Proxección

21/03/2023

Este venres, 24 de marzo, ás 20:30 horas na Casa do Viejo Pancho, terá lugar a presentación do documental "Camarada Fraga: memoria dun franquista". 

Desde a Agrupación Francisco Lanza sinalan que “presentará o acto a nosa compañeira de directiva, María Luisa Mon Bellón; conducirá o mesmo, dándonos detalles do documental, Manuel Monge González, membro da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.

Etiquetas:
12/05/2022

O filme “A poeta analfabeta”, sobre a escritora e activista Luz Fandiño, proxectarase durante este mes de maio en Vilalba, A Pobra do Brollón, Foz , Sarria e Chantada, dentro do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Vicepresidencia da Deputación.

Trátase da segunda proxección programada neste circuíto, que contempla a exhibición dos oito filmes finalistas dos Premios Mestre Mateo nas categorías de mellor longametraxe documental e mellor longametraxe de ficción, cunha proxección cada mes durante todo o ano.  

A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, convidou a “asistir a estas proxeccións  programadas nas distintas comarcas co obxectivo de achegar o cine en galego a todo o público e afianzar a demanda de produción audiovisual no noso idioma, que é algo que entendemos...

leer más
Etiquetas:
13/04/2022

O filme “A virxe roxa”,  Premio Mestre Mateo á mellor longametraxe documental, proxectarase en Vilalba, A Pobra do Brollón, Foz , Sarria e Chantada, dentro do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación.

Trátase da segunda proxección programada neste circuíto, que contempla a exhibición dos oito filmes finalistas dos Mestre Mateo nas categorías de mellor longametraxe documental e mellor longametraxe de ficción, cunha proxección cada mes durante todo o ano.  

A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, convidou a “asistir a estas proxeccións coas que, da man da Academia Galega do Audiovisual, contribuímos á difusión do cine galego, tratando de fidelizar ao público e asentar unha demanda de producións audiovisuais en galego que repercuta...

leer más
Etiquetas:
29/03/2022

A curtametraxe Jakobsland presentarase o sábado 9 de abril ás 19:30 horas na Casa da Cultura do Vicedo. Para asistir é necesario anotarse na Casa da Cultura ou por teléfono (no 982.59.01.95) ou por mail en omix@concellodovicedo.org.

Jakobsland e unha produción de Queiman e Pousa dirixida por Roque Cameselle rodada nos concellos de O Vicedo e Mañón e xa foi presentada en Santiago. Do elenco forman parte actores como Isabel Blanco, Bruxo Queiman, Alfonso Agra, Sergio Pazos e Andrea Pousa.

 

Etiquetas:
27/12/2021

O GALP A Mariña Ortegal realizará a presentación publica do proxecto audiovisual “Historia dos Estaleiros da Mariña Ortegal” mañá, 28 de decembro, as 19:00 no salón de actos da Casa de Cultura de Foz. 

Esta presentación tamén pode ser seguida desde calquera outro lugar, xa que ó mesmo tempo se realizará a estrea a través da canle de youtube do Galp A Mariña Ortegal ou ben na dirección habilitada https://youtu.be/6Jtvhcnk-iE

O obxectivo deste proxecto é dar a coñecer o presente e pasado da industria naval na Mariña e Ortegal, ó longo da historia; un percorrido por todos aqueles pobos e concellos costeiros que ó longo do tempo tiveron relación con esta actividade.

Desde a carpintería de ribeira e as primeiras embarcacións de madeira construídas...

leer más
Etiquetas:
15/12/2021

A Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón de Lugo e os institutos de ensinanza secundaria Monte Castelo de Burela e Sanxillao de Lugo acollerán este xoves e venres a proxección de “Amnesia 3.0”, unha serie interactiva de ciencia ficción escrita e dirixida pola lucense Irene Pin.

Tras o visionado da produción, premiada no Festival Carballo Interplay e finalista ao Mestre Mateo á Mellor Serie Web 2020, o alumnado participará nun coloquio coa autora no que poderán abordar cuestións relativas á historia contada como ao formato.

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, sinalou que “con esta proposta tratamos de achegar contidos en lingua galega á mocidade, fundamental para a nnormalizacio´n linguística, nun formato especialmente concibido para a linguaxe dixital que, polo tanto, ten un enorme...

leer más
Etiquetas:
16/08/2021

Nordés, a asociación polo desenvolvemento das Terras da Faladora, presentou o programa da XI edición das Xornadas "Memoria dun Tempo" dedicadas á recuperación da Memoria Histórica e que terán lugar os días os días 20, 21 e 22 de agosto no salón de actos do Centro Sociocultural, así coma na Ponte Vella, do pobo de O Barqueiro, no concello de Mañón (A Coruña)

Nesta ocasión abriranse as Xornadas coa proxección da curtametraxe documental "Dores", de Laura e Coral Piñeiro, Clara Miñán e Maite Martínez, que trata sobre os campos de concentración que houbo en Galiza durante o franquismo, e o a que seguirá unha mesa redonda coa presenza das realizadoras, así coma da escritora Susana Sánchez Aríns, que tamén participa no filme, a historiadora e profesora Ana Cabana Iglesia e Chus Armada Castaño, unha das netas de Jesús Castaño Galdo, alcalde de...

leer más
Etiquetas:
24/06/2021

A axenda cultural desta fin de semana en Ribadeo inclúe música e teatro. 

Este sábado, 26 de xuño, proxectarase unha película de Alejandro  Gándara e Olaia Tubío, Una viaxe tralas voces do cancioneiro. O gaiteiro e pandereteiro da Asociación Amigos da Gaita de Ribadeo Xacobo Ares puxo en marcha este proxecto, chamado Tecedeira, tecendo a tradición, que recoñece o traballo da musicóloga Dorothé Shubarth así como a traxectoria de investigación en cultura musical popular de Xulia Feixoo e Guillerme Ignacio Costa. Con todo, a influencia máis importante tívoa na súa propia familia da man do seu tío, Francisco Ares, fundador d´Os Montes de Lugo. A actividade terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 20:00 horas con entrada de balde, aforo limitado e medidas covid. Ao remate da proxección haberá unha charla-coloquio coas directoras.

... leer más
20/06/2021

O Concello de Viveiro organiza unha actividade en torno á figura de Xela Arias, homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas.

O acto terá lugar o vindeiro domingo, 27 de xuño, ás 19:00 e ás 20:00 horas na sala multiusos do Concello de Viveiro e consistirá na proxección do documental de Beatriz Pereira titulado "Xela Arias, poeta nas marxes".

Ao remate haberá un coloquio que contará coa intervención da propia Beatriz Pereira e con Daniel Chapela.

A reserva de entradas pódese facer no teléfono 982 560 162 ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es . A capacidade será limitada.

Colaboran na organización do evento: Xunta de Galicia e Xacobeo 21-22.

18/04/2021

O vindeiro venres, 23 de abril, ás 19:30 horas terá lugar no Auditorio Municipal de Mondoñedo, na Praza Jaime Cabot, a proxección da curtametraxe “Mondoñedo” na que participa xente do concello e que conta a historia dunha muller nacida na emigración que volta a Mondoñedo a buscar as súas raíces. 

Para a asistir é preciso levar cascos para o audio. Vaise emitir a través dun sistema de son dixital innovador onde a son ten tanto peso coma a imaxe.

As persoas interesadas en asistir poden anotarse a partir de luns, día 19, no telefono 982 52.40.03, xa que o acto ten prazas limitadas. A actividade realizarase contemplando as medidas anti-covid 19 vixentes no momento actual.

A actividade está organizada polo Concello de Mondoñedo.