Nenos

Etiquetas:
19/12/2017
O programa de actividades de Nadal de Alfoz, deseñado para os máis pequenos, comezará o vindeiro sábado 23 de decembro ás 15:30 horas cun obradoiro de creación de bolas de Nadal organizado pola Anpa do Ceip Castro de Ouro. O prezo da actividade, que se desenvolverá na Omix do Centro Sociocultural de Alfoz, é de 12 € e os interesados poden apuntarse ata o martes 19 de decembro.
 
O mesmo día ás 18:00 horas, no salón de actos do mesmo centro terá lugar a actuación do grupo A Tropa de Trapo que nos traerá a obra “Antía, Wamba e o regato pequeño”, espectáculo no que Wamba lle contará a Antía catro historias que falan de África e de Europa, do que nos sobra e do que nos falta, de compartir de verdade, de valorar o importante, de rir, de mirar con esperanza ao futuro… contos para bailar e cantar, para xogar,...
leer más
Etiquetas:
28/11/2017

O vindeiro venres, 1 de decembro, dará comezo unha nova edición do obradoiro de teatro infantil que organiza o Concello de Cervo cada ano, a través da delegación de Cultura.

Tal e como explicou a edil responsable, Dolores García Caramés, o taller está dirixido a rapaces de entre 6 e 16 anos, que serán os que conformarán, un ano máis, o grupo de teatro municipal PimPim.

O prazo de inscrición estará aberto ata o mércores 29 de novembro. 

A actividade será cada venres no Auditorio da Casa da Cultura, no horario que se determinará en función das inscricións. O xoves, 30 de novembro, informarase aos anotados por vía telefónica.

O obradoiro será impartido de novo pola edil de Cultura, que “destaca o gran éxito que está a ter ano tras ano esta iniciativa, tendo en conta...

leer más
Etiquetas:
14/11/2017

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle este sábado, 18 de novembro, ás 18:00 horas, a representación de O Faiado.

O Teatro O Cubo presenta esta obra do xénero musical dirixida a un público infantil, maior de 3 anos. Ten unha duración de 40 minutos. 

A historia cóntanos como Vera, Roi e Anxo, tres irmáns con xeitos moi diferentes de ver o mundo, tras un acontecemento familiar que pode cambiar o curso das súas vidas, vense na necesidade de chegar a un acordo co cal terán que confrontar os seus idearios. A trama desenvólvese no faiado da casa do seu avó, onde medraron, xogaron e soñaron, alimentados polas moitas historias que este lles conto una súa infancia.

Diversas disciplinas como a música, a danza, o circo e os monicreques, combínanse para desenvolver esta historia dirixida ao público...

leer más
Etiquetas:
03/11/2017

Pasado mañá, 5 de novembro, ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, imos ter en Xove á familia animada máis famosa de Galicia Os Bolechas co espectáculo “De Chispa a Tatá, imos de Moraña a Zas”. 

A actuación vai dirixida a todos os públicos, en especial a tódolos  nenos/as.

O espectáculo: Tatá, Sonia, Braulio, Loli, Pili e Carlos están facendo o Camiño de Santiago e paran na pousada de Eustaquio acompañados do seu can Chispa. Eustaquio acepta darlles aloxamento a cambio de que xoguen con el a un peculiar xogo da oca que os obrigará a superar, coa axuda e participación do público, diferentes probas de habilidade física e de coñecementos culturais sobre Galicia adaptados a rapaces de 4 a 10 anos. Cultura, xeografía, gastronomía, tradicións… todo terá cabida nesta divertida iniciativa para que os nenos e...

leer más
Etiquetas:
26/10/2017

O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura que dirixe Dolores García Caramés, celebrará un ano máis o Samaín con múltiples actividades dirixidas aos máis pequenos da casa.

Deste xeito, tal e como apuntou Caramés, deseñamos unha programación que abrangue dende o domingo 29 de outubro, ata o 1 de novembro, Día de Todos Os Santos.

