Ourol

Etiquetas:
03/01/2024

O Concello de Ourol organiza un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas. Será os días 8 e 10 de xaneiro, luns e mércores, de 16 a 20 horas no Edificio Multiusos.

A organización explica que é unha actividade “enmarcada no acordo de colaboración entre a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Federación de Galega de Municipios e Provincias. Trátase dun curso dirixido a mulleres cunha condición física normal e consistirá nun adestramento físico e psíquico para crear protocolos de actuación de cara a diversas situacións de violencia de xénero. Será impartido por monitores e monitoras especialistas en defensa persoal e integrantes da Federación Galega de Loita”.

Para anotarse as interesadas poden chamar ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (Teléfonos 982.55.91.09 e...

leer más
Etiquetas:
17/12/2023

A Biblioteca Municipal de Ourol organiza a visita de Papá Noel con contacontos de Nadal para o día 21 de decembro, xoves. Será ás 18:00 horas no Edificio Multiusos de Ourol.

Esta actividade está destinada a nenos e nenas a partir de 3 anos e ás súas familias, que poderán levar as súas cartas para Papá Noel.

A inscrición para asistir está aberta ata o 20 de decembro a través do seguinte enlace: https://forms.gle/p9sEpKhNvsnT8dbr9.

Os interesados poden obter máis información a través dos teléfonos 982.55.90.19 ou 608.69.40.51.

 

Etiquetas:
11/12/2023

O local social de Bravos, en Ourol, acollerá un obradoiro de velas este sábado, 16 de decembro, ás 16:30 horas. Será impartido pola Asociación de Veciñ@s de San Román do Vicedo.

É unha actividade organizada pola Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros, de Bravos, que explica: “é un obradoiro de velas decorativas de xel e de velas infinitas que terá lugar no local social de Bravos, Ourol, o vindeiro sábado 16 de decembro a partir das 16:30 horas. Nel poderán participar ata 20 persoas e o prezo da inscrición é de 12 euros para socias/os e de 15 euros para os que non son. Podedes realizar a inscrición a través do WhatsApp 661.866.552 ata o día 12”.

Etiquetas:
11/12/2023

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, e o Alcalde de Ourol, José Luis Pajón Camba, asinaron un convenio de colaboración para a edición do libro A imaxinería nos cemiterios de Ourol: dous canteiros, que ten por obxectivo dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio indiano para impulsar o turismo cultural no concello e no conxunto da Mariña. 

A institución provincial achega case 4.000€ para a edición desta publicación, obra de Anxo Vázquez Pernas, e que recupera a historia e o traballo de dous grandes  canteiros na zona da Mariña Occidental: Xaquín de Gato e Francisco Veiga máis coñecido como Pena de Miñotos. 

O libro consta de 25 capítulos, que percorren a época de maior auxe destes dous artistas desde a elaboración de cruceiros na que destaca a influencia dos Carboeira ata a explosión iconográfica dos...

leer más
Etiquetas:
01/12/2023

O Concello de Ourol comunica que aínda quedan prazas libres para anotarse na actividade de ioga que se está a levar a cabo os mércores en horario de 10:30 a 11:30 horas no Edificio Multiusos e que se desenvolverán ata outubro de 2024.

Aquelas persoas que estean interesadas en participar poden anotarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (teléfonos 982.55.91.09 e 677.48.94.57)

 

Etiquetas:
26/11/2023

A actriz Berta Ojea estará o vindeiro 29 de novembro en Ourol para falar de María Casares, a quen coñeceu en París no ano 1989, forxando unha amizade que duraría anos. 

Desde o Concello de Ourol convidan “a todas as persoas que queiran coñecer a Berta Ojea a que se acheguen a Ourol o vindeiro día 29 de novembro, ás 18:30 horas ao Edificio Multiusos”. A entrada é libre e gratuíta. 

O título da charla que pronunciará Berta Ojea é “Mulleres, galegas, actrices”.

Etiquetas:
21/11/2023

O Concello de Ourol organiza diversas actividades, como maxia, unha andaina e unha charla, para conmemorar o 25N, pola igualdade e contra a violencia de xénero.

A primeira, que está programada para este xoves, día 23, é un espectáculo de maxia para público infantil e familias a cargo do mago Pedro Bugarín co seu novo show. Será ás 18:30 horas no Edificio Multiusos.

O venres 24 haberá a quinta andaina contra a violencia de xénero, con saída ás 12:30 horas no Paseo da Rega.

E o día 29, mércores, ás 18:30 horas no Edificio Multiusos terá lugar unha charla a cargo da actriz Berta Ojea.

 

Etiquetas:
03/11/2023

A asociación de veciños Irmáns Vilar Ponte, da parroquia de Bravos (Ourol) organiza un magosto para o 11 de novembro, sábado. Será no seu local social a partir das 21:00 horas. 

Haberá cachelos, torresmos, chourizos e castañas de balde. E baile amenizado polo dúo Samba.

 

Etiquetas:
26/10/2023

A Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros, de Bravos (Ourol), organiza un campionato de tute a partir do 5 de novembro e que se xogará o primeiro e terceiro domingo de cada mes a partir das 18:00 horas no local social de Bravos (Ourol).

Para inscribirse hai que enviar unha mensaxe de WhatsApp ao número de teléfono 661.866.552. O prazo remata o 29 de outubro.

A organización explica que “o número de parellas participantes será de oito; así que non te demores”.

Etiquetas:
24/10/2023

A Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros de Bravos (Ourol) organiza a representación da obra titulada ‘Vaia pronóstico’, a cargo do grupo teatral deste colectivo. Será este sábado, 28 de outubro, ás 19:00 horas no local social de Bravos, con entrada de balde.

Os organizadores anuncian que a obra é divertidísima e nela “as cousas non serán o que parecen. As risas están aseguradas”.