Mondoñedo

07/09/2021

Espazo Leiras e o Grupo de Investigación en Ciencias Sociales y Tecnología (GICSOT) Udima organizan o I Seminario Internacional Mindoniense que, baixo o título Relacións históricas entre Galicia e Portugal, se celebrará os días 16, 17 e 18 de setembro.

Os directores deste seminario son: Dra. Manuel MendoÇa, presidenta da Academia Portuguesa da Historia, e Dr. Felipe Debasa, profesor de Mundo Actual de la Universidad Rey Juan Carlos e director da cátedra Nueva ruta de la seda CEF-UDIMA. Ademais o presidente do comité científico é o Dr. Emilio de Diego, académico de número da Real Academia de Doutores de España e académico de mérito  da Academia Portuguesa da Historia. A secretaría académica corre a cargo de Roberto Reigosa, paleógrafo, historiador da arte e comisario da mostra temporal Espazo Leiras.

As inscricións...

leer más
Etiquetas:
04/09/2021

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, participou na presentación do Cumio Interautonómico dos Camiños do Norte “Xornadas do Peregrino Abrindo Camiño”, que se celebrarán en Mondoñedo, Lugo e Santiago de Compostela do 24 ao 26 de setembro.

O proxecto, impulsado pola Asociación Abrindo Camiño de Mondoñedo como parte da  Agrupación de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago do Norte, preséntase como un conxunto de mesas de traballo e reflexión onde se conxugan as experiencias e perspectivas do tecido asociativo e das administracións autonómicas e locais, nun diálogo aberto para situar o Camiño como un revulsivo económico, social e cultural que conte coa colaboración e cooperación imprescindible de todas as partes implicadas.

Coa implicación de 27 asociacións de Euskadi, Cantabria, Asturias e...

leer más
18/08/2021

Os actores cómicos Xosé Antonio Touriñán, Celso Sanmartín e Ledicia Sola actuarán en Mondoñedo este venres, día 20 de agosto. O espectáculo, incluído na programación do evento itinerante denominado Comicamente, está programado para as 21:30 horas na Alameda dos Remedios.

As entradas están a venda na web comicamente.gal.

 

13/08/2021

Hoxe tivo lugar a presentación do centro de interpretación do empresario José Barro, que estará situado no antigo cuartel da Garda Civil de Mondoñedo. Apaga, a asociación de profesores de automoción de Galicia, é a impulsora do museo que será inaugurado o vindeiro 25 de agosto. O Concello mindoniense cede o local que o acolle e inviste na súa posta en marcha. Álvaro Doural, o presidente de Apaga, quere que sexa un espazo vivo, que poida ser visitado polos centros de ensino da comarca e un lugar aberto ao que se poida seguir aportando material sobre o creador das industrias de Chavín. 

No acto, que tivo lugar esta mañá no Concello de Mondoñedo, participaron o alcalde, Manuel Otero, a concelleira de Turismo, Elena Candia, o presidente e o tesoureiro de Apaga, Álvaro Doural e Francisco Javier Rodríguez, así como a responsable de accións...

leer más
Etiquetas:
10/08/2021

A Escola Municipal O Pallarego, de Mondoñedo, ofrecerá dous concertos de música medieval este xoves, día 12 de agosto: ás 19:00 horas na capela da Venerable Orden Terceira e ás 21:00 horas no Centro Cultural de Álcantara.

Nos dous casos o aforo é limitado e a reserva de entradas hai que facela na oficina de turismo, en horario de 10 a 14 e de 16 a 19 horas ou chamando ao teléfono 982.50.71.77 

 

Etiquetas:
07/08/2021

Mondoñedo celebrará o XXIX Mercado Medieval, unha edición simbólica, os días 13, 14 e 15 de agosto. Unha edición aínda marcada pola pandemia polo que conta cun protocolo de seguridade, co fin de cumprir totalmente as medidas sanitarias de prevención fronte aos contaxios da covid-19.

