Nenos

Etiquetas:
13/02/2020

Remata o Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, que foi organizado polo Concello de Ribadeo e impartido pola Escola de Tempo Libre Bulideira.

Desde a Concellaría de Mocidade sinalan: “e qué mellor xeito de finalizar a súa formación e empezar a celebrar o Entroido que facendo  unha sesión  de xogos , obradoiros  e baile para os nenos e nenas a partir de 4 anos”. Será o vindeiro domingo, 16 de febreiro, de 16:30 a 18:30 horas no pavillón de deportes da rúa Alfredo Deaño. 

Desde Mocidade animan a acudir a esta cita: “ven a pasar a tarde do 16 de febreiro con nós. Podedes pór os vosos disfraces”. 

A actividade é gratuíta.

O Curso de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre desenvolveuse desde o pasado mes de novembro en Ribadeo e no mesmo participaron 21...

leer más
Etiquetas:
23/12/2019

Este venres, 27 de decembro, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro actuará Teatro Cubo que presentará a obra Nube nube sol. Haberá dúas funcións, ás 17:00 e ás 18:30 horas.
A obra está dirixida ao público infantil con idades de 0 a 4 anos e ten unha duración de 40 minutos.

A representación conta como as nubes chegan, chove, sae o sol e á natureza esperta para encherse de cores. Ao amparo dos paraugas, os protagonistas atopan agocho, cantan, bailan e, acompañados de pintorescos animais, son parte da mesma paisaxe. Nube nube sol mete de cheo ao espectador na diversión e na aprendizaxe de todo o que o sol e a choiva provocan  na súa contorna. A través do corpo, a xestualidade, o canto e a música, Teatro cubo achega á primeira infancia a maxia dos ciclos da natureza e a importancia da choiva para que todo medre.

O...

leer más
Etiquetas:
19/12/2019

O Concello de Alfoz organiza distintas actividades de Nadal dentro do programa ‘Nadal en Igualdade’ durante o domingo 22 e luns 23 de decembro no Castelo do Castro de Ouro. Dende as 16.30 horas ata as 18.00 horas haberá actividades infantís para nenos e nenas de distintas idades, onde realizarán xogos e obradoiros creativos, como por exemplo un obradoiro de ilustracións de contos que terá lugar o domingo 22.

Ase mesmo, durante os dous días permanecerá instalada unha Gran Bola de Neve a modo de ‘photocall’ onde poder realizar as fotos de Nadal no entorno do Castelo do Castro de Ouro.

Ademais o luns 23 ás 18.30 horas terá lugar a entrega de premios e diplomas do XVII Concurso de Postais de Nadal organizado pola Biblioteca Municipal de Alfoz, na que coñeceremos ás tres postais gañadoras que serán reproducidas como...

leer más
Etiquetas:
09/12/2019

Librería Bahía de Foz organiza o domingo, 15 de decembro, unha xornada de xogos de mesa con Brazolinda a partir das 12:00 horas.

Trátase de xogos de creación propia, en galego e artesanais que, ademais do seu carácter educativo, axudan a desenvolver habilidades tanto intelectuais como sociais e que están pensados para xogar en familia.

O obxectivo é contribuír a que a xente coñeza outras alternativas que non chegarán a eles a través da publicidade nos seus diversos medios e que aportan moitas veces valores moi interesantes.

 

Etiquetas:
16/08/2019

As Concellerías de Turismo e Deportes  organizan unha serie de actividades para nenos e nenas que se desenvolverán nesta segunda quincena de agosto. Mañá, sábado, na praza da Mariña terá lugar o Wipe Out, os días 20 e 21 haberá fútbol 3x3, o venres 23 a Festa da Auga e o día 31 Láser Combat. As inscricións poderán facerse na Casa da Xuventude ou ata unha hora antes do inicio da actividade.

