Lourenzá

27/01/2016
En Lourenzá a Concellería de Cultura organiza unha tarde de xogos para nen@s a partir de 5 anos. Será o 10 de febreiro.
 
A Concellería de Cultura de Lourenzá organiza para a tarde do día 10 de febreiro, mércores, unha xornada de xogos de mesa onde os nenos e nenas a partir de 5 anos de idade poderán gozar dende as 17 horas con parchís, oca, futbolín, etcétera. Así mesmo levarase a cabo un orixinal xogo de bingo con premios moi interesantes.
Esta actividade está dirixida ós nenos e nenas a partir dos 5 anos e preténdese que os participantes pasen unha tarde das vacacións de Entroido entretida .
As inscricións poden facerse na biblioteca municipal ata o venres 5 de febreiro en horario de 5 a 8 da tarde ou ben no teléfono 982.12.10.06.
Esta actividade é totalmente gratuíta para os asistentes.
 
25/01/2016
O Concello de Lourenzá organiza un campionato de parchís para adultos. A inscrición remata o 5 de febreiro.
 
O Concello de Lourenzá organiza o primeiro campionato de parchís por parellas para adultos que se desenvolverá na biblioteca municipal. O prazo de inscrición para participar remata o 5 de febreiro.
Os interesados en participar poden anotarse na propia biblioteca municipal en horario de 5 a 8 da tarde.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explicou que “o xogo do parchís constitúe unha práctica habitual nos encontros cotiás entre familiares e amigos. Con esta iniciativa o Concello ofrece alternativas ao tempo libre e pretende fomentar a reunión e a convivencia entre os veciños. Dende o Concello queremos impulsar e dar valor a esas reunións entre os cidadáns”. 
 
Etiquetas:
05/01/2016
Terras de Lourenzá percorrerá os 11 quilómetros da senda costeira entre Morás e Vilachá, en Xove, o 17 de xaneiro.
 
A asociación de sendeirismo Terras de Lourenzá achegarase o 17 de xaneiro a Xove, onde realizarán a senda costeira no tramo entre Morás e Vilachá. É un percorrido lineal, de 11 quilómetros e dificultade baixa, que permite gozar das paisaxes da costa cantábrica en inverno.
A saída dende o Cantón de Vilanova de Lourenzá está prevista para as 9 horas da mañá. O prezo de inscrición é de 5 euros para socios e de 8 euros para non socios, e con el custearase o transporte en autobús, xa que os sendeiristas volven comer á casa.
O prazo para anotarse remata o 14 de xaneiro. Para as inscricións a asociación ten dous números de teléfono, o 699 70 60 31 ou 636 67 95 12, e o correo electrónico ...
leer más
Etiquetas:
16/12/2015
As actividades de Nadal, en Lourenzá, inclúen un espectáculo de monicreques, a visita de Papá Noel, unha viaxe a Xuvenlugo e a cabalgata de Reis, entre outras propostas.
 
A programación das actividades organizadas polo Concello de Lourenzá para este Nadal arranca este venres, día 18, ás 15:20 horas cunha actuación de Títeres Cascanueces no colexio público Juan Rey.
 
Xa partir da vindeira semana bota a andar a Escola de Nadal impartida por persoal do Ximnasio Municipal con actividades dirixidas aos máis novos. O día 23 de decembro Papá Noel visitará as instalacións do centro de día, do Punto de Atención a Infancia e arredor das seis da tarde recibirá na portería da Casa do Concello a todos os nenos cunhas lambetadas. A continuación proxectarase un filme dirixido ao público infantil.
 
O domingo, 27 de decembro, ás 18:00...
leer más
23/11/2015
A asociación de Amas de Casa e Consumidores Baos, de Lourenzá, organiza dous cursiños en decembro: un de postres de Nadal e outro de alimentación saudable.
 
A asociación de Amas de Casa e Consumidores Baos de Lourenzá organiza unha serie de cursos para os seus asociados que, por primeira vez están abertos ao público xeral, aínda que terán preferencia as persoas que son socias. Os interesados poden anotarse nos números de teléfono 620273283 ou 660141997.
O primeiro dos cursos impartirase no mes de decembro, será os mércores de 19:30 a 22:30 da noite, empezando o día 2. Trátase dun Cursiño de Repostería concretamente de Postres de Nadal: trufas, figuritas con mazapán, panelléts, galletas decoradas, cupcakes … Será catro días e ten un custo de 10 € para as persoas socias e de 15 € para aquelas outras persoas que non pertenzan a Asociación de Amas de Casa. Imprescindible anotarse antes do venres 27. 
... leer más
Etiquetas:
12/11/2015
A biblioteca municipal de Lourenzá acolle ata mediados de decembro actividades de animación á lectura para nen@s de entre 3 e 7 anos.
 
