Representación

01/10/2019

O grupo de teatro afeccionado Obra Viva porá en escena a obra Casa Macho o domingo, 6 de outubro, ás 20:00 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.

A representación, para todos os públicos, está dirixida por Vicente Míguez Salgueiro que tamén é o autor. O elenco está formado por dezasete actores e actrices.

Narra a historia dunha familia que reflicte o desencontro ao tratar a relación interxeracional, patriarcado e denuncia machista. Trátase dunha aposta pola fala galega, denuncia social, reivindicación de valores humanos e mailo humor.

A función inclúese na programación cultural do Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, para o último trimestre do ano.

 

11/06/2019

O grupo de teatro Náufragos presentará a obra Castrapo este venres, 14 de xuño, no auditorio de Burela ás 21:00 horas. No elenco de actores está a actriz barreirense Estíbaliz Veiga. O prezo da entrada é de 4 euros.

O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “este viernes, 14 de junio, a las nueve de la noche vamos a tener aquí, en el auditorio de Burela, una obra de teatro de primer nivel. La compañía es Náufragos y la obra se llama Castrapo que está dirigida por Gustavo del Río, un director y actor de teatro muy conocido en Galicia. En el reparto tenemos a Estíbaliz Veiga, que ya estuvo el año pasado con nosotros con una obra titulada Golpes, sobre la violencia de género. Siempre es un placer recibirla, es una actriz de A Mariña que colaboró con nosotros en distintas ocasiones, nos ayudó en diferentes eventos de manera...

leer más
07/05/2019

O grupo de teatro Axouxeres actuará en Barreiros o domingo, 12 de maio.

Axouxeres porá en escena Un divorcio no pobo, trátase dunha obra cómico-costumbrista apta para todos os públicos.

A función terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, en San Cosme, ás 18:30 horas.

A representación está organizada polo Concello de Barreiros, a través da súa Delegación de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil.

 

08/02/2019

O grupo Centro Teatral Faro-Miño actuará este domingo, 10 de febreiro, en Barreiros, onde porá en escena a obra Langreira de amor.

A representación terá lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro, ás 18:00 horas. Trátase dunha obra cómica para todos os públicos.

Está organizada polo Concello de Barreiros, a través da Delegación de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil-Biblioteca.

 

07/02/2019

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, acolle a representación de Redrum Teatro que porá en escena a obra "A canción do elefante". Será este sábado, 9 de febreiro, ás 20:30 horas.

Trátase dun thriller psicolóxico que conta a historia dun psiquiatra que desaparece da súa consulta. A última persoa que o ve é Miguel, un paciente obsesionado cos elefantes. A pesar das advertencias da enfermeira xefe, o doutor Villaverde está decidido a atopar unha verdade que tan só Miguel parece coñecer.

O reparto artístico está composto por Guillermo Carbajo, Machi Salgado e Patricia Vázquez, baixo a dirección de Alex Sampayo.

 

21/01/2019

A Concellería de Cultura barreirense organiza unha representación teatral que terá lugar o vindeiro domingo, 27 de xaneiro.

O grupo O Bordelo porá en escena a obra Toluras de proveito. Será no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro o domingo ás 18:00 horas.

Trátase dunha comedia costumista, orixinal do director do grupo, Francisco Piñeiro.

16/01/2019
O próximo 24 de xaneiro ás 20:00 horas na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o Concello de Ribadeo en colaboración con Acisa presentará a nivel internacional o seu evento histórico cultural Ribadeo Indiano.
 
A concelleira de Turismo e Comercio, Ana Martínez, lembrou que “como é sabido, a emigración deixou en Ribadeo unha profunda e visible pegada, palpable por todas as partes: no urbanismo, a innovación empresarial, a transformación agraria, a educación, a cultura, a música, o asociacionismo, a promoción social… Por iso, desde fai cinco anos, o Concello de Ribadeo en colaboración con Acisa vén organizando esa celebración cultural e festiva que ten tres grandes obxectivos: poñer en valor o noso rico legado emigrante; celebrar valores como a integración, a solidariedade, a concordia ou a...
leer más
04/12/2018

A asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras organiza unha representación teatral que terá lugar este xoves, 6 de decembro.

A función correrá a cargo do grupo de teatro Axóuxeres, de Vilaronte, que porá en escena a obra Non casei con todos. Terá lugar no pavillón de San Román de Vilaestrofe ás 19:00 horas.

Colaboran a Comunidade de Montes de San Román e o Concello de Cervo.

16/11/2018

Este sábado, 17 de novembro, no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián actuará o Grupo de Teatro Afeccionado Monfortino que porá en escena a obra Os intereses creados.

A representación dará comezo ás 19:30 horas e inclúese no programa Buxiganga da Deputación de Lugo. Colabora o Concello de Cervo.

 

13/11/2018

El Teatro Pastor Díaz de Viveiro acoge este sábado, 17 de noviembre, a las 20:30 horas la representación de La Estampida que llega a la ciudad del Landro con Lo nunca visto. 

Cuenta la historia de una decrépita profesora de danza y teatro para niñas que, a un mes del cierre por impago de su estudio, decide que es el momento del “ahora o nunca” y realizar un espectáculo que revolucione el arte contemporáneo, “lo nunca visto”. Sin talento, sin dinero y ya sin alumnas en sus clases, se lanza a reclutar a artistas comprometidas para su causa. Sólo acudirán a su llamada dos de sus ex alumnas: una yonki gallega y un ama de casa recién fugada.

Bajo la dirección de José Troncoso, el elenco artístico está formado por Alicia Rodríguez, Belén Ponce de León y Ana Turpin.