do evento explica que “o 7 de xaneiro de 1913, cando xa ían de retirada os Reis Magos, nacía en Vilanova de Lourenzá o naipelo Francisco Fernández del Riego. Este vindeiro domingo celebraremos os 111 anos desta ditosa nova e farémolo para por un broche de ouro a un ano máxico para Lourenzá: o ano no que se lle dedicaron as Letras Galegas ao noso veciño máis universal, don Paco del Riego, e o ano no que Lourenzá se converteu no epicentro...

leer más
Etiquetas:
03/01/2024

A cabalgata dos Reis Magos en Lourenzá, que se celebrará este venres, 5 de xaneiro, sairá ás 16:30 horas desde o recinto feiral de Vilanova para percorrer todas as parroquias do municipio. E ás 19:00 horas os Magos de Oriente recibirán aos nen@s nos baixos da Casa do Concello.

Está organizada polo Concello de Lourenzá.

Etiquetas:
21/12/2023

Papá Noel visitará Lourenzá este venres, 22 de decembro. Para as 16:00 horas está prevista a súa chegada ao Centro de Día e a continuará fará un percorrido polas rúas de Vilanova, no que estará acompañado por membros da asociación VespaFaba & Clásicos e a música da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez. E ás 18:00 horas recibirá aos nenos e nenas nos baixos da Casa do Concello.

É unha actividade organizada polo Concello de Lourenzá.

Etiquetas:
16/12/2023

O colexio Juan Rey, de Lourenzá, acollerá un campamento de Nadal que se desenvolverá os días 22, 26, 27, 28 e 29 de decembro e 2, 3, 4, e 5 de xaneiro. Está organizado pola Anpa do centro e o Concello de Lourenzá, para nen@s nados entre os anos 2020 e 2012.

Farán actividades como talleres de cociña e de manualidades, baile, xogos, navideños ou obradoiros. A tarifa é de 25 euros. As prazas son limitadas e o prazo para apuntarse remata o 19 de decembro.

Os organizadores explican: “unha das prioridades para a nosa asociación é axudar a conciliar aos pais, por iso este Nadal a Anpa e o Concello traballan para levar adiante o Campamento de Nadal. Haberá prazas limitadas e teran preferencia @s nen@s empadronad@s no noso Concello e tamén se son socio@s da Anpa. Non esquezas cubrir a inscrición! No caso de ir varios...

leer más
Etiquetas:
11/12/2023

A compañía lucense Ítaca Teatro presentará o vindeiro sábado, 16 de decembro, a súa peza Anacos no Multiusos Ponte de Cuñas de Lourenzá, dentro da Gala de entrega de premios e Clausura do V Certame de Teatro de Lourenzá.

Anacos é un espectáculo de narración oral no que Carlos Rebolo, o contador de historias, preséntanos varios contos de autobiografía ficcionada nos que as lembranzas irán aparecendo sen pedir permiso. Un cheiro, un sabor, unha foto, os primeiros acordes dunha canción ou mesmo o silencio dunha tarde invádenos e convídanos a viaxar pola memoria. Así, pouco a pouco, van agromado imaxes que nos levan a outros tempos vividos e fannos andar por camiños xa transitados. Cando estamos en soidade adoitamos gozalos saboreando ese instante que flota no aire e se instala na alma. Cando estamos en compañía tratamos de reconstruilos con...

leer más
Etiquetas:
09/12/2023

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha ruta polo río Sor, no municipio de O Vicedo, para o 16 de decembro, sábado. A distancia a percorrer son 13,5 quilómetros -da Ponte do Porto a Morgallón- e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán nun restaurante desa zona.

A saída será ás 08:30 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do 13 de decembro, chamando aos teléfonos 658.09.71.33 ou 699.70.60.31. O prezo é de 25 euros para os socios do colectivo organizador e de 35 euros para os que non o son. 

 

09/12/2023

O 50º aniversario do CEIP Juan Rey, de Lourenzá, celebrarase cun xantar que terá lugar no Multitusos Ponte de Cuñas o día 17 de decembro, domingo, ás 14:30 horas.

O menú está composto por: mexillóns ao vapor, pescada en salsa de marisco, solombo de porco con cogomelos, pan, sobremesa, café viños tino e branco, cervexa, auga, refrescos e licores. 

O prezo é de 35 euros, pero para os nenos e nenas de ata 9 anos custa 17,50 euros.

O prazo para anotarse está aberto ata o 10 de decembro.