Santa Cilla

Etiquetas:
13/01/2017
A III Festa dos Callos da parroquia de Santa Cilla, na que colabora o Concello de Foz, celebrarase o día 28 deste mes.
 
O Concello de Foz colabora na organización da III Festa dos Callos que terá lugar na parroquia de Santa Cilla o día 28 deste mes, sábado.
 
Esta cita gastronómica, organizada pola Asociación Cívico Cultural Santa Cecilia, dará comezo ás 21:30 horas. O menú estará composto de empanada, callos, postre, café, pan e bebida (viño, auga e refrescos). O prezo é de 15 euros por persoa, pero para os nenos e nenas é gratis. A cea estará amenizada por Disco Móvil Coco Loco.
 
As persoas que queiran asistir a esta terceira edición da Festa dos Callos de Santa Cilla, en Foz, poden facer a reserva nos números de teléfono 670.50.91.69 (Pepe) ou 661.70.24.06 (Anxel) antes do mércores 25 de xaneiro.
 
 ...
23/11/2016
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrece o 26 de novembro o concerto de Santa Cilla no auditorio Hernán Naval. David Ballester e Rubén Solloso dirixirán a actuación.
 
A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá este sábado, 26 de novembro, o seu tradicional Concerto de Santa Cilla. Terá lugar no Auditorio Hernán Naval e dará comezo ás 20:30 horas. David Ballester dirixirá unha parte da actuación e Rubén Solloso, a outra
 
O director titular da Banda ribadense, David Ballester, anunciou que “este sábado, 26 de novembro, ás oito e media da tarde vai ter lugar o tradicional concerto de Santa Cilla da Banda Municipal de Música de Ribadeo. Este ano ímolo facer no auditorio Hernán Naval por mor de que na rúa onde está o Teatro hai obras e por iso tivemos que cambiar de localización”.
 
David Ballester explicou que “como todos os anos por este concerto, sempre hai algún músico da Banda que vai interpretar algunha obra en solista e este...
leer más
18/11/2016
Un cento de alumn@ da EMMeD de Ribadeo participarán o 22 de novembro no concerto de Santa Cecilia.
 
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o vindeiro martes, 22 de novembro, ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, o seu tradicional concerto na honra de Santa Cecilia, patroa dos músicos.
 
Polo escenario pasarán arredor dun cento de alumnas e alumnos da Escola que interpretarán obras que van desde Händel ata Gershwin. Agrupacións de vento, tecla, percusión, gaita, danza, entre outros, dan forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto.
 
Esta actuación é a previa do gran festival de Nadal que a Escola celebrará o 17 de decembro no Auditorio Municipal Hernán Naval e no que participarán máis de 300 alumnas e alumnos aproximadamente.
 
10/11/2016
El 12 de noviembre el Cine Teatro, de Ribadeo, acogerá el Concierto de Santa Cecilia, que organiza la Coral Polifónica y que correrá a cargo del coro Orfeao da Casa da Misericordia de Gouveia (Portugal).
 
La Coral Polifónica de Ribadeo organiza para este sábado, 12 de noviembre, un concierto dentro de los actos de celebración de la Patrona de la Música, Santa Cecilia.
El concierto correrá a cargo del coro Orfeao da Casa da Misericordia de Gouveia (Portugal). La Coral Polifónica de Ribadeo acompañará a este grupo cantando dos piezas a modo de presentación.
Esta actuación será el sábado a las 20:15 horas en el Cine Teatro de Ribadeo.
La Coral Polifónica ribadense invita a vecinos y visitantes a disfrutar de este nuevo concierto coral.
 
16/11/2015
Este mércores, 18 de novembro, terá lugar o concerto da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo na honra de Santa Cecilia.
 
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o mércores, 18 de novembro, ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, o seu tradicional concerto na honra de Santa Cecilia, patroa dos músicos.
Polo escenario pasarán arredor dun cento de alumnas e alumnos da Escola que interpretarán obras que van desde S. Joplin ou E. Garner  ata Bach ou Purcell. Agrupacións de vento, percusión, gaita, danza, entre outros, dan forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto.
Esta actuación é a previa do gran festival de Nadal que a Escola celebrará o 19 de decembro no Auditorio Municipal Hernán Naval e no que participarán 300 alumnas e alumnos aproximadamente.
 
09/03/2015
El próximo 19 de marzo la parroquia focense de Santa Cecilia será escenario de un Macrofestival en el que se darán cita cuatro orquestas.
 
La parroquia focense de Santa Cecilia acogerá un Macrofestival el próximo 19 de marzo. En el evento se darán cita cuatro orquestas. 
La organización corre a cargo de la Comisión de Fiestas de Santa Cecilia, que cuenta con la colaboración del Concello de Foz. Desde la comisión explican que “el recinto estará cubierto con carpa”. El jueves por la noche además de música habrá “churrasco, pulpo y empanada servidos por el bar Bigotes, de Lugo”.
En el Macrofestival tendrá lugar la presentación del Grupo Montreal Tour 2015 y actuarán el grupo D’Moda, la orquesta Trovadores y la orquesta Israel Espectáculo. 
 
19/11/2014
Cinco novos músicos debutarán coa Banda Municipal de Ribadeo no concerto de Santa Cilla, que se celebrará este sábado no Cine teatro.

Cinco novos músicos debutarán coa banda municipal de Ribadeo no concerto de Santa Cilla, que se celebrará este sábado, día 22, ás 20:30 horas no Cine Teatro. O director da Banda de Música Municipal de Ribadeo, David Ballester Martínez, anunciou que “este sábado, día 22 de novembro, que é xusto o día da patroa dos músicos, Santa Cilla, vai ter lugar o concerto na súa honra por parte da Banda Municipal de Música de Ribadeo no Cine Teatro ás oito e media da tarde. Este ano, como novidade, a xente pode ver polas rúas que os carteis que anuncian o concerto inclúen un dos debuxos feitos por rapaces dos colexios de Ribadeo”. Nesta ocasión o debuxo elixido é o realizado por Estela Bravo Montero, alumna de sexto de Primaria do colexio Gregorio Sanz.

...

leer más