Mondoñedo

Etiquetas:
02/08/2018

O Concello de Mondoñedo e a Diocese de Mondoñedo-Ferrol celebrarán o vindeiro domingo día 9 de setembro o 80 aniversario da Ofrenda Diocesana á Virxe dos Remedios no marco das festas que honran á patroa da Diocese e que se prolongarán desde o venres día 7 ao luns día 10.

Este ano ademais de celebrar a Festas dos Remedios conmemórase o inicio da ofrenda que cada ano presentan, por quendas, as cidades e vilas de Ferrol, Ortigueira, Viveiro, Ribadeo, Vilalba e o propio Concello anfitrión, Mondoñedo. Esta distribución correspóndense coas antigas cabeceiras dos partidos xudiciais que compoñen a actual Diocese de Mondoñedo-Ferrol.

A ofrenda deste ano correspóndelle oficiala á cidade de Ferrol.A maiores, o ano que vén celebrarase o 70 aniversario da proclamación da Virxe dos Remedios como patroa de toda a Diocese.

... leer más
Etiquetas:
29/07/2018

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, presentou a XXVII edición do Mercado Medieval acompañada de representantes das asociacións colaboradoras e dos voluntarios.A rexedora destaca a incorporación de novos contidos, así como unha maior presenza nesta edición de autores locais, como Souto Xímaro, Gaita Escola, Mondrum e a colaboración da Escola de Música, dos voluntarios e de Pasatempo.

A cita, declarada o ano pasado Festa de Interese Turístico Galego, desenvolverase  entre o venres 10 e o domingo 12 de agosto cunha ampla programación que recolle animación de rúa, música, actividades de recreación histórica, demostracións e obradoiros para todas as idades, degustacións e venda de produtos da terra. Serán un total de 150 os postos que, engalanados para a ocasión ao xeito da Idade Media, enchan as rúas da cidade que agarda celebrar máis de...

leer más
16/07/2018

O Concello de Mondoñedo, a través da delegación de Turismo, reparte diferentes recursos informativos por varios establecementos hostaleiros da Mariña.

O Goberno local mindoniense proporciona, así, información directa a aquelas persoas que visiten restaurantes, hoteis ou casas de turismo rural de distintos puntos da comarca co obxectivo de“dar a coñecer os nosos recursos históricos, arquitectónicos, culturais, etnográficos e naturais”.Entre eles atópanse a Cova do Rei Cintolo, a Catedral de Mondoñedo, os obradoiros artesáns do barrio dos Muíños ou o roteiro Leiras Pulpeiro.

Polo momento, xa contan con esta nova información turística de Mondoñedo no restaurante Asador, Boavista, Louzao, El Millón, Nito e Hotel Ego; ademais de distintas casas de turismo rural da zona.

A alcaldesa, Elena...

leer más
Etiquetas:
08/07/2018

O Concello de Mondoñedo organiza un verán máis “Os Seráns de Lecer dos Xoves de Verán”.

A actividade comezou o xoves 5 de xullo e prolongarase durante todos os xoves do verán ata o 23 de agosto, e desenvolverase na Praza do Concello.

Programación
O programa inclúe xogos tradicionais, circo, concertos de música, teatro e títeres.

“Os Seráns de Lecer dos Xoves de Verán” inaugurou a súa edición do ano 2018 o xoves 5 de xullo na que Puzzle Animación desenvolveu xogos tradicionais.

O xoves 12 de xullo ás 20:30 horas a compañía Circo Chosco levará a cabo o seu espectáculo “Riscando o Ceo”.

O día 19 de xullo haberá dobre sesión. Ás 19:00 horas estará a Gaitaescola coa súa actuación “Troula fin de curso” e ás 21:00 horas a actuación de...

leer más
Etiquetas:
02/07/2018

A alcaldesa de Mondoñedo, ElenaCandia, participou, xunto cos voluntarios e artesáns, na presentación do cartel do XXVII Mercado Medieval, que se celebrará na localidade os días 10, 11 e 12 de agosto.

Como cada ano o casco histórico encherase de postos de artesanía, alimentación, ambientación e levaranse a cabo numerosas demostracións de oficios tradicionais e espectáculos de animación que deleitarán aos asistentes.

Nos vindeiros días darase a coñecer a programación completa deste Mercado Medieval que organiza o Concello de Mondoñedo e conta coa colaboración da Deputación de Lugo e de Abanca.

