Nenos

Etiquetas:
28/10/2015
O Concello de Cervo organiza talleres de manualidades e de cociña, festa e cine para celebrar o Samaín.
 
A Delegación de Educación e Cultura do Concello de Cervo, que dirixe a concelleira Dolores García Caramés, organiza talleres de manualidades e de cociña, festa e cine, entre outras actividades, para que os nenos e nenas do municipio celebren o Samaín.
 
Dolores García anunciou hoxe que o alumnado do punto de atención á infancia (PAI) celebrará este venres, día 30, a súa festa temática con xogos e merenda no salón de actos da Casa do Mar de San Ciprián a partir das 17:30 horas. Tamén este venres haberá un taller de manualidades de Samaín na Casa do Mar de 11 a 12:30 horas para alumnos de Infantil e de 12:30 a 14 horas para os de Primaria.    
O sábado, día 31, tamén na Casa do Mar,...
leer más
Etiquetas:
25/10/2015
O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de Barreiros, acollerá un obradoiro sobre técnicas de relaxación e concentración para nen@s. Será a partir do 28 de outubro.
 
A Concellería de Cultura organiza a través da Oficina de Información Xuvenil e da Biblioteca un obradoiro de técnicas de relaxación e concentración dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. O curso desenvolverase do 28 de outubro deste ano ao 31 de maio de 2016, todos os mércores de 17:15 horas a 18:15 horas. A actividade terá lugar no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
As prazas son limitadas así que cómpre inscribirse ata cubrilas na Oficina de Información xuvenil ou na Biblioteca. 
Na actividade colabora a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude.  
 
Etiquetas:
20/10/2015
En Cervo 40 nen@s de primaria participan no taller de teatro infantil, organizado pola Concellería de Cultura. En decembro terá lugar a representación de dúas pezas.
 
40 nenos e nenas alumnos de Primaria participan na nova edición do taller de teatro infantil Pimpím, que organiza a Delegación Municipal de Cultura do Concello de Cervo.
A concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, explicou que “é un número elevado polo que se fixo necesario dividir o taller en dous grupos. Esta actividade inclúe xogos para a perda do medo escénico e a mellora da interacción cos compañeiros, ademais do ensaio dunha peza teatral. Pimpím arrincou o venres pasado e desenvolverase todos os venres, un grupo de 16:30 a 17:30 horas e o outro de 19:30 a 20:30 horas. Rematará o día 19 de decembro, cando terá lugar a representación de dúas pezas, que ensaiarán durante as próximos días. As primeiras xornadas están centradas en axudar aos nenos e nenas a perder a...
leer más
Etiquetas:
07/10/2015
Os xoves 8 e 15 de outubro a Librería Bahía, de Foz, acollerá a actividade "Vén xogar ao abecedario", destinada a nen@s a partir de 3 anos.
 
Os xoves 8 e 15 de outubro, ás 18 horas a Librería Bahía, de Foz, acolle a actividade "Vén xogar co abecedario", actividade para nenas e nenos a partir de 3 anos. A proposta está baseada no libro O Abecedario, que edita a Mesa pola Normalización Lingüística e contará coa presenza de Mónica Pazos, responsable da actividade. 
A entrada é de balde e hai prazas limitadas. Hai que inscribirse na librería ou no teléfono 982140434.
 
Etiquetas:
06/10/2015
A Sala Bahía, de Foz, acolle este domingo, día 11, o programa Axóuxeres, unha cita coa música, os xogos e as palabras para nen@s de entre 0 e 6 anos.
 
A Sala Bahía, de Foz, acolle este domingo, día 11 de outubro, ás doce do mediodía un encontro co programa de dinamización lingüística Axóuxeres, unha cita concibida como unha festa da música, dos xogos e da palabra. A ela están invitados os nenos de entre 0 a 6 anos, que precisan inscribirse antes no teléfono 697.36.30.89 en horario de 10 a 13 horas. A entrada é de balde ata completar o aforo da sala.
 
O evento forma parte do programa da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística, da Xunta de Galicia.
 
Etiquetas:
04/10/2015
Burela acolle unha exposición sobre os dereitos dos nen@s por iniciativa da Concellería de Inmigración e Cooperación. Pódese ver ata o 30 de outubro.
 
