Nenos

Etiquetas:
12/06/2018

A Delegación de Xuventude do Concello de Foz presenta o programa Aberto x Vacacións, que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto e está dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade.

A Concellería de Xuventude de Foz desenvolve un verán máis este programa que ofrecerá diversas actividades nas mañás de xullo e agosto, de luns a venres de 10:30 a 13:30 horas.

O programa Aberto X Vacacións está dirixido a nenos/as con idades de 3 a 12 anos, nados entre 2006 e 2014, no caso dos nados en 2014 que fosen ao colexio.

O prazo de inscrición vai do 25 ao 29 de xuño e do 26 ao 31 de xullo, no caso de quedar vacantes para o mes de agosto. As prazas son limitadas, por orde de inscrición e rango de idade.

As persoas interesadas poden obter máis información na Casa...

leer más
Etiquetas:
12/06/2018

Os días 16 e 17 de xuño disputarase na vila o XV Torneo de Fútbol Base Alevín e Miniprebenxamín, que organiza a SD Ribadeo. O evento foi presentado no Concello.

Ao acto asistiron o concelleiro de Deportes, David Rivas, o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, a presidenta da SD Ribadeo, Sandra Nonide, e outros representantes deste club ademais do técnico municipal de Deportes e do xerente da Asociación de Comerciantes. 
No torneo alevín daranse cita 24 equipos, que xogarán no estadio municipal Pepe Barrera e no campo do CEIP Gregorio Sanz o sábado e o domingo. Proceden de diferentes cidades e localidades de León, Asturias, Portugal e Galicia. 

E no torneo miniprebenxamín o domingo participarán 4 equipos, tres asturianos e a SD Ribadeo. 

A entrega de medallas dos miniprebenxamíns...

leer más
Etiquetas:
23/05/2018

A asociación cultural A Pomba do Arco en colaboración coa Mesa pola Normalización Lingüística organiza o sábado, 26 de maio, a partires das 12:00 h enfronte da Casa do Mar de Foz unha xornada lúdica artística dedicada ao público infantil que ten como obxecto divulgar, dar a coñecer  e achegar aos máis novos aos nosos escritores.

O acto, que no caso de choiva se trasladaría as instalacións da propia Casa do Mar, consistirá en colorear por parte dos cativos e das cativas presentes undepregábel onde aparecen rostros de diversos escritores galegos, personaxes da súa obra así como diferentes espazos singulares das súas localidades natais.

O despregábel, elaborado pola Mesa pola Normalización Lingüística baixo o título d´O país das letras. é un poster xigante de 100 x 70 cm realizado polo recoñecido ilustrador galego...

leer más
Etiquetas:
18/05/2018

A Concellería de Cultura presenta á compañía Caramuxo Teatro, dentro da programación cultural da Rede de Teatro e Auditorios de Galicia e de AGADIC. A actuación será mañá, 19 de maio, ás 18 horas no auditorio da Casa da Cultura, a entrada será de 3 euros e a idade recomendada será para público de 6 meses a 5 anos e familiares.

Caramuxo Teatro é unha compañía de teatro infantil e familiar nada na Coruña no ano 2003 dirixida por Juan Rodriguez e Laura Sarasola. Traballa ademáis, nunha liña especifica na creación de espectáculos para bebés. Caramuxo crea espectáculos poéticos e visuais axeitados para gozar en familia, tendo unha especial responsabilidade có público mais novo. Dende os inicios mistura diferentes técnicas, teatro de actor, títeres, danza… A liña de traballo parte duns textos elaborados a partir da experiencia no eido educativo...

leer más
Etiquetas:
10/05/2018

O auditorio municipal Hernán Naval de Ribadeo acollerá este domingo, 13 de maio, ás 17:30 horas unha actuación de Teatro Marionetas Trécola que representará a obra O agasallo de Anya, dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

É a historia de Anya e Xiana, dúas nenas que viven separadas por catro mil quilómetros pero unidas por todo o demais, sentimentos, ilusións, proxectos, ansia de felicidade… Neste espectáculo as dúas protagonistas descubriranos as razóns polas que os mellores agasallos non se reciben, danse.

