Lourenzá

Etiquetas:
07/12/2021

A Praza do Conde Santo acolle unha Vila de Nadal elaborada artesanalmente e no barrio de Gracia hai unha estampa do Polo Norte para ambientar Lourenzá nestas datas.

A alcaldesa, Rocío López, explicou que “é todo feito de xeito artesanal, empregando madeiras e outros materias naturais. Detrás está un mes intenso de traballo por parte dos empregados do Concello, d@s concelleir@s e tamén doutra xente que nos veu axudar. Fai uns anos que botamos a andar este proxecto de Vila de Nadal e cada vez imos inventando algo novo e dándolle forma. Nesta ocasión decidimos incorporar unha paisaxe nova, na que se poden ver unhas montañas, un río, un pescador e ata unhas mulleres na vida cotiá. Outras das novidades son a imaxe dun peregrino a entrada da praza do Conde Santo, que non podía faltar xa que por Lourenzá pasa o Camiño Norte e somos final de etapa...

leer más
Etiquetas:
26/11/2021

O Concello de Lourenzá convocou o concurso de postais para escoller a que servirá como felicitación municipal e será publicada na páxina web e nas redes sociais do Concello.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que este certame, dotado cun único premio de 100 euros e trofeo, “está dirixido aos escolares de Educación Infantil e Primaria do concello. O prazo de presentación das obras, que irán acompañadas dun sobre pechado cos datos persoais do autor/a, rematará o 17 de decembro e deben entregarse nas dependencias da Biblioteca Municipal”.

 

Etiquetas:
03/11/2021

A asociación Patrimonio Laurentino, en colaboración co Concello de Lourenzá, organiza as xornadas Novembro Cultural, que consisten na presentación de 4 libros durante este mes. A primeira delas será este sábado, día 6, ás 19:00 horas no Pazo de Tovar, onde a maxistrada da Sala do Social do TSXG Isabel Olmos Pares presentará a súa obra No duerme nadie.

As xornadas foron presentadas hoxe na Casa do Concello de Lourenzá pola alcaldesa, Rocío López, e tres directivos da asociación Patrimonio Laurentino: Fina González, Vidal Martínez-Sierra e Xosé Lois Rivera.

A tesoureira da asociación Patrimonio Laurentino, Fina González, explicou que estas xornadas culturais “vanse desenvolver todos os sábados de novembro, desde o día 6 ata o 27, e comezan este sábado 6 ás 19:00 horas no Pazo de Tovar coa presentación do libro No...

leer más
Etiquetas:
21/10/2021

A sala de exposicións do Concello de Lourenzá acollerá unha mostra de pinturas e gravados de Luís Seoane desde este domingo, 24 de outubro, ata o 19 de novembro. 

Anunciouno o concelleiro de Cultura laurentino, Manuel Arango Ron, quen explica que esta exposición, titulada Luís Seoane, natural  “recolle pinturas e gravados que pertencen a coleccionistas particulares e o acceso para visitala será desde a biblioteca municipal”.

A inauguración está programada para este domingo ás 13:00 horas e a mostra estará aberta ao público de luns a venres de 17 a 20 horas. Para visitala fóra deste horario hai que chamar previamente ao Concello e contactar con María José no teléfono 982.12.10.06.

Está organizada polo Concello de Lourenzá e a Deputación de Lugo.

Etiquetas:
16/10/2021

O Concello de Lourenzá organiza unha charla e instalará un photocall para conmemorar o Día Contra o Cancro de Mama o vindeiro martes, 19 de outubro.

A charla, sobre a vulnerabilidade en pacientes con cancro de mama, será ás 17:00 horas no centro de servizos sociais O Torreón dos Frades e correrá a cargo de representantes da Asociación Española contra el Cáncer.

Anunciouno a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra, quen ademais explica que “a fachada da Casa do Concello tinguirase de rosa un ano máis. Haberá tamén un photocall, que se instalará diante do quiosco da música, para que todas as persoas que queiran poidan sacar unha foto e subila as redes sociais co hashtag #sacapecho”.

 

Etiquetas:
06/10/2021

O recinto feiral de Vilanova de Lourenzá acollerá este domingo, día 10 de outubro, concursos morfolóxicos, exposición e carreiras de cabalos de pura raza galega. Estas actividades están organizadas polo Concello de Lourenzá en colaboración coa Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega (PURAGA).

