Nadal

Etiquetas:
07/12/2017

O Concello de Cervo vén de presentar, xunto as diferentes asociacións do municipio que organizan e colaboran nos diferentes actos, o programa de Nadal deste ano.

Este mesmo domingo, 10 de decembro, terá lugar no Pavillón de Cervo, o Mercado Solidario, organizado pola Asociación Airiños do Xunto, coa colaboración do Concello de Cervo. Será a partir das 12:00 horas. Aquelas persoas que o desexen poderán doar xogueste novos ou facer a súa aportación nas huchas que estarán á súa diposición.

Xa o sábado 16 de decembro, terá lugar a III Canastra Solidaria, que foi presentada en días pasados. Esa tarde, no Pavillón da Veiga, disputaranse diferentes partidos de baloncesto e haberá actividades e sorpresas para os máis pequenos. Ata esa data, recóllense alimentos no supermercado Familia, e xoguetes novos na Casa da Cultura...

leer más
Etiquetas:
06/12/2017

Esta tarde terá lugar o acendido do alumeado navideño en Ribadeo. Así o anunciou o alcalde, Fernando Suárez, que esta mañá percorreu xunto a varios membros do equipo de goberno o Mercado de Nadal, que estará aberto no parque de San Francisco ata o vindeiro domingo, 10 de decembro. 

O rexedor declarou que “agora si que podemos dicir que empezou o Nadal aquí, en Ribadeo. Por unha banda porque fai moito frío nestes días e por outra porque empeza o Mercado do Nadal, como todos os anos, dándolle vida á vila e atraendo, coma sempre, a multitude de amigos e amigas que veñen de aquí, de Ribadeo, e doutros concellos máis próximos ou máis afastados”.

Suárez Barcia dixo: “e ademais deste Mercado do Nadal, que estará desde hoxe ata o domingo cos 25 stands con todo tipo de produtos, tamén hoxe acendemos o alumeado de Nadal....

leer más
Etiquetas:
04/12/2017

A Deputada de Economía e Facenda, Mayra García Bermúdez, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, supervisaron este lunsos derradeiros traballos de montaxe do Belén Viveiro ante o Berce. Trátase dun dos beléns xigantes máis importantes de Galicia e de España, que estará situado no atrio da Igrexa de Santa María, dende o 5 de decembro ata o 14 de xaneiro.Esta coidada recreación a tamaño natural do artista Jesús Atadell está composta por 90 pezas e representacións propias do belén como o Nacemento ou os Reis Magos. O Goberno da Deputación colabora co Concello de Viveiro cunha achega económica de 35.000 euros para a celebración de distintas actividades culturais durante todo o ano,co obxectivo de dinamizar económica e turísticamente este municipio da Mariña.

García Bermúdezdestacou que “este Belén a tamaño natural é o máis...

leer más
Etiquetas:
01/12/2017

O Centro Comercial Aberto (CCA) de Foz sortea 1.000 euros en vales de compra entre os clientes que compren do 15 ao 24 de decembro nos 44 establecementos que participan nesta campaña. O colectivo empresarial focense tamén organiza un concurso de árbores de Nadal e outro de escaparates.

O sorteo dos 1.000 euros en vales de compra (un de 500 euros e cinco de 100 euros) será o día 27 deste mes ás doce do mediodía en directo en Radio Foz. Os 44 establecementos que participan nesta campaña son os seguintes: 8 Lobiños Moda Infantil, Alain Afflelou, Alba Vila Centro de Dietética y Nutrición, Bombonería Pastelería Amarena, Calzados Pirde, Calzados Pirde Oulet, Cenor Belianorte, Centro Óptico Eliseo, Chinela Nenos, Dechocolate con Churros, Decoraciones Pura, Decoraciones Pura Outlet, Din&Don, Don Zapato, Electricidad Núñez, Electrodomésticos...

leer más
Etiquetas:
01/12/2017

A pista de xeo de tamaño XL volverá a Ribadeo un ano máis, e estará instalada no parque de San Francisco do 15 de decembro ao 7 de xaneiro. O prezo da entrada xeral será de 6 euros, aínda que aquelas persoas que consuman máis de 20 euros na hostalería e no comercio locais só pagarán 3 euros presentando os tíckets correspondentes. A novidade deste ano é que para os grupos escolares da comarca, de máis de 10 persoas, establécese un prezo por entrada de 4 euros. Esta mañá tiña lugar a presentación desta actividade organizada polo Concello de Ribadeo e Acisa. No acto participaron o alcalde, Fernando Suárez, a concelleira de Mocidade, Vanesa Yanes, o presidente de Acisa, David Martínez, e o xerente desta asociación, Jesús Pérez. 

