Representación

26/10/2016
Achádego Teatro representará o 29 de outubro en Burela "O barco sen mariñeiro". Trátase dunha homenaxe ás xentes do mar.
 
O grupo lucense Achádego Teatro presenta en Burela O barco sen mariñeiro, unha adaptación propia da obra de Alejandro Casona La barca sin pescador. A representación terá lugar o 29 de outubro ás 19:30 horas no Auditorio.
 
O barco sen mariñeiro, dirixida a todos os públicos, foi estreada o 26 de maio do 2015 no Auditorio Gustavo Freire de Lugo. A peza en tres actos foi representada por primeira vez no Teatro Liceo de Bos Aires o 24 de agosto de 1945, pero calquera podería crer que foi escrita no momento actual posto que os feitos que nela se relatan responden totalmente á problemática vixente. O barco sen mariñeiro enfrontará o complicado mundo das finanzas co sinxelo dos mariñeiros que se realizan no seu traballo en contacto coa natureza. A dirección da obra corre a cargo de Antón Sampaio...
leer más
17/10/2016
Ibuprofeno Teatro representará o 22 de outubro en Viveiro, no Teatro Pastor Díaz, a obra "Raclette".
 
A compañía Ibuprofeno Teatro presenta a obra Raclette este sábado, 22 de outubro, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, ás 20:30 horas.
 
A historia da que á autor Santiago Cortegoso, que tamén dirixe a obra, conta como Raclette é un xeito de comer en comunidade inventado polos pastores suízos que, para escorrentar o frío e a soidade da montaña, se reunían arredor dunha pedra quentada ao lume para ir cociñando nela. Esta Raclette urbana e contemporánea une durante unha cea, dúas tramas que aparentemente non teñen relación pero que conviven e se entrelazan para rematar contando unha historia terrible que trata temas universais como a morte, a parella, a maternidade, a cobiza e a violencia.
 
Os cinco personaxes sentados á mesa conforman un...
leer más
17/10/2016
Xa están á venda as entradas para "Noiteboa", a obra que representará Redrum Teatro o 21 de outubro en Burela. Enriba do escenario estarán Mela Casal, Ernesto Chao e Guillermo Carbajo.
 
Redrum Teatro presenta este venres, 21 de outubro, na Casa da Cultura ás 21:30 horas a obra Noiteboa.
 
Protagonizada polos actores Mela Casal, Ernesto Chao e Guillermo Carbajo, rostros ben coñecidos polo público polos seus traballos en teatro e tamén en series míticas da TVG como Mareas Vivas ou Pratos Combinados. Por este espectáculo Mela Casal recibiu o premio María Casares á Mellor Interpretación Femenina.
 
Xa están á venda as entradas ao prezo de 3 euros na anticipada e 5 euros en taquilla.
 
13/10/2016
"Retrincos de Castelao", con Isabel Risco e Fran Rei recala o 15 de outubro en O Valadouro.
 
Os actores Isabel Risco e Fran Rei poñen en escena a obra Retrincos de Castelao o sábado 15 de outubro ás 20:00 horas no centro sociocultural Manuel Lourenzo de O Valadouro.
 
Unha achega ao humor na obra do inmortal autor de Rianxo, figura fundamental na nosa historia. A través dun texto de Diego Rei fan un divertido percorrido polo traballo deste intelectual, achegándonos á súa enxeñosa e fascinante forma de ver á Galiza do seu tempo. Ofrécennos o mosaico dunha realidade galega atemporal que nos antecede e nos outorga raíces.
 
Con esta actividade na que colaboran o Concello de O Valadouro e a Rede Museística Provincial, conmemórase o 2016 Ano Castelao.
 
07/10/2016
O 8 de outubro o grupo de teatro de Ribadeo representará en O Vicedo a obra "O inspector". A entrada é libre a gratuíta.
 
Este sábado, 8 de outubro, ás 20:00 horas na Casa da Cultura de O Vicedo o grupo de teatro de Ribadeo presenta a obra “O inspector”.
 
Trátase dunha representación subvencionada pola Deputación de Lugo, a través do Proxecto Buxiganga e que solicitou a asociación local Nordés.
 
A entrada é libre e gratuíta.
 
