Nenos

Etiquetas:
24/06/2019

Tan sólo quedan dos días para que la comarca de A Mariña se rinda al mejor futsal de base con el Memorial Heroes do Orzán 2019 (26-30 de junio), en recuerdo del policía burelés Rodrigo Maseda Lozano y de sus dos compañeros, Javier López López y José Antonio Villamor Vázquez, que fallecieron en 2012 en una tentativa de rescate en la playa coruñesa de O Orzán. Esta mañana la Fundación Imdecum dió el pistoletazo de salida con la presencia del seleccionador nacional Fede Vidal como padrino de la octava edición del torneo. 

En el acto, junto al presidente, Marcelino Luna, y el director técnico-deportivo, Alfonso Mera, también participaron el alcalde de Burela, Alfredo Llano, y el concejal de Deportes, Ramiro Fernández; el jefe de Deportes de la Xunta de Galicia en Lugo, Manuel Otero; el edil de Deportes de Cervo, David Rodríguez; el presidente...

leer más
Etiquetas:
24/06/2019

A  Concellería de Xuventude do Concello de Foz organiza o programa Aberto x Vacacións que se celebrará durante os meses de xullo e agosto.

Está dirixido a nenos e nenas con idades entre 3 e 12 anos, nad@s entre os anos 2007 e 2015, neste caso nen@s que xa fosen ao colexio o curso pasado. As actividades terán lugar de luns a venres, en horario de 10:30 a 13:30.

O prazo de inscrición vai do 25 ao 28 de xuño, e do 29 ao 31 de xullo no caso de quedar vacantes para o mes de agosto. Para anotarse é preciso entregar a folla de inscrición, xunto con copia da tarxeta da Seguridade Social, na Casa da Xuventude, en horario de 10:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00. As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición e rango de idade. O prezo é 20 euros ao mes.

Haberá obradoiros, kaiaks, xogos...

leer más
Etiquetas:
21/06/2019
Mañá, sábado, e o domingo disputarase o XVI Torneo de Fútbol Base Alevín e Miniprebenxamín da SD Ribadeo. Será no estadio municipal Pepe Barrera e no Ceip Gregorio Sanz. 
 
En total participan 35 equipos na categoría alevín e 2 na de miniprebenxamín. Chegan a Ribadeo procedentes de diferentes puntos de Galicia, Asturias, Castela-León, Cantabria e Euskadi. 
 
O torneo foi presentado hai uns días no estadio Pepe Barrera polo concelleiro de Deportes, David Rivas, polo técnico municipal de Deportes, Iván López, pola presidenta da SD Ribadeo, Sandra Nonide, e por Miguel Fuente, que é coordinador e adestrador da SD. 
 
Etiquetas:
06/06/2019

Esta fin de semana, os días 8 e 9 de xuño, terá lugar o XII Torneo de Fútbol Infantil, que organiza a SD Ribadeo e no que colaboran o Concello e Acisa. 

En total participan 33 equipos procedentes de Euskadi, Cantabria, Asturias e Galicia, que van disputar os encontros no estadio municipal Pepe Barrera, no Campo do Outeiro na Devesa, e no Campo Trénor de Barres, na veciña Asturias. 

Serán arredor de 1.500 as persoas que esta fin de semana se acheguen a Ribadeo a participar e a disfrutar deste XII Torneo de Fútbol Infantil, que foi presentado este mediodía pola presidenta da SD Ribadeo, Sandra Nonide, polo concelleiro de Deportes, David Rivas, polo presidente de Acisa, Francisco Iriarte, e polo técnico municipal de Deportes, Iván López. 

 

Etiquetas:
22/05/2019

A Escola do Pescados Rubén Burela FS realizará xornadas de portas abertas a partir da vindeira semana para tod@s @s nen@s que queiran achegarse máis ao fútbol sala, entre as categorías Biberón e Cadete, e de forma totalmente gratuíta. 