A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, anunciou que “este domingo, 10 de outubro, o Concello de  Lourenzá e PURAGA van celebrar no recinto feiral o primeiro concurso morfolóxico oficial de cabalos de pura raza galega e tamén unha exposición cabalar. Ademais do concurso de cabalos, eguas e poldros, haberá carreiras de cabalos do país de andadura serrada e chapeada. Esta xornada estará animada polo grupo de música tradicional Souto Xímaro e tamén se poderá degustar o polbo nas dependencias da feira laurentina”.

A...

leer más
06/10/2021

O Concello de Lourenzá organiza actividades de ximnasia de mantemento dentro do programa de dinamización nas parroquias. Esta iniciativa da Concellería de Deportes comezará o 13 de outubro e desenvolverase ata decembro.

A concelleira de Deportes, Sonia Gavino, anuncia que “o 13 de outubro comezarán as actividades, que se van a impartir durante os meses de outubro, novembro e decembro deste ano. Serán totalmente gratuítas, farase en grupos reducidos (máximo 10 persoas) e con mascarilla obrigatoria”.

Os grupos e horarios serán os seguintes: en San Adriano os luns e os mércores de 16:30 a 17:30 horas; en Santo Tomé os mesmos días pero de 17:30 a 18:30 horas; e no pavillón de Vilanova de Lourenzá tamén será os luns e os mércores, pero haberá dous grupos, un de 18:30 a 19:30 e o outro de 19:30 a 20:30 horas.

A formación de grupos será por rigoroso orden de inscrición...

leer más
01/10/2021

Os concertos de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre que estaban programados para mañá, sábado, 2 de outubro, en Lourenzá, concretamente no claustro do mosteiro de San Salvador, foron suspendidos ante a previsión de mal tempo.

Xabier Díaz informa a través da súa páxina web e das súas redes sociais desta suspensión e explica que as entradas mercadas na web “nos próximos 10 días hábiles farase a devolución das entradas pola tiqueteira Ataquilla. A comunicación da devolución farase no mesmo mail no que foron adquiridas as entradas. Para calquera cuestión relacionada pódese contactar co mail devoluciones@ataquilla.com”.

En canto ás entradas físicas mercadas na biblioteca municipal de Lourenzá hai de prazo ata o día 21 deste mes para solicitar a súa devolución. Para elo...

leer más
Etiquetas:
24/09/2021

O Concello laurentino organiza do 1 ao 3 de outubro unhas xornadas para lembrar a Festa da Faba de Lourenzá que se celebraba antes da pandemia. As actividades foron presentadas hoxe, venres, pola alcaldesa, Rocío López, e o concelleiro de Cultura, Manuel Arango.

A rexedora municipal explica que este evento “non ten nada que ver co formato habitual que víñamos facendo da Festa da Faba en anos pasados. Non se celebra a tradicional degustación que se facía anteriormente nin tampouco haberá as casetas dos fabeiros na Praza do Concello nin os postos que se colocaban nas rúas. Pero si estamos organizando unhas xornadas para esa fin de semana, na cal a faba vai estar presente e imos recordar o noso produto estrela”.

Rocío López anuncia que para a fin de semana do 1 ao 3 de outubro “o Concello organiza unha serie de...

leer más
22/09/2021

Vilanova de Lourenzá acollerá este venres, día 24, a exposición Kinético de Xirapaus.

O concelleiro de Cultura laurentino, Manuel Arango, anuncia que esta mostra estará pola mañá no CEIP Juan Rey e pola tarde na praza do Conde Santo, se as condicións meteorolóxicas o permiten.

Esta actividade está organizada polo Concello de Lourenzá en colaboración coa Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Kinético é unha exposición na que se poden atopar personaxes musicais que, a partir de mecanismos, crean sons e ritmos, historias e contos, que nacen co movemento dunha manivela ou dun pedal. Son bonecos que se moven e andan sos, un teatrillo de monicreques automatizado, homenaxe do tradicional monicreque de cachiporra, efectos especiais recorrentes no teatro. A idea desta mostra é...

leer más