Lourenzá

Etiquetas:
03/11/2020

O Concello de Alfoz, coa colaboración da Deputación de Lugo, convoca a primeira edición do concurso de fotografía denominado Alfoz no Outono, para o cal o prazo de presentación de traballos remata o 30 de novembro de 2020.

Hai tres premios: de 300 euros, 200 euros e 150 euros. Os premiados tamén recibirán diplomas.

As bases están publicadas na web www.concellodealfoz.com e os interesados en obter máis información poden solicitala a través do correo turismo@concellodealfoz.com e do teléfono 982.558.001 (extensión 2).

 

Etiquetas:
03/11/2020

Lourenzá terá neste mes de novembro un ciclo de charlas denominado Outono Cultural, que está organizado pola asociación Patrimonio Laurentino.

Comezará o sábado 7 ás 18:00 horas na planta baixa da Casa do Concello coa presentación do libro O Bispado de Mondoñedo na Idade Media, a cargo de seu autor, Carlos González Paz.

O sábado 14 ás 19:00 horas no Pazo de Tovar Martín Fernández Vizoso presentará a súa publicación Memoria de mariñáns.

Tamén no Pazo de Tovar o sábado 20 ás 20:00 horas presentarase o libro No interior do abandono, acto que contará coa participación dos seus autores: Carlos Lorenzo e Baldo Ramos.

E rematará o sábado 28 ás 19:00 horas coa presentación do libro Más allá y más arriba, a cargo do seu autor, José Antonio Vázquez Taín.

... leer más
Etiquetas:
14/10/2020

Este sábado, 17 de outubro, ás 18:30 horas o dúo Metamorphoses ofrecerá un concerto de violín e piano na igrexa parroquial de Vilanova de Lourenzá.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “interpretarán obras de Bach, Brahms e Lizst, entre outros. Este concerto enmárcase no programa Concertos polo Camiño do Norte de O Teu Xacobeo polos Camiños de Santiago, que teñen lugar en localidades do Camiño que son final de etapa”.

 

Etiquetas:
01/10/2020

O restaurante O Forno de Tovar, de Lourenzá, organiza unhas xornadas gastronómicas dedicadas á faba de Lourenzá desde mañá, venres, ata este domingo.

Os tres días servirá diversas elaboracións con fabas: con xabaril e cogomelos; con bonito de Burela e algas; con callos de tenreira; con compango de porco celta; e con galiña de Mos e ovo. E tamén ofrecerá unha tapa especial, que é vieira ao forno con fabas e mexillóns, a un prezo de 1,5 euros.

E para o domingo ao mediodía O Forno de Tovar prepara un menú degustación especial Festa da Faba cos seguintes pratos: timbal de faba fresca con setas, panceta de porco celta e foie; verdinas con bacallau e os seus callos; galiña de Mos con quiche de fabas e salsa cítrica; postre caseiro e pan artesán. O prezo por persoa é de 28 euros, bodega aparte. 

... leer más
Etiquetas:
25/09/2020

Os días 2, 3, 4, 10, 17 e 24 de outubro poderán coñecerse os principais atractivos do concello de Lourenzá a través da Ruta da Faba. Nas dúas primeiras xornadas serán en horario de tarde e nas catro seguintes desenvolveranse de 10:00 a 18:00 horas. 

Esta iniciativa foi presentada hoxe, venres, no Centro de Interpretación da Faba, onde a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explicou que a Ruta da Faba “é un proxecto que xurdiu no ano 2017 e que está dando os seus froitos porque á xente gústalle moito vir a vivir esa experiencia”. Tamén comentou que este ano “imos ter unha Festa da Faba distinta, marcada por desgraza por todas as circunstancias que nos están afectando polo Covid”.

Ademais a rexedora municipal fixo referencia á vinculación con Lourenzá do presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Fran...

leer más
23/09/2020

O Concello de Lourenzá organiza actividades de ximnasia de mantemento e aerolatino dentro do programa de dinamización nas parroquias. Esta iniciativa da Concellería de Deportes comezará o 5 de outubro e desenvolverase ata decembro.

