Xove

Etiquetas:
21/01/2022

O Concello de Xove conta dende hai bastantes anos cunha sala multideportiva, anexa ao ximnasio, na que se realizan ao longo de todo o ano  adestramentos dalgúns deportes como fitnes, aerobic, ximnasia de  mantemento, karate,... Desde o Concello explican que “debido ao covid, e ao tratarse dunha sala pequena, polo menos se a vemos con respecto ao que pode ser unha pista polideportiva,  xurdiunos o problema da climatización e aireación da mesma”.
   
E engaden: “dende marzo de 2020, debido ao covid, a sala estivo practicamente sen utilizarse. Para solucionar este problema, dende o Concello pensouse que o mellor era climatizala e potenciar a súa aireación. Pois ben, o proceso de climatización e aireación está rematado, cunha dobre instalación de aire, climatizado por un lado e filtrado por outro. A instalación realizada ten unha capacidade de aportación de...

leer más
Etiquetas:
07/01/2022

A Xove Costa Trail celebrarase os días 19 e 20 de marzo de 2022 con cambios respecto ás edicións anteriores nas distancias e percorridos das carreiras.

Os organizadores explican que “a longa pasa a ser XCT35K, aumentando o seu recorrido 10 quilómetros e sendo circular, con saída e chegada en Xove. A curta para a ser a XCT18K, aumentando 3 quilómetros o seu recorrido e seguirá sendo lineal, con chegada en Xove. A andaina será de 12 quilómetros, sendo circular en sentido contrario ás carreiras. As dos nenos serán un Circuíto Trail no entorno de Roncadoiro”.

As carreiras XCT35K, XCT18K e a andaina celebraranse o domingo pola mañá e as carreiras dos nenos o sábado pola mañá.

03/01/2022

Debido a razóns sanitarias cos contaxios por  Covid-19 aumentando en forma exponencial, dende o Concello de Xove “considérase que o mellor, e para protexer a saúde de todos nós, é suspender as actividades do Programa de Nadal previstas para os próximos días”. 

Debido a isto:
  -Suspéndese o Día dos Nenos, que estaba previsto para mañá martes, 4 de xaneiro, con inchables na Piscina e no Pavillón.
  -E suspéndense tamén a Cabalgata de Reis e todas as demais actividades previstas para o mércores, 5 de xaneiro.
 
Dende o Concello “agradecemos a comprensión dos nosos veciños e veciñas, desexándolles que poidan disfrutar igualmente dos Reis Magos, doutro xeito distinto, pero máis seguro”.

Etiquetas:
29/12/2021

Aciam Xove organiza a campaña de Nadal para potenciar as compras no comercio local e sorteará 1.500 euros en premios entre os seus clientes.

As persoas que realicen compras no comercio da vila recibirán papeletas, ata esgotarse, para o sorteo que se celebrará o día 14 de xaneiro.

Os premios consistirán en vales de compra para gastar no comercio local asociado e haberá 1 de 500 euros, 2 de 250 euros e 5 de 100 euros.

O sorteo será presencial e terá lugar o 14 de xaneiro ás 20:30 horas diante da Oficina de Turismo.

 

Etiquetas:
26/12/2021

O martes 28 ás 17:00 horas, na OMIX, terá lugar o escape room virtual El robo del Toisón, dirixido á rapazada a partir de 6º de Primaria. A inscrición pódese facer no centro xuvenil ou chamando ao 982 57 18 16, antes do día 28. Tamén o martes 28, de 18:00 a 20:00 horas, no salón de actos do centro cívico, celebrarase un baile infantil de disfraces por Nadal. 

O mércores 29 ás 18:00 horas, no salón de actos do centro cívico, o Mago Charlangas presentará @Temporal. O xoves 30, ás 19:00 horas, no salón de actos do centro cívico, ofrecerá un concerto Sons de Celeiro. O venres 31 ás 11:00 horas, no pavillón municipal de deportes, haberá unha festa infantil de fin de ano....

leer más
Etiquetas:
14/12/2021

Este venres, 17 de decembro, celébrase a III Gala do Emprendemento Local no Concello de Xove, organizada polo Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local.

Co obxectivo de poñer en valor o talento emprendedor e o apoio ao empresariado local no Salón de Actos municipal ás 20:30 horas o alcalde, José Demetrio Salgueiro Rapa, presentará a Gala na que intervirán Lucía Canoura de O Lugar das Marías e Alberto García de Signo Grupo Futures.