29/09/2016
Down Lugo Teatro representará o 1 de outubro "Conto de Nadal" no Teatro Pastor Díaz, en Viveiro.
 
O sábado, 1 de outubro, ás 20:30 horas, o grupo Down Lugo Teatro porá en escena a obra Conto de Nadal no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
 
Este grupo formouse en decembro do 2004 a partir dun obradoiro de achegamento ao teatro que inicialmente contou con sete participantes. No 2007 o grupo ampliou o seu número de membros e na actualidade está integrado por 19 actores e actrices afeccionados, todos eles con capacidades diferentes, de idades comprendidas entre os 18 e os 48 anos.
 
Ao longo da súa traxectoria o grupo de teatro Down de Lugo representou obras como Eu respecto as normas, e ti?, A viaxe da vida, Down up, Sono dun día, O circo dos doce puntos, Amor, Montaxe de terror, Gritos, O clube da comedia viaria, O bar da esquina, Televisión...
leer más
29/09/2016
En Burela o grupo de teatro local O Torques estreará o 30 de setembro a súa primeira obra "Donde as dan as toman".
 
O grupo local O Torques estreará mañá a súa primeira obra de teatro titulada Donde as dan as toman. A representación terá lugar ás 21:30 horas no Auditorio con entrada gratuíta.
 
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou que “este viernes, 30 de septiembre, a las nueve y media en el auditorio, se presenta la primera obra de teatro del grupo de aquí que creamos el año pasado, el grupo O Torques, con una obra que se llama Donde as dan as toman”.
Díaz subliñou que “a mi desde la delegación de Cultura me gustaría pedir el apoyo del pueblo para acompañarles, estar ahí con ellos, y arroparles en ese estreno en su primera obra que llevan ensayando ya varios meses”.
 
O edil socialista lembrou que “ya...
leer más
15/09/2016
O teatro chegará mañá á praza da Fontenova, en Viveiro, da man da Deputación de Lugo e do Centro Comercial Casco Histórico.
 
O 16 de setembro ás 19:30 horas na Praza da Fontenova terá lugar a representación da obra “A Verdadeira Historia do Poeta Manuel de Paderna” da man da compañía Lucecús Teatro.  
 
A iniciativa parte da Área de Cultura da Deputación de Lugo en colaboración co Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro. Trátase de achegar ó publico actividades culturais de calidade, para dun xeito gratuíto encher o tempo de lecer estival. 
 
Nesta ocasión, a compañía Lucecús Teatro representará A verdadeira Historia do Poeta Manuel de Paderna, que é un espectáculo no que o persoaxe é un home que posúe un enfeitizo poético e o dominio da palabra que fai parar as augas dos...
leer más
04/09/2016
Ata o 7 de setembro desenvólvese no Valadouro a XXXI Semana de Teatro Afeccionado, que organiza a Concellería de Cultura.
 
Este venres, día 2 de setembro, comezou a Semana do Teatro Afeccionado de O Valadouro coa representación que correu a cargo do grupo de alumnos participantes no obradoiro que se levou a cabo durante o mes de agosto no Concello. A obra que levaron a escena foi a titulada A Madriña, unha adaptación para o grupo do mestre que impartiu a temática, Tom Arenas.
 
A segunda representación é o domingo 4 coa obra Mal Social, orixinal de Paco Piñeiro e que porá en escena o grupo de teatro Ardora de San Ciprián dirixido por María Paz Rodríguez Silva.
 
O luns 5 estrearase un grupo da veciña localidade de San Martiño, O Centiño, que interpretará O Caldeiro Máxico,...
leer más
15/06/2016
Este domingo, 19 de xuño, en Barreiros MalaSombra Producións representa a obra "D.E.P. Unha comedia de morte".
 
Este domingo, 19 de xuño, en Barreiros a compañía MalaSombra Producións representará a obra D.E.P. Unha comedia de morte. 
 
A obra narra desde o sentido do humor a pelexa entre dous irmáns pola herdanza da súa nai que aínda está viva.
 
Porase en escena no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro a partires das 19:00 horas.
 
Esta representación inclúese no programa Cultura no Camiño 2016, que leva a cabo a Xunta de Galicia. Tamén organiza AGADIC e colabora o Concello de Barreiros, a través da Concellería de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil.