Lourenzá

11/01/2019

O Concello de Lourenzá organiza a primeira edición dun campionato de chinchón.

Os interesados en participar deben inscribirse na biblioteca municipal. O prazo remata o día 31 deste mes.

 

Etiquetas:
29/12/2018

A nena Nathalia Cabanas Jiménez, de 11 anos de idade, foi a gañadora do concurso de carteis da Cabalgata de Reis 2019, que organiza o Concello de Lourenzá.  Recibirá como premio un lote de material didáctico no transcurso da Cabalgata, que se celebrará o sábado 5 de xaneiro.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explica que “a Cabalgata sairá ás 17:30 horas do recinto feiral de Vilanova para percorrer as parroquias de San Xorxe, Santo Tomé e San Adriano. Ás 19:30 horas chegará a Vilanova, percorrerá as rúas e chegará á carpa situada no Campo dos Bolos, onde os Reis Magos recibirán a todos os nenos e nenas que ata alí se acheguen”.

Dentro da programación de Nadal do Concello de Lourenzá tamén haberá cine infantil. O mércores 2 de xaneiro proxectarase a película Richard, la cigüeña e o xoves 3, El reino de las...

leer más
22/12/2018

A carpa instalada no Campo do Mosteiro de San Salvador acollerá a actividade denominada Planetario Ciencia Kids o vindeiro mércores, día 26 de decembro. É unha iniciativa promovida pola Deputación Provincial de Lugo.

Esta actividade está destinada a todos os públicos e desenvolverase en tres sesións dunha hora de duración: ás 16:30, as 17:30 e ás 18:30 horas.

 

13/12/2018

A programación de Nadal organizada polo Concello de Lourenzá comezará este domingo, día 16, cun obradoiro e espectáculo de maxia. E rematará coa cabalgata dos Reis Magos o 5 de xaneiro. 

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, anuncia que “este próximo domingo, 16 de decembro, a partir das cinco da tarde, Hermanager Producións trae á carpa situada no Campo dos Bolos o espectáculo Apren-Deimi e un obradoiro de maxia. Desta maneira o Concello de Lourenzá colabora coa celebración do Mercado de Nadal que organiza a ACIAL durante a fin de semana”.

Manuel Arango engade que “o venres 21 de decembro o grupo Trípode porá en escena a obra Cousas de vellos. Será na escola de San Adriano ás 19:30 horas. O domingo 23 de decembro ás 17 horas Fran Rei presenta o espectáculo cómico O conto de Barriga Verde. Será na carpa situada...

leer más
Etiquetas:
30/11/2018

O xurado da segunda edición do certame de teatro Concello de Lourenzá deu a coñecer a relación dos nominados que optan aos premios, que serán entregados na gala que se celebrará o 9 de decembro, domingo.

Os nominados son os seguintes:

* Premio Conde Santo á mellor representación:
     Avelaíña Teatro, de Pontevedra
     Fauna 113, de Vigo
     Rebuldeira Teatro, de Sarria

* Premio Lourenzo ao mellor actor:
     Fernando Díaz, de Rebuldeira Teatro
     Xulio Leal, de Avelaíña Teatro
     Pablo Rodríguez, de Fauna 113

* Premio Ana á mellor actriz:
     Iris Darriba, de Fauna 113
     Elvira Pallares, de Rebuldeira Teatro
     Amparo Urtaza, de Avelaíña Teatro

* Premio ao mellor actor de...

leer más
Etiquetas:
22/11/2018

Coas representación desta fin de semana remata a fase de concurso da segunda edición do Certame de teatro Concello de Lourenzá. A gala de entrega de premios será o 9 de decembro nunha carpa climatizada situada no Campo dos Bolos.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explica que “o sábado 24 ás 20:00 horas o grupo Andanzas, de Viveiro, porá en escena El caso de la mujer asesinadita, de Miguel Mihura; e o domingo 25, ás 18:00 horas será o grupo Fauna 113, de Vigo, o que representará a última obra a concurso: Deus, unha comedia, adaptación dun texto de Woody Allen. As dúas representacións serán no salón de actos do Concello e o prezo da entrada é de 3 euros”.

Manuel Arango tamén anuncia que “a gala de entrega de premios será o domingo 9 de decembro ás 19:00 horas na carpa climatizada situada no Campo dos Bolos....

leer más
Etiquetas:
15/11/2018

Os grupos Faro Miño, de Chantada, e Os Palimoquiños, de Lugo, actuarán este fin de semana na segunda edición do certame de teatro Concello de Lourenzá.

O edil de Cultura, Manuel Arango, anunciou hoxe que “esta fin de semana segue o segundo Certame de Teatro de Lourenzá con dúas novas representacións. O sábado 17 o grupo Faro Miño, de Chantada, escenificará a obra Langreira de amor e o domingo 18 tócalle a Os Palimoquiños, de Lugo, coa obra Borralliña. As dúas serán ás 20:00 horas no salón de actos do Concello”.

 

Etiquetas:
08/11/2018

Este fin de semana, sábado e domingo ás 20:00 horas, haberá outras dúas representacións do certame de teatro organizado polo Concello de Lourenzá.

O edil de Cultura, Manuel Arango, comentou que “despois da gran acollida que tiveron as dúas primeiras representacións, a cargo de Bule Bule e Ollomao, nas que se esgotaron as entradas, continúa este fin de semana o II Certame de Teatro Concello de Lourenzá. O sábado ás 20 horas o grupo Rebuldeira, de Sarria, porá en escena a obra Delicadas; e o domingo á mesma hora a compañía Avelaíña, de Pontevedra, representará a obra María Castaña”.

As dúas actuacións serán no salón de actos do Concello e o prezo das entradas é de 3 euros.

 

Etiquetas:
06/11/2018

A agrupación coral Del Coro al Caño, de Gijón, cantará na igrexa parroquial de Santa María de Valdeflores, de Lourenzá, na misa deste domingo, día 11, ás 12:45 horas.

Este coro está ofrecendo concertos de música sacra en varios concellos vinculados co Camiño de Santiago.

 

Etiquetas:
01/11/2018

Acial organiza a VI Ruta de Tapas de Lourenzá os días 9, 10 e 11 de novembro.

Os sete locais participantes ofrecerán tapas ao prezo de 2 euros. O venres o horario irá de 20:00 a 23:00 horas, o sábado de 12:00 a 15:00 horas e de 20:00 a 23:30 horas, e o domingo de 12:00 a 15:00 horas. Ademais as persoas que percorran esta ruta de tapas poderán gañar ata 225 euros en vales de compra.

Os establecementos hostaleiros que participarán na VI Ruta de Tapas de Lourenzá serán: La Unión, O Pipote, Cafetería Galaxia, Bar Cantón, O Recanto, Morrigan e O Torreón.