O evento estará amenizado pola cantautora Ugía (A Pedreira) que, ademais de cantar a canción TRISTRÁS, que a fixo televisivamente coñecida a cantora Sabela en OT, interpretará novas de recente composición. A artista focense afincada actualmente en Asturias está a piques de editar o seu novo álbum despois de 7 anos apartada do circuíto convencional da música. Chámase Segmento...

leer más
Etiquetas:
09/12/2021

O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Cultura, Mª Dolores Meitín, presentaron o programa de Nadal que se desenvolverá do 17 de decembro ao 5 de xaneiro.

O venres 17 de decembro ás 20:30 horas, no salón de actos do centro cívico, celebrarse lugar a III Gala do Emprendemento Local na que haberá a actuación musical de Ugia Pedreira. As prazas son limitadas e as reservas pódense facer no teléfono 982 59 20 01. Un 10% das prazas reservaranse para distribuír no momento do evento.

O sábado 18 ás 20:00 horas, no pavillón municipal de deportes, terá lugar a gala musical Un conto de Nadal. O luns 20, ás 18:00 horas, no salón de actos do centro cívico, Teco presentará o espectáculo infantil Abetiño soñaba co Nadal. O martes 21, ás 18:00 horas, no salón de actos do centro cívico, Mere Clown presentará o...

leer más
Etiquetas:
28/11/2021

O Concello de Xove organiza un concurso de escaparates de Nadal, ao obxecto contribuír á promoción do comercio local, promover a creatividade dos establecementos e incentivar que os establecementos comerciais de Xove decoren os seus escaparates con motivos de Nadal de cara ás próximas festas, de maneira que sexan máis atractivos para a veciñanza e clientela, á vez que contribúan a crear un especial ambiente festivo na rúa.

Poderán participar no concurso todos aqueles establecementos comerciais situados en Xove. A folla de inscrición deberá presentarse no Rexistro de Entrada do Concello antes das 14:00 horas do día 9 de decembro. O tema debe gardar relación co Nadal. Os establecementos participantes terán total liberdade en canto á técnica e ao estilo. Os escaparates deberán estar preparados o día 9 de decembro ás 24:00 horas. Os...

leer más
Etiquetas:
24/11/2021

Para a semana que ven a Escola Municipal de Natación de Xove abre a inscrición para os cursos do primeiro semestre do ano 2022, de xaneiro a xuño.
  
Inscrición para alumnos censados en Xove:
   Día: 29 e 30 de novembro.
   Horario: de 10:00 a 13:00 horas.
   Lugar: Aula Multideportiva Municipal (enfrente da Residencia da 3ª Idade).
 
Inscrición para alumnos de fóra de  Xove:
   Día: 1 e 2 de decembro.
   Horario: de 10:00 a 13:00 horas.
   Lugar: Aula Multideportiva Municipal (enfrente da Residencia da 3ª Idade).
 
En canto aos cursos:
 
NIVEIS DE INICIACIÓN: Niveis Branco  e  Amarelo (+ 5 anos)
   Meses de: xaneiro-febreiro  /  marzo-abril  /  maio-xuño
   Horario: 16:30 H. / 17:30 H. / 18:30 H.
   Días: luns-mércores-venres  // martes-xoves
 
NIVEIS...

leer más
Etiquetas:
24/11/2021

A novena andaina de outono de A Mariña en Ruta será este sábado, 27 de novembro, por Xove. As prazas para participar nesta andaina xa están esgotadas e abriuse lista de agarda.

A camiñata polo paisaxe cultural de Portocelo, en Xove, será guiada polo arqueólogo David Fernández este vindeiro sábado. A Mariña en Ruta rematará o 4 de decembro Camiñando entre volcáns, por terras do Vicedo. Este último roteiro, que será guiado por Fran Canosa, conta xa tamén coas prazas esgotadas e lista de agarda. 

O pasado sábado, 20 de novembro, os participantes en A Mariña en Ruta, programa que promove a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, puideron descubrir da man da guía oficial de Galicia Noela Feal o Viveiro Industrial e as súas lendas. Foi un percorrido que os levou a coñecer o pasado industrial ligado ao ferro desta...

leer más