Un avance
Este ano volverá haber degustación gratuíta de torresmos e viño e reforzaranse as actuacións musicais e medievais. A rexedora agradece de xeito especial a implicación da Escola de...

leer más
29/06/2018

O edil de Deportes do Concello de Mondoñedo, Manuel Tapia Rivera, informa de que entre este sábado 30 de xuño e o domingo 15 de xullo, a cidade acollerá o “prestixioso” Campus Internacional de Baloncesto de Mondoñedo, no que participarán máis de 400 mozos de toda España e, mesmo este ano, tamén se darán cita na localidade xogadores que proveñen de Lituania, “prestixioso berce do baloncesto”.

Do mesmo xeito, dende a Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo tamén explicaron que este Campus, “un dos máis prestixiosos do país e que conta con participantes de toda Galicia e España, é un bo punto de encontro para todos aqueles que queiran mellorar a práctica do baloncesto”.  De feito, nesta edición “tamén contaremos coa presenza de xogadores das prestixiosas canteiras do Real Madrid e Estudantes, entre outras”.

...

leer más
20/06/2018

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación das XI Xornadas do peregrino Abrindo Camiño, organizadas pola entidade do mesmo nome e que se celebrarán os días 6, 7 e 8 de xullo en Mondoñedo e Lourenzá.

Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; o presidente da Asociación Abrindo Camiño, José Luís Fernández; as alcaldesas de Mondoñedo e Lourenzá, Elena Candia e Rocío López respectivamente; o deputado provincial Eduardo Vidal, e o cronista oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa.

As xornadas homenaxean  o 25 aniversario da declaración do Camiño Francés como Patrimonio da Humanidade e o terceiro da do Camiño Norte, e tamén lembrarán a figura de Santiago Iglesias Dobarrio, directivo fundador da entidade organizadora, cunha actuación musical e a...

leer más
Etiquetas:
18/06/2018

O Goberno local e a cadea de restauración Galipizza, que acaba de cumprir 25 anos, chegaron a un acordo de colaboración para incorporar nas súas referencias, a partir deste xoves, produtos da Horta de Mondoñedo. En concreto, este xoves 21 de xuño haberá unha edición especial na que todos os Galipizza de Galicia incorporan ao seu ‘Xoves de tapeo’ dúas novas referencias con alimentos da Horta de Mondoñedo; unha hamburguesa e unha pizza.

Unha delas será unha pizza de segredo de porco con verduriñas da Horta de Mondoñedo; e outra unha Galizbur de vaca cachena con produtos da Horta de Mondoñedo. Esta oferta inclúe berenxena, calabacín, tomate e leituga. 

A colaboración estenderase ao longo de todo o ano e Galipizza irá sumando os diferentes produtos da horta segundo a temporada. Tamén se valorará, en función da...

leer más
11/06/2018

O 23 de xuño terá lugar en Mondoñedo unha homenaxe a Luís Trigo Chao, O Gardarríos.

Os actos darán comezo ás 12:00 horas na Casa da Xuventude de Mondoñedo, coa celebración dunha mesa redonda baixo o título Luís Trigo Chao: a loita dun rebelde. Nela intervirán: Antonio Reigosa, cronista oficial de Mondoñedo; os historiadores Carlos Nuevo Cal e Bernardo Maíz; os investigadores Xosé Ramón Ermida e Odette Martínez; e o guerrilleiro antifranquista Francisco Martínez Quico.

Ás 17:30 horas no cemiterio de Vilanova de Lourenzá terá lugar a inauguración dun monolito en lembranza de Luís Trigo e Antonia Díaz, a súa compañeira que eran natural de Ribadeo, en Vilela-Cubelas, coas intervencións da neta do Gardarríos Fernanda Cedrón Trigo, o guerrilleiro antifranquista Francisco Martínez Quico, e Xosé Luís Fernández Rivera da...

leer más
Etiquetas:
05/06/2018

Mariña Patrimonio organiza unha visita guiada a Mondoñedo o día 16 xuño para coñecer o patrimonio civil e relixioso máis salientable da vila. Para esta actividade, grazas á colaboración do Concello de Mondoñedo, “contaremos cunha guía que nos acompañará durante o percorrido”, explican os organizadores. 

E engaden que “no caso de que haxa un número suficiente de persoas, pensamos facer o desprazamento en bus, con traxecto Viveiro - Foz - Mondoñedo (con paradas intermedias). As persoas interesadas teñen de prazo límite para apuntarse ata o luns 11, para termos tempo de contratar o bus e de facermos a reserva do xantar. Farano a través do correo electrónico mr.patrimonio@gmail.com, indicando o nome, se é socio/a ou non, e as opcións que lle interesan.  En caso de non haber suficiente xente...

leer más