De tal xeito, que para o domingo estamos a preparar un taller de cociña infantil, para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, que se desenvolverá na Casa do Mar, entre as 12:00 e as 13:30 horas.

O martes, 31 de outubro, terá lugar a Festa infantil entre as 18:30 e as 20:30 horas, na Casa do Mar de San Ciprián “que contará co espectáculo Casa Encantada, ademais de xogos, baile, maquillaxe de terror e moitas outras sorpresas terroríficas”.

... leer más
Etiquetas:
20/10/2017

Biotecnólogos na Biblioteca será o obradoiro que Efervesciencia impartirá na Biblioteca Municipal de Ourol, este sábado, 21 de outubro, a partires das 12:00 horas.

Dirixido a rapaces/as de 6 a 12 anos mostrará, a través de experimentos curiosos e sinxelos, a parte máis divertida da ciencia coa que os asistentes aprenderán o que é a biotecnoloxía.

A inscrición é ata o día 20 de outubro e pode facerse no teléfono 982 55 90 19 ou entregando a documentación na Casa da Cultura.

 

Etiquetas:
20/10/2017

Teatro Crea, de Viveiro, presenta este sábado, 21 de outubro, en O Vicedo, a obra E ti, sabes de que cor son todas as laranxas?.

Inspirada en pezas de Carlos Casares, está dirixida por Lara Fernández Noriega. 

Esta representación, para nen@s maiores de 5 anos, terá lugar na Casa da Cultura de O Vicedo a partires das 18:00 horas, con entrada gratuíta.

A asociación Espazo Crea de Viveiro presenta a adaptación desta obra pensada para un público infantil. Tamén durante este ano ten representada en varios puntos da provincia lucense, a obra Xoguetes Cómicos baseada en textos de Chejov.

 

Etiquetas:
19/10/2017

Burela conmemora o Día da Biblioteca, que se celebra o 24 de outubro, cunha actividade de animación á lectura para os nen@s que terá lugar este sábado, día 21, na Biblioteca de Burela.

Teatro dos Ghazafelhos presentará o espectáculo infantil titulado Camiñando entre estrelas. Trátase dun contacontos que ilustra dun xeito ameno e pedagóxico a formación dos planetas, estrelas e astros cunha pequena escenografía onde se mostran os distintos obxectos celestes contando cunha proxección de fotografías e debuxos.

A actividade está dirixida a todos os públicos e terá lugar este sábado, 21 de outubro, no auditorio da Casa da Cultura ás 18 horas. Á entrada será libre.

A compañía Teatro dos Ghazafelhos foi creada por Pepablo Patiño e Montse Piñón e cos seus espectáculos teñen traballado na...

leer más
Etiquetas:
29/09/2017

A sección infantil do grupo de teatro A Adala porá en escena este domingo, 1 de outubro, en Barreiros a obra A ra que se quedou sen charco. Os xoves actores integrantes do grupo de Fazouro, estreaban esta obra o pasado mes de febreiro e agora chegan con ela a Barreiros.

Esta representación, incluída no proxecto Buxiganga da Deputación de Lugo, terá lugar o vindeiro domingo ás 18:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Na organización colaboran a Concellería de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil. 

 

Etiquetas:
21/09/2017

As pistas de Marzán acollerán un torneo internacional de tenis infantil desde mañá, venres, ata este domingo, día 24. Neste evento deportivo, que está organizado polo Club de Tenis de Foz, colabora o Concello focense e o alcalde, Javier Jorge Castiñeira, participou na súa presentación xunto aos membros do club Roberto Paradela e Ramón Cajoto.

Desde mañá, venres, a partires das 17:30 horas loitarán pola vitoria os oito mellores infantís do noroeste peninsular, concretamente os dous mellores xogadores de Asturias, de Cantabria, de Portugal e de Galicia, entre eles o focense Dani García. O sábado a partir das 10 da mañá xogaranse os partidos de segunda e terceira rolda, quedando para a tarde, dende as 17:00 horas, as semifinais. O domingo a partir das 11 da mañá terán lugar as finais.