Trátase dunha obra baseada no conto orixinal de Sabela  Núñez Singala que se representa con marionetas de distintas técnicas de manexo dentro dunha escenografía en continuo cambio.

 

Etiquetas:
27/04/2018

O grupo de teatro A Adala Infantil presenta a obra Mamasiña qué medo!, este sábado, 28 de abril, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura de San Ciprián.

Conta a historia dunhas bruxiñas e un ogro moi particulares. Na aldea había un ogro grande e temido pero un día, non se sabe moi ben como, volveuse pequeniño. O morcego que vivía con el saíu a buscar axuda e atopou a unhas bruxiñas ás que lles pediu que fixesen ao ogro outra vez grande. Pero cando intentaron axudar ao ogro non saíu todo como esperaban e volveuse grande de corazón aínda que o seu tamaño seguía a ser pequeniño. Nestas aparece en escena un aposto vampiro do que se namora a bruxiña máis vella, o que fixo que todo o pobo apoiara ao ogro que deixou de ser temido e fíxose amigo das xentes do lugar.

 

Etiquetas:
26/04/2018

Este sábado, 28 de abril, celébrase en Foz un concerto a cargo do grupo de música infantil A Banda dos Cueiros, que terá lugar na Sala Bahía ás 12:30 horas.

Este grupo fai música para pícaros e pícaras de 0 a 8 anos, e naceu ao abeiro de Espazo Lector en Gondomar.

A actuación está organizada pola ANPA da Escola de Música de Foz, en colaboración coa profesora de Música e Movemento da Escola. Os grupos de nenos e nenas que cursan esta asinatura van participar tamén no concerto, acompañando nun par de cancións á agrupación.

 

Etiquetas:
23/04/2018

O Concello de Lourenzá organiza unha actuación de contacontos para celebrar o Día do Libro este venres, día 27.

O concelleiro Manuel Arango Ron anunciou que “este venres, 27 de abril, co gallo de celebrar o Día do Libro a Concellería de Cultura organiza a actuación dunha contacontos, Celtia Figueira Ramas, co espectáculo Contacontos na primavera. Será no salón de actos do Concello ás 18:30 horas e está dirixido a nen@s de 3 a 12 anos”.

 

Etiquetas:
22/04/2018

O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, convoca un certame de narración e debuxo infantil con motivo do Día das Letras Galegas.

O alumnado dos dous colexios do municipio recibiu un marcapáxinas que contén as bases do concurso.

O certame está aberto a todos os nenos e nenas, que deberán presentar unha narración en galego ou un debuxo baixo as temática “como cambiou o conto” ou “como darlle a volta ao conto tradicional”; por exemplo o lobo vexetariano, a caperuchiña feroz, unha bela que nunca dorme…

O prazo de presentación dos traballos, que deberán ser presentados na biblioteca de Cervo ou na de San Ciprián, rematará o vindeiro 4 de maio.  O fallo do xurado local farase público o 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Os traballos premiados nesta...

leer más
Etiquetas:
17/04/2018

A Concellería de Cultura de Burela programa para a vindeira fin de semana dúas representacións teatrais  e a actuación de  Leo Bassi, o domingo 22 de abril, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura.

O venres, día 20, a asociación dramatúrxica Pico do Castro de Foz representará a obra Matías está tolo. Será ás 21:00 horas na Casa da Cultura de Burela. A entrada será de balde.

A historia conta como Matías esperta no seu apartamento cunha estraña muller que di chamarse Patricia e que asegura que el a convidou a aloxarse por uns días. A situación complícase aínda máis coa aparición de Xiana, a moza que lle interesa, da que está namorado e que ademais é a súa veciña. Matías está decidido a entregarlle todo o seu amor pero súa nai, sobreprotetora en grao extremo, trata de impedilo. Entradas e saídas permanentes caracterizan...

leer más