Polo tanto, non haberá actividades de degustación gastronómica e existirá unha ambientación simbólica cun marcado carácter histórico e cultural que inclúe actividades na Praza da Catedral.

O sábado 14 de agosto ás 11.45 terá lugar o pregón que correrá a cargo de Javier Gómez Darriba, doutor en Historia de Arte. Dito pregón realizarase desde o balcón da antiga Casa do Concello, situada na Praza da Catedral.

O goberno municipal destaca a instalación, levada a cabo nos últimos días, dunhas placas  de bronce onde...

leer más
Etiquetas:
05/08/2021

O Concello de Mondoñedo pon en marcha a creación dun museo sobre as traídas de augas de Mondoñedo dentro do espazo da Fonte Vella, amosando sistemas de canalización dende o século XVIII ao XXI. O centro de interpretación ofrecerá tanto obxectos coma descricións e informacións relacionadas coas traídas de auga a Mondoñedo.

O novo centro de interpretación de Mondoñedo situarase no espazo interior de bóveda de canón onde se localizan as captacións de auga da Fonte Vella, sen que afecte ás captacións internas que na actualidade están canalizadas.

Entre os elementos que se poderán ver neste museo atópase un cano de pedra de finais do século XVIII que formaba parte da traída de abastecemento de auga do pazo episcopal e continuaba ata a praza do Seminario. Tamén un exemplo de tubo de cerámica usado nos séculos XVIII e...

leer más
Etiquetas:
04/08/2021
Mañá xoves, 5 de agosto, ás 20:30 horas, chega a Mondoñedo a música en directo de Sito Sedes e a Garufa Blue Devils Big Band, que interpretará un repertorio que se nutre dos grandes clásicos do swing sen perder de vista a música afrocubana dos anos 30 e 40, o cine e o cabaret. O concerto será na Praza da Catedral.
 
Dirixida polo maestro Roberto Somoza (clarinete, frauta e arranxos) e orixinaria da Coruña, a Garufa Blue Devils Big Band está formada por un total de 18 músicos (cinco saxos, catro trompetas, catro trombóns, batería e percusión, piano, guitarra e contrabaixo) e catro voces solistas.
 
O concerto de Mondoñedo, patrocinado por Turismo de Galicia, contará ademais coa presenza do mítico cantante de Los Satélites e unha das lendas da...
leer más
Etiquetas:
10/07/2021

O alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, presentará no próximo pleno da corporación municipal unha proposta de cambios na organización da próxima edición da Feira Medieval, a celebrar en agosto, co fin deadaptala as esixencias do actual momento na crise sanitaria provocada pola covid-19. Unha destas medidas é programar o seu desenvolvemento en dous (ao sumo, tres) espazos e con menor número de actuacións con respecto a edicións anteriores. O programa está adaptado as actuais condicións sanitarias e foi consensuado coa asociación Pasatempo e coa oposición municipal, neste último caso na reunión celebrada pola xunta de voceiros a pasada semana. Na organización da Feira respectaranse escrupulosamente as medidas sanitarias preventivas fronte aos contaxios por covid-19. O programa será presentado nun acto convocado ao efecto e cada evento contará co seu correspondente...

leer más
07/07/2021

Ata o 5 de setembro permanecerán activas a ludoteca e o campamento mondopeque. Trátase de dúas iniciativas que coordinan conxuntamente as concellerías de Muller e de Política Social, e coas que o Concello pretende favorecer a conciliación durante a época de vacacións escolares.

Tanto a ludoteca, con 37 nenos inscritos, como mondopeque están a ter unha gran acollida, converténdose na opción escollida polas familias para poder compaxinar a vida familiar coa laboral durante o verán.

Dende a entidade local animan aos rapaces que aínda non o fixeron a anotarse en sendas iniciativas, pois “están pensadas para que os nosos nenos e nenas teñan unha experiencia agradable”. E é que tanto na ludoteca, como no campamento desenvólvense actividades coas que os máis pequenos se divirten a través de xogos educativos e de...

leer más