O rexedor manifestou que “hai que aproveitar o frío e o Nadal para que Ribadeo se encha de xente, nova e non tan...

leer más
Etiquetas:
30/11/2017

O Mercado do Nadal volve a  Ribadeo e terá lugar dos días 6 ao 10 de decembro na rúa San Francisco e a súa contorna. Estará aberto en horario 11 a 14 horas polas mañás e de 17 a 21 horas polas tardes. Trátase dun evento organizado pola Concellaría de Turismo, Desenvolvemento Local e Comercio.

Segundo explica a edil Ana Martínez “a través da celebración deste evento, o Concello busca favorecer en maior medida  ao comercio da vila e animar Ribadeo así como promocionar a artesanía e os seus profesionais. Nesta edición os postos estarán dispostos na rúa San Francisco e no parque, onde ademais se desenvolverán actividades paralelas, que animarán a vindeira longa ponte festiva en Ribadeo”.

A concelleira ribadense contou que “a presente edición acollerá  25 actividades artesanais recollendo diversos oficios, produtos...

leer más
Etiquetas:
28/11/2017

Acisa Ribadeo levará a cabo unha nova campaña que se desenvolverá no comercio e na hostalería local do 1 ao 15 de decembro. Trátase do Rasca de Nadal que repartirá 4.000 euros en premios directos, repartidos en 200 premios de 5 euros, 100 premios de 10 euros, 50 premios de 20 euros, 10 premios de 50 euros e 5 premios de 100 euros. As persoas afortunadas deberán canxear os seus rascas premiados en Acisa, onde obterán os vales correspondentes e terán ata finais de decembro para consumilos. O obxectivo desta nova campaña é animar ás compras de Nadal e fidelizar á clientela dos negocios ribadenses. 

O presidente de Acisa, David Martínez, explicou que “esta campaña se desenvolverá entre o 1 e o 15 de decembro. Agora, despois do black friday, queda unha época en teoría tranquila para o comercio. Pensamos que era bo animala, xa que o Nadal é unha...

leer más
Etiquetas:
28/11/2017

A asociación de veciños do Burgo de Trasbar de Cervo anuncia as súas actividades para o mes de decembro que iniciará o domingo 3, cunha reunión ás 11:30 horas no local social para tratar o irmanamento coa asociación de veciños Nostra Señora de Lieiro que terá lugar o 16 de decembro.

O venres 8, a partir das 18:00 horas, os socios adornarán o local social de cara ao Nadal.

O domingo 10, remata o prazo para anotarse ao acto de irmanamento con Nostra Señora de Lieiro que se celebrará o sábado 16 a partir das 14:00 horas.

O domingo 17, terá lugar a recollida de alimentos para colaborar con Cáritas de Cervo. 

O sábado 23, a partir das 16:30 horas, recibirán no local social a visita de Papa Noel e haberá unha merenda para os máis pequenos.

O...

leer más
Etiquetas:
19/11/2017

O Concello de Mondoñedo invita a todos os veciños a adornar o exterior das súas vivendas ou zonas públicas durante o Nadal. Con esta finalidade, vén de anunciar que dende o Goberno local se porá en marcha o concurso de adornos de Nadal ‘Engalanemos as rúas da Paula’. 

O edil de Educación, Alberto García,  explica que a través desta iniciativa o Goberno local promove a participación activa dos veciños para “entre todos acadar no noso casco histórico e en todo o municipio un conxunto propio das datas do Nadal”. 

Así, o concelleiro invita aos mindonienses a que “se sumen a esta proposta decorando a súas fachadas, portais, balcóns ou o que se lles ocorra con motivos propios destas datas tan sinaladas e entre todos promoveremos e difundiremos o espírito destas fechas nun dos municipios, candidato a integrarse en ‘...

leer más
Etiquetas:
09/11/2017

A Biblioteca Pública Municipal convoca os Certames de Poesía e Debuxo Nadal 2017. 

No Certame de Poesía poden participar nen@s e moz@s ata 16 anos. O tema xenérico é o Nadal e a recepción de traballos remata o 22 de decembro na Biblioteca ou nos colexios barreirense. Esta cita está organizada en colaboración coa Biblioteca Pública de Lugo. 

O Certame de Debuxo está dirixido a nenos e nenas de 3 a 5 anos. Os traballos, que versarán sobre o Nadal, presentaranse en cartolina tamaño A4 ata o 22 de decembro na Biblioteca ou nos colexios.