Ourol

Etiquetas:
10/10/2023

O Concello de Ourol organiza, en colaboración coa Escola Galega de Saúde, un curso sobre a protección xurídica das persoas con demencia ou discapacidade. Será o 30 de outubro, luns, de 16:30 a 18:30 horas no edición multiusos do Concello de Ourol.

O obxectivo deste curso é proporcionar información e aclarar dúbidas con relación á nova regulación legal sobre a capacidade xurídica das persoas con demencia (medidas de apoio no ámbito persoal, patrimonial e económico). 

Os interesados poden anotarse no departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (teléfonos 982.55.91.09 e 677.48.94.57) ou a través da web https://escolasaude.sergas.es.

Etiquetas:
22/09/2023

O Concello de Ourol organiza unha actividade de ioga para maiores co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida mediante a práctica de exercicios que axuden a xestionar o día a día con maior benestar físico, mental e emocional. As clases terán lugar os mércores de 10:30 a 11:30 horas no Edificio Multiusos, darán comezo o día 4 de outubro e desenvolveranse ata xuño.

O prazo de inscrición remata o 29 de setembro e debe facerse no departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (teléfonos 982.55.91.09 e 677.489.457). Para participar hai que estar empadroado no concello de Ourol e esta actividade require formar un grupo mínimo de 10 persoas.

Etiquetas:
18/09/2023

A Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros, de Bravos (Ourol), retoma as actividades coa organización dun obradoiro de elaboración de xabóns artesáns que se desenvolverá este sábado, 23 de setembro, ás 17:00 horas. Será no centro social de Bravos.

Este obradoiro inclúe teoría audiovisual, elaboración de dous xabóns, documentación impresa e mostras para levar.

O prezo para os socios do colectivo organizador é de 10 euros e os que non o sexan terán que pagar 2 euros máis. 

As prazas son limitadas e as inscricións deben facerse a través do teléfono 661.86.65.52, preferiblemente por WhatsApp.

 

Etiquetas:
09/08/2023

O Concello de Ourol presentou a exposición de cadros de José Manuel Hermida Blanco (Senel), que se poderá visitas os días 13 e 14 de agosto no edificio multiusos. A entrada será gratuíta e o Concello invita a todos a achegarse a visitala.

O horario será de 11 a 13 horas ambos días pola mañá. E pola tarde o domingo de 17 a 19 horas e o luns de 17 a 21 horas.

Etiquetas:
26/07/2023

O Concello de Ourol presenta a exposición “O soño cubano da emigración galega”, cedida polo Consello da Cultura Galega con motivo da Ruta Indiana durante os días 3, 4, 5 e 6 de agosto no edificio multiusos.

A exposición poderá visitarse o 3 e o 4 de agosto entre as 11 e a 13 horas e de 17 e as 19 horas. Para o fin de semana, días 5 e 6 de agosto, o horario aumenta de 10 a 13.30 horas e de 16.30 a 20.30 horas. A entrada é libre e gratuita.

A exposición trata de narrar e recrear as fases e facetas principais da epopea migratoria que tivo lugar en tantos lugares desta terra. Así pois, poderá coñecerse dende a chegada dos inmigrantes ata o seu retorno, pasando por asociacións que crearon. Tamén, existe o apartado da situación das mulleres inmigrantes así como publicacións e proxectos políticos para Galicia que...

leer más
Etiquetas:
10/07/2023

O Concello de Ourol organiza un percorrido con dezasete puntos de visita pola arquitectura indiana do municipio os días 5 e 6 de agosto. Comezando na Casa de Puentes e rematando co Cemiterio Indiano de Xerdiz. A ruta realizarase nun autobús propio da arquitectura da época. 

Precísase de previa inscrición, que se abrirá a mediados do mes de xullo. Ademais pode recibirse máis información no teléfono 982.55.90.19. Tamén existe un mapa interactivo no que se poden ver imaxes dos edificios e paradas que se farán durante a visita. Cada un dos dezasete recursos conta con información específica accesible dende a web de Turismo de A Mariña Lucense.

O proxecto está organizado polo Concello de Ourol pero conta co apoio da Mancomunidade de A Mariña Lucense, con cargo ao Plan de Sostebilidade Turística da Mariña Lucense,...

leer más
Etiquetas:
21/05/2023

O vindeiro martes, 23 de maio, ás 16:30 horas.terá lugar no Edificio Multiusos un curso sobre Exercicio Físico e Ocio para maiores. Este curso realízase en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns e vai dirixido a toda a poboación.

Esta actividade ten como obxectivo proporcionar coñecementos sobre a importancia dun estilo de vida saudable e o desenvolvemento de actividades físicas que atrasen o envellecemento e a perda de masa corporal favorecendo a prevención de enfermidades.

Todas aquelas persoas interesadas en participar nesta actividade poden anotarse chamando ós teléfonos 982559109/677489457

 

Etiquetas:
22/03/2023

Esta fin de semana seguen as experiencias de turismo slow da Mariña Lucense. Deron comezo o pasado 11 de marzo e prolongaranse ata o 23 de abril. O 25 de marzo chegan a Ourol e Viveiro. Dito programa de actividades está organizado pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense. 

As experiencias de Turismo Slow continúan este sábado, 25 de marzo, con dúas actividades moi diferentes. Por un lado o carpinteiro francés Sebástien Léprevost ofrecerá un obradoiro para coñecer todo o ciclo da madeira e fabricar unha pequena peza no seu taller de Ourol e, por outro Roqsport ofrece vivir unha experiencia diferente en familia e en plena natureza no seu Parque de Aventura de Viveiro, onde se poderán realizar os distintos circuítos de diferentes dificultades entre árbores atravesando pontes, pasarelas, tirolinas, etc e un percorrido de orientación...

leer más
Etiquetas:
20/03/2023

A parroquia de Bravos, no concello de Ourol, celebra a súa tradicional Festa da Tortilla este sábado, 25 de marzo, como cada ano por estas datas.

Está organizada pola asociación de veciños Irmáns Vilar Ponte e será no seu local social a partir das 21:00 horas.

Haberá degustación de tortilla e de raxo de balde, ademais de baile amenizado polo dúo Estrellas.

Etiquetas:
05/03/2023

A catedrática de Química Inorgánica da Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela, Mª Isabel Fernández García, estará en Ourol o vindeiro día 9 de marzo ás 18:00 h para falar do seu libro “Pioneiras da ciencia en Lugo” e sobre todo de tres mulleres de Ourol pioneiras en ciencias: Remedios Vázquez García, Segunda Vázquez García e Aurora Chao Quintana.

Neste libro recóllese a vida académica e laboral de 62 mulleres pioneiras no eido da ciencia que foron abrindo camiño para as que viñeron despois. Con este traballo a autora pretende visibilizar a situación da muller na universidade e sobre todo nas ciencias e poñer en valor o seu traballo e a súa contribución para acadar a igualdade da muller.

Este encontro será no Edificio Multiusos de Ourol.