O edil Ramiro Fernández Rey, anunciou que “desde a Delegación de Turismo e Deportes do Concello de Burela imos apostar nesta segunda quincena de agosto por unha serie de actividades para os nenos que van empezar no día de mañá. Este sábado imos ter uns xogos de inchables na praza da Mariña, a partir das cinco e media para nenos e nenas maiores de 8 anos. É unha actividade totalmente gratuíta e van poder participar facendo equipos de tres a seis persoas...

leer más
Etiquetas:
06/08/2019

Dentro do programa Cultura no Camiño 2019, da Xunta de Galicia, o centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme de Barreiros acolle este mércores, día 7 de agosto, ás 12:00 horas o espectáculo Os Rockenstein. E unha obra de teatro musical destinada a público familiar a cargo de Malasombra Producións.

A entrada a este evento, promovido pola Concellería de Dinamización do Concello de Barreiros, é gratuíta ata completar o aforo.

 

Etiquetas:
28/07/2019

Durante o mes de agosto haberá moitas actividades culturais e deportivas en Trabada.

O 4 de agosto ás nove da noite na Casa da Cultura terá lugar unha representación teatral contra o bullying. Titúlase “Eres único” e correrá a cargo da asociación de axuda ao enfermo mental A Mariña.

O 11 de agosto tamén ás nove da noite na Casa da Cultura haberá un espectáculo de títeres con Tanxarina e a súa “Galiña azul”.

O día 15 no campo de fútbol haberá unha xornada de inchables con tobogán deslizador, obstáculos, etc…

O 16 de agosto na praza do Concello está programado un espectáculo de maxia do Mago Paco para as seis da tarde. 

O día 17 haberá Cine na Rúa coa proxección na praza do Concello da película “Campeones”. Será a partir das dez da noite...

leer más
Etiquetas:
25/07/2019

O Concello continúa co seu programa “Verán Xove 2019”, ofertando un gran abano de actividades lúdico-educativas aos seus veciños, en especial aos nenos e rapaces.

Xove Concilia o Verán
Dentro do amplísimo  programa de actividades programadas polo Concello para este verán, “Xove Concilia Verán!”  foi  o primeiro posto a andar.  No mesmo inscribíronse 68 nenos/as (11 máis que o pasado ano),  de 4º de Infantil ata 4º de Primaria.
Este Programa, subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade  da Xunta de Galicia e polo Fondo Europeo 2014/2020, arrancou o 24  de xuño con todo tipo de actividades; estas estanse realizando no Salón de Actos do Centro Cívico, sempre pola mañá en horario de 9:00 a 14:00 h., non descartándose algunha saída exterior aproveitando os mellores días de bo tempo.
   A posta en marcha deste Programa...

leer más
Etiquetas:
24/07/2019

O centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, de Barreiros, acollerá unha actividade de dinamización lingüística, que terá lugar este sábado, 27 de xullo, ás 12:00 horas.

Estará protagonizada por Os Bolechas e leva por título "Somos unha gran familia". Trátase dunha actividade participativa dirixida a nenos e nenas de 3 a 9 anos e ás súas familias. A través do teatro e do xogo, os rapaces e rapazas coñecerán o léxico referido ás relacións de parentesco.

Incluída no programa de dinamización lingüística FalaRedes, conta coa colaboración da Xunta de Galicia e o Xacobeo 2021.

 

27/06/2019

O Concello de O Valadouro organiza o programa infantil Ludiverán, que se desenvolverá do 15 de xullo ao 6 de setembro.

As actividades están dirixidas a nenos e nenas nad@s entre os anos 2007 e 2015. Terán lugar no pavillón polideportivo municipal de O Valadouro, en horario de 10:00 a 13:00. Haberá obradoiros, manualidades, xogos, excursións, cine e cociña.

As inscricións poden realizarse, ata o 5 de xullo, nas oficinas da Casa da Cultura, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 h. O número de prazas é limitado, e a lista de admitidos publicarase no acceso ás instalacións de cultura a partir do 10 de xullo.