55 establecementos participan na campaña do Día da Nai do CCA de Foz, que inclúe o sorteo de vales de compra por importe de 400 euros.

O Centro Comercial Aberto de Foz organiza a campaña do Día da Nai, que inclúe o sorteo de vales de compra por un importe total de 400 euros e conta coa participación de 55 establecementos asociados.

Os clientes que merquen desde o 28 de abril ata o 7 de maio nos locais participantes poderán resultar premiados con un dos 5 vales de compra de 80 euros cada un que se sortearán o día 10 de maio ás doce do mediodía a través de Radio Foz.

Os establecementos que participan nesta campaña son: 100p´s Zapatería y Complementos, 5 Lobiños, Alain Afflelou Centro Óptico, Ana Fabeiro Arte Floral, Arrullos, AyN Moda Íntima, Calzados Pirde, Carnicería Mercedes, Casa Moreda, Cenor Belianorte, Centro de Dietética Alba Vila, Centro Óptico Eliseo, Chinela Nenos, Clínica Veterinaria Foz, Decoraciones Pura, Din y Don, Don Zapato, Ecoadellao, Electricidad Núñez, Electrodomésticos Celso, Estación de Servicio Foz, Estación de Servicio La Ola, Floristería La Gardenia, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hola Ola, Home Secret, Infotec, Joyería Iria Rodríguez, Kukadas, La Flor Abulense, Lencería Esther, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Longarela, Lorena Mon Avogados, Lourdes Lencería y Baño, Mapfre, María Docampo, Milar, Motos Baltasar, Ofifoz, Parafarmacia Foz, Pastelería Anduriña, Pastelería Bombonería Amarena, Saint Tropez, Salai Campo, Suministros Veipa, Unique2 Moda&Regalo, Vagaluz, Valibria, Vas´s, Vas´s Oulet, Viajes Rodríguez e Xanela Complementos e Agasallos.

Desde a directiva de Acia/CCA de Foz lembran “a importancia que ten facer as compras destas datas no comercio tradicional e próximo da nosa vila, xa que ademais de entrar no sorteo deses 400 euros en vales de compra os clientes poderán seguir gozando dos descontos e promocións da tarxeta do comercio de Foz”. 
Xornadas gastronómicas dos montaditos

A campaña do Día da Nai do Centro Comercial Aberto de Foz tamén inclúe as Xornadas Gatronómicas dos Montaditos, que terán lugar en varios locais hostaleiros do 5 ao 7 de maio.