A Pontenova

29/11/2022

Na Pontenova celébrase do 3 ao 6 de decembro a XV Feira de Artesanía e Antigüidades.

O horario de apertura ao público será de 11 a 14 horas e de 16 a 21 horas. 

Haberá obradoiros de: 
Forxa de ferro – José María Rodil Arruñada
Cestería de mimbre – Luisa Martínez Vázquez
Lámpadas de cabaza – Blas Piñar Martínez
Xoias –  Soledad Martínez
Coiro – José Bértolo Pichel
Torno de madeira – Suso Tierra
Fiado de fibras naturais – Lumecú (Mercedes Veites)

Tamén se desenvolverá a VI Xuntanza de Vespas, Motos e Coches Clásicos. O sábado, vespas e motos. E o domingo, coches clásicos.

Etiquetas:
23/11/2022

A sexta edición da Ruta das Tapas na Pontenova, organizada polo Concello, celébrase os día 25 e 26 de novembro, venres e sábado, de oito da tarde a once da noite.

Participan Bar Puente, Casa de Cultura, O Lar de Balbina, Lennon, Rony Bar e San Briz.

Entre as tarxetas que estean seladas completamente sortearanse de premios de 150, 100 e 50 euros.

O prezo de cada tapa é de 2 euros.

 

Etiquetas:
30/10/2022

O sábado 5 novembro organízase en A Pontenova unha ruta de sendeirismo con magosto.

Para as 10:00 horas está programada a concentración dos participantes na Praza dos  Fornos, de onde sairán os autobuses cara ao punto de comezo da ruta, que ten un percorrido de 9,1 quilómetros. Está previsto que regresen ás 14:00 horas á Praza dos Fornos, onde haberá un xantar a base de empanada e castañas asadas.

O prezo da inscrición é de 7 euros por participante e o prazo para apuntarse remata o 3 de novembro.

 

28/10/2022

O vindeiro 16 de novembro celébrase en A Pontenova o primeiro Workshop organizado polo Concello pontenovés.

Un evento no que o turismo é o protagonista, con axentes invitados de toda Galicia para compartir as súas experiencias e xerar sinerxias. Para participar é preciso inscribirse, totalmente gratis. 

Desde a organización indican que “se estás vinculado ao sector turístico en A Pontenova, esta é a túa cita. Neste Workshop destacaremos todo o feito e o que está por vir no turismo da zona, e ti tes moito que contar. Terás o teu espazo e momento para expoñer o que ofreces e conectar con diversos axentes. E se non podes asistir, pero queres participar, pódelo facer vía streaming!Ademais, tamén nos podes enviar o teu material á nosa oficina de turismo para compartilo cos asistentes”.

Máis...

leer más
Etiquetas:
20/10/2022

A Pontenova acollerá do venres 11 ao domingo 13 de novembro a sexta edición da Ruta da Troita de vehículos todoterreo (coches, motos e quads).

O programa de actividades comeza o venres 11 coa presentación da ruta cuns pinchos. O sábado haberá unha ruta turística que sairá ás 09:15 horas. Tamén está programada unha verbena co grupo Fénix e o DJ Pedro Bermúdez. E o domingo haberá proba de obstáculos, que disporá de distintos recorridos en función da categoría do vehículo, e circuíto de velocidade para coches todoterreos e quads.

Etiquetas:
18/10/2022

O vindeiro 7 de novembro arrincará o curso da Escola Municipal de Teatro da Pontenova. Será en horario de 20:30 a22:30 horas.

As persoas interesadas en acudir poden informarse xa no seguinte número de teléfono: 982 34 22 77 ou no email correo.apontenova@fegamp.gal

Etiquetas:
30/09/2022

Este domingo, día 2 de outubro, no Campo da Mina, da Pontenova, disputarase a décimo primeira edición do torneo de billarda Aberto do Ferro, que é a segunda xornada da tempada da LNB.

Este evento deportivo, que organiza o club de billarda Troitas Bravas, de A Pontenova, celebrarase a partir das 11 da mañá.

 

Etiquetas:
28/09/2022

O Campo de Bolos de Boulloso acollerá o VII Torneo de Bolo Celta de A Pontenova este sábado, 1 de outubro, en horario de 09:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.

Está organizado polo Concello de A Pontenova e haberá tamén xogos tradicionais para nen@s e adult@s (chave, ra, mariola, tiro de corda, chapas, zancos, etcétera), coa colaboración da Asociación Galega da Asociación Galega de Xogo Popular e Tradicional.

 

Etiquetas:
23/09/2022

A Pontenova celebra as súas festas na honra de San Lucas do 7 ao 10 de outubro.

O venres 7 haberá verbena a cargo de Euphoria Discoshow, Alejandro Martínez e o grupo Beatriz.

O sábado 8 será o día grande, no que está programada sesión vermú e verbena. Actuarán Euphoria Discoshow, Pedro Brmudz e a orquestra París de Noia. E ás 00.30 horas terá lugar o espectáculo pirotécnico da XXIII Queima dos Fornos.

O domingo 9 tamén haberá sesión vermú e verbena. Ese día actuarán Pedro Brmudz, Euphoria Discoshow e a orquestra Costa Dorada.

Os festexos rematarán o luns 10 cunha sesión vermú amenizada por Blanco y Negro.

A organización das festas conta coa colaboración do Concello de A Pontenova e da Deputación de Lugo.

 

Etiquetas:
29/08/2022

O 4 de setembro celebrarase en Riotorto e A Pontenova o Desafío do Ferro, unha marcha cicloturista organizada pola asociación deportiva Pretorianos Club.

Terá dúas modalidades, e-BBT (bicicleta de montaña eléctrica) e BBT (bicicleta de montaña). Ademais, os participantes poderán decidir entre dúas distancias: a marcha corta, de 30 quilómetros, e a marcha larga, de 50. É obrigatorio seguir o recorrido marcado, que será maiormente por pistas forestais e camiños.

A saída e a chegada será na Praza dos Fornos de A Pontenova, pasando durante o percorrido polo concello de Riotorto. Sairase as 9:30 horas, e terase ata as 15:30 horas para realizar o recorrido, quedando descualificado en caso de non chegar.

Na marcha poderán participar tódolos ciclistas federados e non federados de máis de 16 anos...

leer más