A Pontenova

15/09/2023

A Pontenova celebrará as súas festas patronais, na honra de San Lucas, do venres 6 ao luns 9 de outubro.

O venres a música correrá a cargo da Hermo disco truck con DJ Bombardero e Cosmedeejay.

O sábado haberá sesión vermú e verbena coa orquestra Compostela. E ás 19:00 horas na Avenida de Vilaoudriz terá lugar un show acrobático con motos e outros vehículos a cargo de Paulo Martinho. Ademais estará a Hermo disco truck con Pedro Brmudz e ás doce e media da noite farase a XXIII Queima dos Fornos.

O domingo haberá sesión vermú e verbena coas orquestras Costa Dorada e París de Noia.

E o luns 9 rematan as festas cunha sesión vermú amenizada por DJ Bombardero.

 

Etiquetas:
08/09/2023

A Escola de Vilaboa, no concello da Pontenova, acollerá un curso de fruticultura, concretamente de enxertos de xema, cunha duración de 12 horas. Será os días 19, 20 e 21 de setembro de 16:00 a 20:00 horas. Está dirixido a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas.

As inscricións poden facerse até o 15 de setembro no teléfono 679.192.000 ou no correo electrónico meira@sindicatolabrego.gal.

07/09/2023

A parroquia de Vilaoudriz, na Pontenova, celebrará as súas festas na honra da Virxe das Dores do venres 15 ao domingo 17 de setembro.

O venres a partir das 22:00 horas haberá churrascada no campo da festa e verbena amenizada por Pedro Brmudez DJ. Para degustar o churrasco hai que comprar tickets e o prazo para retiralos remata o 13 de setembro.

O sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne no campo da festa, onde ademais haberá procesión e sesión vermú co grupo Lecer, que tamén tocará na verbena, onde ademais actuará Verónica Cambón.

As festas rematarán o domingo 17, xornada na que ás 13:00 horas celebrarase misa solemne no campo da festa, onde tamén haberá procesión e sesión vermú co dúo La hora bruja.

O campo da festa estará cuberto con carpa.

Etiquetas:
17/07/2023

Este venres, 28 de xullo, terá lugar na Pontenova unha popular ás 22 horas na Praza dos Fornos. Os interesados deben coller os seus tíckets antes do mércores 26 de xullo. Isto poderá realizarse nos establecementos: Bar Barreiros, Bar Puente, O Lar de Balbina ou San Briz.

O prezo será de cero euros para os socios, pero os organizadores aclaran que igualmente deben retirar un tícket por persoa. Ademais a gratuidade dos socios cubre exclusivamente aos cabeza de familia e os fillos menores e dependentes económicamente. Por outra banda, os non socios deben abonar 15 euros.

Haberá tamén unha amenización musical por parte de DJ Bombardero e relatan dende a asociación que existirá tamén un servizo de bar. Os organizadores (Centro de Interese Turístico A Pontenova) contan ca colaboración do Concello de a Pontenova.

10/07/2023

O Concello de A Pontenova ofrece cursos de natación para nenos e nenas (a partir de 4 anos) e adultos. Durante catro quendas diferentes a escoller entre 17-20 de xullo, 24-27 de xullo, 31-3 agosto e 7-10 de agosto poderán tomarse cursos de diferentes niveis. As clases de perfeccionamento serán de 12.30  a 13.15 horas, iniciación de 13.15 a 14 horas e adultos de 20 a 20:45 horas.

A inscrición é sinxela. O prazo para anotarse chega ata o vindeiro 14 de xullo e a información adicional poderá recibirse no bar da propia piscina ou no teléfono 686.665.277 de Óscar Ramallal. A cota será de 45 euros para toda a semana ou de 15 para quen só desexe inscribirse nunha xornada. 

 

19/06/2023

A Pontenova celebrará o San Xoán con fogueira e festa no Forno de Boulloso este venres, 23 de xuño.

As actividades empezarán de 19:00 a 21:00 horas cunha xornada de portas abertas para @s máis pequen@s no bosque infantil do Boulloso. Ás 21:30 horas haberá un concurso de tortillas e entre todas as que se presenten un xurado popular elixirá as dúas mellores, que serán premiadas cunha cea para dúas persoas, no Lar de Balbina e no San Briz. E ás 22:00 horas degustaranse as tortillas presentadas ao concurso ademais de chourizos á grella, torrezos e pan.

Haberá servizo de bar e música e actuación musical a cargo de A Chocolateira.

Este evento está organizado polo Centro de Iniciativas Turísticas e polo Concello da Pontenova.

 

Etiquetas:
31/05/2023

A primeira fin de semana de xullo celébrase a décima edición da Subida A Pontenova pertencente ao Campionato Galego de Montaña.

Organizada pola Escudería A Pontenova terá lugar os días 1 e 2 de xullo. Conta coa colaboración do Concello de A Pontenova, da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, da Xunta de Galicia, da Federación Galega de Automobilismo e Protección Civil de A Pontenova. Patrocinan: PTC, AON, Recense, Aistrec, OTM Sistemas, Ferros Alonso, Desguaces Ramil, Superti A Pontenova e Procubitos.

 

29/05/2023

Todo está lista na Pontenova para a celebración do XVI Festival das Minas os días 16 e 17 de xuño. 

O venres haberá cantos de tabernas polos bares a cargo de A Chocolateira, ademais de Asubíos da Chaira e Tarde, mal e arrastro. 

Xa o sábado a partir das 22:00 horas terá lugar unha cea popular. O prezo para os adultos será de 20 euros e para as nenas e os nenos de 10 euros. Ás once da noite haberá un sorteo entre os participantes na cea de un bono para vivir unha experiencia na Mina Consuelo e descenso na tirolina. E ás 23:30 horas darán comezo as actuacións musicais. Actuarán: Leña Verde, The Skarnivals e La Disquetera. 

O festival está organizado polo ACD As Minas, que conta coa colaboración do Concello da Pontenova e da Deputación de Lugo. 

 

26/05/2023

O venres, 2 de xuño, ás 21:00 horas a Casa da Cultura da Pontenova acollerá a proxección do documental Segadores da Órrea en Terras de Castela: unha historia de heroes.

Trátase dun feito histórico, social, antropolóxico e cultural narrado por trinta e un homes e mulleres que o viviron en primeira persoa procedentes da parroquia de Santa Comba da Órrea, Riotorto (A Terra de Miranda).

O evento está organizado pola asociación musical A Chocolateira, Concello da Pontenova, Deputación de Lugo e Asociación de Veciños e Veciñas de Santa Comba da Órrea.

 

Etiquetas:
22/05/2023

O sábado 3 de xuño celebrarase na Pontenova a súa sexta Foliada.

As actividades comezarán ás 11:00 horas cunha aproximación aos bailes da Fonsagrada a cargo de Adrián Méndez.

Ás 13:00 horas actuarán os gaiteiros da zona Desiderio, Nela, Modesto e amigos e despois o cuarteto Ponte da Pedra.

Despois da comida ás 17:00 horas haberá xogos tradicionais e despois actuación infantil de maxia e globoflexia a cargo de Ian Richard Hamilton.

Ás 19:30 horas actuarán A Chocolateira e un grupo de gaitas de A Pastoriza e a partir das 22:00 horas tocará o grupo Tanto nos ten.