O centro de saúde de Burela e o CEIP Virxe do Carme acollen unha exposición sobre os dereitos dos nenos e nenas. É unha iniciativa da Concellería de Inmigración e Cooperación en colaboración coa ong Educo.
A concelleira Angélica Gómez Sánchez anunciou hoxe que “o Programa de Atención a inmigrantes da Concellería de Inmigración e Cooperación do Concello de Burela e en colaboración coa ong Educo, de cooperación e educación para a infancia, queremos divulgar e sensibilizar á poboación sobre a realidade social do mundo que nos rodea. Grazas á axuda das diferentes ongs podemos dar a coñecer distintas visións sobre o desenvolvemento socioeconómico e a grande diversidade de situacións que se dan no mundo actual”.
Ángélica Gómez engadiu que...
leer más
Etiquetas:
27/09/2015
As escolas deportivas municipais de Burela botarán a andar o 5 de outubro. O Concello oferta cinco displicinas: tres gratuítas e dúas de pago.
 
O vindeiro 5 de outubro darán comezo as Escolas Deportivas Municipais, que organiza o Concello de Burela e que se prolongarán ata o 27 de maio. Serán cinco as disciplinas que se impartan: patinaxe lúdico, tenis de mesa, bádminton, patinaxe artístico e ballet. As fichas de inscrición entregaranse na Casa do Concello do 28 de setembro ao 1 de outubro en horario de 8 a 14 horas. Desde a Delegación de Deportes advirten que “todo aquel rapaz ou rapaza, que non teña formalizada e entregada a ficha de inscrición non poderá asistir a actividade ata realizar dito requisito”. Nas Escolas Deportivas Municipais poderán participar os nenos e nenas nados entre os anos 1999 e 2010. 
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, sinala que “as actividades de patinaxe lúdico, bádminton e...
leer más
Etiquetas:
25/09/2015
A asociación Chao de Castro-Altair inicia as súas actividades de lecer educativo os sábados de 16 a 19 horas na Casa da Xuventude de Burela.
 
A asociación Chao de Castro- Altair regresa coas súas propostas de lecer educativo para nenos e nenas entre os 7 e os 17 anos. A programación desenvólvese todos os sábados de 16 a 19 horas na Casa da Xuventude de Burela con accións lúdicas que permiten espertar a creatividade e fomentar a convivencia e o respecto polas persoas e o territorio.  Este mesmo domingo, ás 19 horas, celebrarase unha reunión informativa coas familias na Casa da Cultura de cara ao Campamento de Outono que o colectivo organiza entre o 2 e o 4 de outubro en Ons (Brión).
“Chao de Castro- Altair aporta un espazo para gozar e aprender, espertar a creatividade, as habilidades e destrezas, en contacto coa natureza e o aire libre, baseado na pedagoxía do proxecto e da acción”, explica o seu coordinador,...
leer más
Etiquetas:
22/09/2015
As Escolas Deportivas Municipais de Foz darán comezo o vindeiro 28 de setembro. O prazo de inscrición está aberto.
 
As Escolas Deportivas Municipais de Foz presentan mañá, mércores, ás 18 horas na Casa da Cultura de Foz, coa presenza do alcalde, Javier Jorge Castiñeira, as súas actividades para a vindeira temporada, que comeza o vindeiro luns, 28 de setembro. As disciplinas, sete en total, van dirixidas a nenos e nenas nados a partir do 2000 ata o 2012. O prazo de inscrición está aberto.
 
Os nenos nados en 2011 e 2012 tamén teñen unha actividade específica para eles, os Pequexogos, que se desenvolverán na Sala Bahía, de 16:15 a 17:15 horas os mércores e os xoves de 18 horas a 19 horas. Con ela quere facilitarse a relación con outros nenos e a aprendizaxe de valores de xogos, así como a iniciación para a práctica de futuros deportes.
... leer más
Etiquetas:
18/09/2015
Aberto ata o 26 de setembro o prazo de inscrición das Escolas Deportivas e Culturais da ACD Xove. Darán comezo o 5 de outubro.
 
Ábrese o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas e Culturais da ACD Xove, para a vindeira temporada 2015-2016. 
A data tope de inscrición será o 26 de setembro e o 3 de outubro será a presentación no salón de actos do Concello de Xove. As actividades darán comezo o 5 de outubro. 
A Asociación Cultural-Deportiva ACD Xove, presenta as seguintes Escolas Deportivas e Culturais. 
1.Xogos Predeportivos (nenos-as de 3-4 anos)
2.Patinaxe Artística ( de 5 ata 16 anos)
3.Fútbol Sala (de 5 ata 16 anos)
4.Fútbol 8 (de 7 a 12 anos)
5....
leer más