A concelleira de Deportes, Sonia Gavino, anuncia que “o 5 de outubro comezarán as actividades de Ximnasia de Mantemento e Aerolatino, que se van a impartir durante os meses de outubro, novembro e decembro deste ano. A actividade, que será totalmente gratuíta, farase en grupos reducidos (máximo 10 persoas) e con mascarilla obrigatoria”.
Os grupos e horarios serán os seguintes:

En San Adrao: Ximnasia os luns e os mércores de 16 a 17 horas e Aerolatino os mesmos días de 17 a 18 horas.

En Santo Tomé: Ximnasia os luns e os mércores de 18 a 19 e Aerolatino os...

leer más
Etiquetas:
08/09/2020

O Concello de Lourenzá leva ao CEIP Juan Rey as actividades do programa Ler conta moito os días 11, 18 e 24 deste mes.

O concelleiro delegado de Educación e Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “este ano, debido á situación do COVID-19, a Biblioteca Municipal de Lourenzá traslada as actividades do programa Ler conta moito, que se desenvolverán durante este mes de setembro, ao colexio da localidade”.

Manuel Arango anuncia que “a primeira será este venres. Baixo o título A Cinecleta na Biblioteca, Brais Moure cunha bicicleta con forma de cine mostrará aos alumnos do colexio laurentino os fondos mariños das Illas Atlánticas. O venres 18 será a quenda da maxia. O ilusionista Carlos Tomico impartirá un obradoiro no que se explicarán sinxelos trucos de maxia que poderán levar para a casa. Rematarán estas actividades...

leer más
Etiquetas:
31/08/2020

A praza do Conde Santo, en Vilanova de Lourenzá, acollerá este xoves, día 3 de setembro, a proxección da película María Solinha. No acto participará o director do filme, Ignacio Vilar.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anuncia que “este xoves, 3 de setembro, ás 21:30 horas, proxectarase a película María Solinha na Praza do Conde Santo, en Vilanova de Lourenzá. Estará presente nesta estrea o director do filme, Ignacio Vilar, que será o encargado da presentación e de moderar o posterior coloquio que se desenvolverá ao remate da proxección”.

Manuel Arango destaca que “se tomarán todas as medidas necesarias, tanto hixiénicas como de separación de cadeiras, de obrigatorio cumprimento debido a pandemia do Covid-19. Tamén será obrigatorio o uso de mascariñas para acceder ao recinto”.

...

leer más
25/08/2020

Vilanova de Lourenzá celebrará este domingo, día 30, unhas festas do Conde Santo diferentes debido ao Covid 19. Están organizadas polo Concello e pola Asociación Patrimonio Laurentino, colectivo de nova creación que se vai presentar nesa xornada de actividades.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anunciou que “o Conde Santo vaise celebrar este ano dunha maneira diferente debido ao Covid 19. O Concello de Lourenzá en colaboración coa Asociación Patrimonio Laurentino son os encargados de organizar os actos. Este novo colectivo, que ten como obxectivo a recuperación do patrimonio do concello, vaise presentar aos veciños ese día”.

As actividades organizadas polo Concello son un concerto da Banda de Música de Foz programado para as 13:30 horas e unha actuación da charanga BB+ ás 20:00 horas.

... leer más
11/08/2020

O grupo Arcos Iris ofrecerá un concerto este domingo, día 16, na Praza do Conde Santo, en Lourenzá.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explica que “esta actuación está enmarcada dentro do programa do VII Festival Bal y Gay, que se celebra en varios concellos da Mariña. Será un concerto didáctico para toda a familia que nos levará a coñecer as distintas músicas do mundo. O punto de partida será Andalucía, pasando por Bos Aires, Brasil, América do Norte, Oceanía, Oriente Medio, Rusia e rematando en Europa. A actuación terá lugar ás 20 horas na Praza do Conde Santo”.