O18 de novembro, comezou na biblioteca municipal de Lourenzá o programa de actividades de animación á lectura que este centro organiza para nenos e nenas de tres a sete anos de idade.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, sinala que “debido á alta participación, que ascende a 20 cativos, e a que os asistentes son de idades diferentes, vanse realizar grupos, quedando as actividades a realizar para as tardes dos mércores e xoves”.
López destacou tamén que “con este programa preténdese inculcar o interese polo mundo da lectura dende as primeiras etapas dos nenos e nenas. Para iso levaranse a cabo unha serie de técnicas adaptadas a cada idade, onde o xogo e a narración oral dos contos van ter un papel moi importante. Tamén se pretende dar a coñecer unhas pautas ós...
leer más
Etiquetas:
04/11/2015
Terras de Lourenzá realizará a ruta Senda do Arenteiro, por Ourense, o 14 de novembro. Será a penúltima da camiñatas deste 2015.
 
A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá desprazarase o vindeiro 14 de novembro á provincia de Ourense para realizar a ruta Senda do Arenteiro, a penúltima das camiñatas que programarán neste 2015. 
 
Trátase dun percorrido lineal, de 12 quilómetros e dificultade media-baixa, que os levará dende Carballiño ata Pazos de Arenterio, seguindo o curso do río, e que lles permitirá gozar, non só de fermosas paisaxes naturais en pleno outono, senón de diversas belezas arquitectónicas. 
 
A saída de Lourenzá está prevista para as 7 horas da mañá dende o Cantón de Vilanova. O prezo é de 35 euros para socios e de 40 euros para non socios en el inclúese o...
leer más
04/11/2015
O Concello de Lourenzá convoca un concurso para elaborar o cartel da Cabalgata dos Reis Magos 2016.
 
O Concello de Lourenzá organiza un concurso para elaborar o cartel da Cabalgata dos Reis Magos 2016, certame que vai dirixido aos escolares de educación Infantil e Primaria do municipio.
 
O prazo para a presentación dos carteis rematará o día 18 de decembro e deberá efectuarase na Biblioteca Municipal de Lourenzá. Establécese un único premio, que consistirá nunha cámara fotográfica, que será entregada ó gañador ou gañadora do concurso o día 23 de decembro nun acto público. O cartel gañador será o que se utilice para anunciar a Cabalgata dos Reis Magos 2016.
 
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, anima “a tódolos nenos e nenas de Infantil e Primaria do...
leer más
Etiquetas:
29/09/2015
Terras de Lourenzá fará a ruta do Desfiladero de los Arrudos, en Asturias, o vindeiro 11 de outubro.
 
Rematando setembro, a Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá presenta a ruta do mes de outubro. Nesta ocasión volve desprazarse á veciña comunidade de Asturias, para, en pleno Parque Natural de Redes, realizar a ruta do Desfiladero de los Arrudos (PR.AS-61). 
 
Trátase dun percorrido lineal, de 11 kms e dificultade media-baixa, que os levará de Caleao a La Fontona, con regreso a Caleao. Tendo en conta as características do entorno, recomendan levar botas e bastóns. 
 
Esta andaina será o domingo, 11 de outubro, e a saída de Lourenzá está prevista para as 7 da mañá. No prezo (de 35€ para socios e 40€ para non socios) inclúese o transporte en autobús...
leer más
Etiquetas:
29/09/2015
Todo está listo en Lourenzá para a celebración da 25ª Festa da Faba. Do 2 ao 4 de outubro haberá degustacións, mercados, pregón, exposicións, rutas de tapas e moitas cousas máis.
 
O Concello de Lourenzá está ultimando os preparativos para a celebración da 25ª edición da Festa da Faba esta fin de semana, do venres 2 ao domingo 4. Durante estes tres días haberá numerosas actividades, como degustacións, mercados, pregón, exposición, competicións deportivas, actuacións musicais e ruta de tapas nos establecementos hostaleiros da vila.
A alcaldesa, Rocío López García, explicou que “un ano máis por estas datas o Concello de Lourenzá estase a preparar para levar a cabo unha cita gastronómica e cultural de gran relevancia, a Festa da Faba, que celebra a súa XXV edición. Este evento, declarado pola Xunta de Galicia como Festa de Interese Turístico Galego, ofrece para este ano un amplo abano de actividades.  Esta é a miña primeira Festa da Faba como alcaldesa...
leer más