O formulario de inscrición xa está dispoñible na sede do club. Poderán recibir toda a información na oficina laranxa (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, Burela),  a través do número 982581815 ou en escuelasburelafs@gmail.com

Data límite de inscrición (prazas limitadas)

-De Biberón (nad@s en 2013-14) a Benxamín: Ata o mércores 29 de maio (ás 14.00 horas)

-De Alevín a Cadete: Ata o venres 7 de xuño (ás 14.00 horas)

Períodos de adestramentos

... leer más
Etiquetas:
07/05/2019

A Concellaría de Mocidade, a través da OMIX, presenta a Campaña de Actividades de Verán. No programa figuran as colonias de verán, que se desenvolverán durante o mes de xullo, e varios obradoiros que terán lugar dende finais de xuño ata principios de agosto.

As colonias de verán estarán dirixidas a nenos de 3 a 12 anos e o prazo de solicitude de prazas está aberto ata o vindeiro día 15 deste mes de maio. O sorteo das prazas realizarase o 29 de maio e o xustificante de pago deberá presentarse entre os días 3 e 14 de xuño.

As colonias prolongaranse do 1 ao 26 de xullo, e desenvolveranse en horario de 10:00 a 13:30 horas. Hai un programa madrugador de 9:00 a 14:00 horas. Estas colonias terán lugar no colexio Gregorio Sanz e a cota será de 30 euros por semana. O número máximo de nenos e nenas participantes por semana...

leer más
Etiquetas:
24/04/2019

Este sábado, 27 de abril, ás 12 da mañá, na Sala Bahía de Foz o músico Fran Amil, acompañado de Ricardo Casas ao saxofón, estará en concerto cos Monstros Acústicos..

Este concerto ten de especial, que xunto aos músicos participarán nalgúns números, as alumnas e alumnos da asignatura Música e Movemento da Escola de Música de Foz. 

Este grupo coa súa profesora África leva preparando durante o curso o acompañamento e a coreografía dalgunhas das cancións que escoitaremos no concerto, e ese día terán ocasión de ser tamén protagonistas. 

O concerto está organizado pola asociación de nais, pais e alumnado adulto da Escola de Música de Foz en colaboración coa dirección da Escola e trátase dun formato novedoso, moi interesante a nivel pedagóxico para os alumnos que participan, e un reto tamén para...

leer más
Etiquetas:
13/03/2019

O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá este sábado, 16 de marzo, a representación de "A nena e o grilo máis aló", a cargo de Teatro Ghazafelhos. Dará comezo ás 18:00 horas e está dirixida a nen@s maiores de 3 anos.

Conta a historia da nena e o grilo que esmagan sen querer á súa amiga, a araña Xertrude. Buscando un xeito de devolverlle á vida atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao país dos mortos, onde tentarán atopar a Xertrude para traela de volta.

Baixo a dirección de Pepablo Patinho quen, xunto a Magín Blanco, tamén é autor da obra, o elenco de actores e actrices está formado polo propio Pepablo Patinho, Montse Piñón, Jorge Casas, e Magín –guitarra e voz- e Cristian Legiero –teclado-.

 

Etiquetas:
28/02/2019

O Concello de Cervo organiza unha festa infantil de Entroido que terá lugar o luns, 4 de marzo ás 17:30 horas na praza dos Campos en San Ciprián.

Haberá pasarrúas a cargo da asociación Rebolaxe, inchables, talleres, música e servirase chocolate aos asistentes. Tamén terá lugar o espectáculo-show infantil Mundo Disney. 

 

Etiquetas:
21/02/2019

A compañía A Xanela do Maxín ofrecerá o 23 de febreiro unha actuación do seu espectáculo O Murmurio do Mar no auditorio da Casa da Cultura a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios. 

Trátase dunha montaxe escénica e musical destinada ao público familiar que, ademais de conxugar música e teatro, tamén achega unha nova maneira de ver e escoitar o mar con monicreques, lendas e cancións. A función terá lugar no auditorio de Burela este sábado, 23 de febreiro, ás 18:00 horas. As entradas custan 2,5 euros e pódense adquirir na billeteira do propio auditorio o mesmo día da función a partir das 17:00 horas.

En O Murmurio do Mar, a través da música, monicreques e obxectos, “somérxenos nun universo tan real como lendario, un mundo mariñeiro do que sabemos algunhas cousas e descoñecemos moitas outras, porque o mar trae...

leer más